Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal

Programa

Luns 10
12:00
Inauguración oficial
Viñetas Expo
19:00

Charla ilustrada «‘El hijo’ y mis otros hijos»

Tyto Alba fará un repaso da súa traxectoria apoiado en imaxes das súas obras.
Viñetas Expo
20:00

Faladoiro «‘Jiujitsufragistas’, a loita polo voto feminino»

Con Lisa Lugrin e Clément Xavier, conducido por Jorge Esteban ‘Jorgiot’.
Viñetas Show
21:15

Concerto ilustrado: Lumedoloop con Alberto Taracido

Lumedoloop é un proxecto de rap galego, conformado por Jamas e Møu, de Dios Ke Te Crew, xunto con DJ Mil. En 2026 publicaron o seu álbum de debut, (Re)existencia. Alberto Taracido, de longa traxectoria no cinema de animación e a publicidade, publicou nos últimos meses a súa segunda novela gráfica, O eco dos días rotos, que está a ser todo un éxito.
Martes 11
Mañá
Viñetas Expo
11:00

Presentación da exposición dos Premios Castelao 2026

Visita guiada cos seus gañadores, Manu Barreiro, Elías Taño e Giovanna Lopalco.

Viñetas Expo
12:00

Visita guiada con Miguel Robledo

Viñetas Expo
12:00

Clase maxistral «Como se fixo ‘Polvo, barro y fe’»

O debuxante Miguel Fernández Vázquez e o historiador Javier Gómez Vila falarán sobre a súa BD histórica, dedicada á figura de Hermann König e á primeira guía histórica do Camiño de Santiago.
Viñetas Expo
12:00

Sinaturas: Lisa Lugrin e Clément Xavier

12:30

Encontro con Troubs e Edmond Baudoin

Actividade para colectivo de inmigrantes, aberto a público xeral, en colaboración coa ONG Ecos do Sur.

Inscricións en obradoiros@vinetasdesdeoatlantico.com

Viñetas Expo
13:00

Entrevista con Alberto Taracido

Conducida por Sira González (Bibliotecas Municipais da Coruña).
Tarde
Viñetas Expo
17:00

Faladoiro: Premios Castelao 2026

Con Manuel Barreiro, Elías Taño e Giovanna Lopalco, gañadores dos Premios Castelao 2026. Moderado por Iván Serrano (Bibliotecas Municipais da Coruña).
17:00

Cine BD. Proxección da longametraxe ‘Los Simpson: la película’

Filme de animación dirixido en 2007 por David Silverman e coescrito por Matt Groening. Duración: 87 min. Entrada gratuíta ata completar a capacidade do teatro.
Viñetas Expo
18:00

Sinaturas: Xulia Pisón, Alberto Taracido e Miguel Robledo

Viñetas Show
19:00

Cine BD. Proxección do documental ‘Aquí donde estoy’

Coloquio posterior con María Castro Hernández e Tyto Alba; modera Javier Trigales. Filme dirixido en 2025 por Álex Cuéllar e Rafa G. Sánchez, de 62 min de duración. Recolle as entrevistas de María Castro Hernández con Gabriel León, supervivente da batalla do Ebro. O proxecto inclúe a novela gráfica homónima de María Castro Hernández e Tyto Alba. Entrada gratuíta ata completar a capacidade do teatro.
Viñetas Expo
19:30

Sinaturas: Troubs, Edmond Baudoin

Mércores 12
Mañá
Viñetas Expo
11:00

Sinaturas: Tyto Alba e María Castro Hernández, Miguel Robledo

Viñetas Mini
11:00 

Obradoiro: ‘Personaxes máxicos’

Con María Brenn. Para nenas e nenos de entre 6 e 10 anos. Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo. (Biblioteca Municipal de Monte Alto)
Viñetas Expo
11:30 

Charla: ‘Perségueme a ciencia’

Con Xulia Pisón.
12:00 

«Campos de refuxiados na BD»

Charla con Troubs e Edmond Baudoin, conducida por Jorge Esteban ‘Jorgiot’.
Viñetas Mini
12:30 

Obradoiro: ‘Un paseo por Springfield’

Taller de debuxo sobre os Simpson en colaboración con Autobán. Impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 6 e 9 anos.

Inscricións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.

Viñetas Expo
12:30

Sinaturas: Lisa Lugrin e Clément Xavier

Viñetas Expo
13:00 

Encontro con Miguel Robledo

Conversa arredor da traxectoria do autor do cartel do festival.
Tarde
Que vÉn A eclipse!
Viñetas Pro
21:30 

Encontro Sectorial. Acceso únicamente con invitación.

Fundación Luís Seoane

Xoves 13
Mañá
Viñetas Pro
10:00-13:00

Revisión de proxectos e mentorías

Con inscrición previa en ruabd@vinetasdesdeoatlantico.com
Viñetas Expo
11:00

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’

Debuxo en directo a cargo das autoras da exposición Elas son fantásticas. Sesión de Eli García.

(Stand de Bibliotecas Municipais)

Viñetas Expo
11:00

Sinaturas: Paula Cheshire, Inés Vázquez, María Brenn

Viñetas Expo
12:00 

Charla ilustrada «Marcopola e amigos»

Con Jacobo F. S.
12:00

Teatro infantil. ‘Alicia!’, de Pedras de Cartón

Espectáculo inspirado no clásico de Lewis Carroll, que mergulla o público nunha viaxe por un mundo fantástico onde reinan o absurdo, a imaxinación e o humor. Para toda a familia a partir de 3 anos.

Duración: 50 min. Actividade en colaboración coa libraría Galgo Azul. Entrada gratuíta ata completar a capacidade do teatro.

