Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Show

A BD levada ao espectáculo de entretemento a través de actividades en diversos escenarios: cinema, concerto ilustrado, teatro, pódcasts e Carrusel BD con entrevistas

Luns 10

O autor Alberto Taracido e tres rapaces en plano americano con luz vermella

Lumedoloop con Alberto Taracido

Lumedoloop é un proxecto de rap galego, conformado por Jamas e Møu, de Dios Ke Te Crew, xunto con DJ Mil. En 2026 publicaron o seu álbum de debut, (Re)existencia. Alberto Taracido, de longa traxectoria no cinema de animación e a publicidade, publicou nos últimos meses a súa segunda novela gráfica, O eco dos días rotos, que está a ser todo un éxito.

Teatro Colón

21:15

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Martes 11

Cartel da película The Simpsons coa familia sobre un tellado ardendo

Cine BD. Proxección da longametraxe ‘Los Simpson: la película’

Filme de animación dirixido en 2007 por David Silverman e coescrito por Matt Groening.

Duración: 87 min.

Teatro Colón

17:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Cartel da película cunha paisaxe dun lago e un bosque en tonos ocres e verdes

Cine BD. Proxección do documental ‘Aquí donde estoy’

Coloquio posterior con María Castro Hernández e Tyto Alba; modera Javier Trigales.

Filme dirixido en 2025 por Álex Cuéllar e Rafa G. Sánchez, de 62 min de duración. Recolle as entrevistas de María Castro Hernández con Gabriel León, supervivente da batalla do Ebro. O proxecto inclúe a novela gráfica homónima de María Castro Hernández e Tyto Alba.

Teatro Colón

19:00

Entrada gratuíta ata completar a capacidade

Xoves 13

Cartel de Alicia

Teatro infantil. ‘Alicia!’, de Pedras de Cartón

Espectáculo inspirado no clásico de Lewis Carroll, que mergulla o público nunha viaxe por un mundo fantástico onde reinan o absurdo, a imaxinación e o humor.

Para toda a familia a partir de 3 anos. Duración: 50 min.

Actividade en colaboración coa libraría Galgo Azul.

Teatro Colón

12:00

Entrada gratuíta ata completar aforo

Cartel de O Nicho Ilustrado con David Perdomo sentado de perfil

Maratón de Pódcast BD (I): ‘El nicho ilustrado’

Pódcast de variedades presentado polo actor David Perdomo, no que se mestura a fragrancia dos perfumes coa das viñetas. O espazo contará coa participación de varios convidados e convidadas do festival.

Duración: 75 min.

Teatro Colón

21:15

Entrada gratuíta ata completar aforo

Sábado 15

Logotipo de Freak Land

Maratón de Pódcast BD (II): ‘Campamento Kripton’, ‘El diario de Kovacs’, ‘Freakland’ e Cuac FM

Maratón de pódcasts especializados en BD e cultura pop. Contarán como convidados con Raúl García, Carlos González (comisario da exposición de Carlos Giménez), Pep Brocal, Sebas Martín e Manel Cráneo, entre outros.

Circo de Artesáns

10:00

Entrada gratuíta ata completar aforo

Carrusel BD

Microentrevistas ilustradas a Jacobo F. S., Giovanna Lopalco, Alberto Taracido, e Sebas Martín, conducidas por Neves Rodríguez.

Carpa Rúa BD

19:00

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Atópanos aquí!
© 2026 Viñetas desde o Atlántico.