Viñetas Mini
12:30

Obradoiro: ‘Un paseo por Springfield’

Taller de debuxo sobre os Simpson en colaboración con Autobán. Impartido por Alba Ceide. Para nenas e nenos de entre 10 e 12 anos.

Inscricións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.

Viñetas Expo
12:30

Sinaturas: Bea Gregores, Lucía Cid, Eli García

Viñetas Expo
13:00

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’

Debuxo en directo a cargo das autoras da exposición Elas son fantásticas. Sesión de Lucía Cid.

(Stand de Bibliotecas Municipais)

Tarde
Viñetas Expo
17:00

Visita guiada á mostra «Elas son fantásticas»

Con Paula Cheshire, Inés Vázquez, Lucía Cid, María Brenn, Eli García e Bea Gregores.

Viñetas Expo
18:00

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’

Debuxo en directo a cargo das autoras da exposición Elas son fantásticas. Sesión de Paula Cheshire.

(Stand de Bibliotecas Municipais)

Viñetas Expo
18:00

Sinaturas: Xulia Pisón, José Pablo García

Viñetas Expo
19:00

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’

Debuxo en directo a cargo das autoras da exposición Elas son fantásticas. Sesión de Inés Vázquez.

(Stand de Bibliotecas Municipais)

Viñetas Expo
19:00

Presentación de ‘Palindrotiras’

José Pablo García falará da súa recente «antoloxía de cómic palindrómico» que homenaxea os diferentes estilos da historia da BD e que supuxo unha das sorpresas da temporada.

Viñetas Expo
19:30

Sinaturas: Sebas Martín, Alberto Taracido

Viñetas Show
21:15 

Maratón de Pódcast BD (I): ‘El nicho ilustrado’

Pódcast de variedades presentado polo actor David Perdomo, no que se mestura a fragrancia dos perfumes coa das viñetas. O espazo contará coa participación de varios convidados e convidadas do festival.

Duración: 75 min. Entrada gratuíta ata completar a capacidade do teatro.

Venres 14
Mañá
Viñetas Expo
11:00 

Inauguración con visita guiada: «‘La guerra civil’ de Paul Preston, do libro á novela gráfica»

Con José Pablo García.
Viñetas Pro
11:00 

Clase maxistral de Raúl García

Masterclass de animación e narrativa visual a cargo de Raúl García, histórico animador que ten traballado en grandes producións de Disney e en Os Simpson. Un percorrido técnico único pola creación de personaxes e o guión gráfico.

Biblioteca de Estudos Locais.

Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo.

12:00

Faladoiro «Memoria social e democrática na BD»

Con Sebas Martín e Pep Brocal. Conducido por Vanesa Santiago (Bibliotecas Municipais da Coruña).

Viñetas Mini
12:30 

Obradoiro «Marcopola, a illa remeira»

Taller de BD infantil con Jacobo F. S. Para nenas e nenos de entre 6 e 9 anos.

Inscricións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.

Viñetas Expo
12:30 

Sinaturas: Mary M. Talbot e Bryan Talbot, Raúl García

Tarde
Viñetas Expo
18:00 

Sinaturas: Pep Brocal, Sebas Martín

19:00

Faladoiro «Mulleres na loita social»

Con Mary M. Talbot e Bryan Talbot.
Viñetas Expo
19:30 

Sinaturas: José Pablo García, Jacobo F. S., Danay Dana

Sábado 15
Mañá
Viñetas Show
10:00 - 14:00

Maratón de Pódcast BD (II): ‘Campamento Kripton’, ‘El diario de Kovacs’, ‘Freakland’ e Cuac FM

Maratón de pódcasts especializados en BD e cultura pop. Contarán como convidados con Danay Dana, Raúl García, Carlos González (comisario da exposición de Carlos Giménez), Pep Brocal, Paulo Monteiro, Sebas Martín e Manel Cráneo.

Entrada gratuíta ata completar a capacidade da sala.

Viñetas Mini
12:30

Obradoiro «Marcopola, a illa remeira»

Taller de BD infantil con Jacobo F. S. Para nenas e nenos de entre 6 e 9 anos.

Inscricións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.

Viñetas Expo
12:30

Sinaturas: Mary M. Talbot e Bryan Talbot, Paulo Monteiro

Tarde
Viñetas Expo
18:00

Sinaturas: Pep Brocal, Jacobo F. S., Raúl García

19:00

Carrusel BD

Microentrevistas ilustradas a Jacobo F. S., Danay Dana, Giovanna Lopalco, Alberto Taracido, Sebas Martín e Paulo Monteiro, conducidas por Neves Rodríguez.
Viñetas Pro
21:00

Fotomatón

Foto de familia de Viñetas no Kiosko Alfonso.
Viñetas Pro
21:30

Encontro sectorial

Acceso únicamente con invitación.
Domingo 16
Viñetas Rúa Banda Deseñada
11:00 a peche

‘Showroom’ da EASD Pablo Picasso

Mostra efémera onde os artistas emerxentes da Escola Pablo Picasso fan promoción, mostran e venden o seu material.
Viñetas Expo
12:00

Conversa con Raúl García

Conducida pola xornalista Rocío Ayuso.
Viñetas Mini
12:30

Obradoiro «Marcopola, a illa remeira»

Taller de BD infantil con Jacobo F. S. Para nenas e nenos de entre 10 e 12 anos.

Inscricións aquí, do 30 de xullo ao 5 de agosto.

13:00

Encontro con Danay Dana

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Atópanos aquí!
© 2026 Viñetas desde o Atlántico.