

A obra do autor do cartel desta edición do Viñetas é dunha creatividade única no panorama da ilustración e a banda deseñada. Robledo é agora recoñecido tamén pola novela gráfica Territorio, publicada en 2024 con guión de David Muñoz, e nesta mostra pode verse un repaso á súa carreira no mundo do cómic.

Mary e Bryan Talbot destacan nestas novelas gráficas históricas (no caso de Sally Heathcote. Sufragista, co debuxo de Kate Charlesworth) figuras femininas que fixeron avanzar os dereitos da muller na Francia do século XIX e na Inglaterra de principios do XX.

Lugrin e Xavier ofrecen unha perspectiva sorprendente do sufraxismo coa historia da primeira formadora en autodefensa feminista para enfrontarse á represión policial.

Sebas Martín retrata nestas dúas novelas gráficas un díptico sobre como se vivía a homosexualidade na España previa e posterior á guerra civil, a través de historias de personaxes comúns.

Alberto Taracido (Galicia)
Con el barrio coruñés de Labañou de escenario, esta historia situada a principios de los setenta refleja hasta qué punto los ecos represivos de la guerra civil seguían presentes en una sociedad que buscaba seguir adelante.

Considerada a grande obra mestra de Giménez, esta serie de historias ambientada nun internado de Auxilio Social na posguerra baséase nos propios recordos de infancia do autor.

Este libro recolle de forma documental as cartas e as entrevistas realizadas a Gabriel León Honrubia, un dos sobreviventes da batalla do Ebro, pertencente á chamada «quinta del biberón» do bando republicano.

Pep Brocal achégase á contraditoria figura desta muller que foi espía soviética e nai do asasino de Trotski, tachada de calculadora e fanática mais cunha vida complexa e merecedora dun enfoque sen prexuízos.
Consiste na produción de obxectos realizados por artesáns e inspirados nos traballos de BD expostos. Unha peza por cada exposición en cada unha das zonas da sala.

As características da persoal e imaxinativa obra de Jacobo F. S. reflíctense perfectamente na súa vertente de BD infantil, caso de Os amigos de Archimboldo Roque e Marcopola, a illa remeira, exitosa serie que recibiu edicións en galego, castelán e catalán

Mostra de merchandising e obxectos de todo tipo relacionados coa serie Os Simpson pertencentes á colección persoal do animador Raúl García. Tamén inclúe debuxos orixinais e libros dedicados polo propio Matt Groening, creador da serie, así como exemplares dos cómics dos personaxes.

Páxinas das obras gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada: Maré, de Manu Barreiro e Elías Taño, e Narices!, de Giovanna Lopalco. Mostra producida en colaboración coa Deputación da Coruña.

Colectiva de autoras que teñen dedicado unha parte importante da súa obra á BD de xénero fantástico en lingua galega nos últimos anos.
A asociación selecciona unha autora desta exposición para facer o cartel da súa feira Mostrart e expoñemos o orixinal entre os contidos desta exposición.

Selección e gañadores do concurso de fanzines organizado por Autobán, que chega por terceiro ano ao Viñetas coas mellores publicacións independentes de BD e contido gráfico do panorama estatal, dispoñibles na mostra para a súa consulta e lectura.
Mostra visitable do 10 de agosto ao 27 de setembro, de 9.00 a 14.00


Páxinas dunha das colaboracións entre os debuxantes Troubs e Edmond Baudoin, centrada en retratar a situación existente no val do Roya (situado entre Francia e Italia) para os inmigrantes chegados a Europa a través do Mediterráneo.


Pranchas do novo proxecto autoeditado de cómic de humor de Xulia Pisón.


As adaptacións ao cómic dos libros La guerra civil española, La muerte de Guernica e Franco, de Paul Preston, deron aínda máis difusión a estas obras do hispanista británico, grazas ao bo facer de José Pablo García, todo un experto en levar ensaios e obras literarias ao formato de BD.
Consiste na produción de obxectos realizados por artesáns e inspirados nos traballos de BD expostos.


Diego Burdío, Marcos Calo, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Paula Mayor, Jorge Peral, Xulia Pisón, Xulia Vicente, Luis Yang (Galicia), Jordi Bayarri (Valencia) (Valencia)
Con motivo da eclipse solar deste 2026, mostra colectiva de autores locais (mais un convidado experto en cómic didáctico, Jordi Bayarri) con historietas de dúas páxinas sobre o fenómeno da eclipse tratado desde diferentes perspectivas, sempre con base científica.

Exposición colectiva na que autoras e autores palestinos residentes en diferentes lugares reflexionan sobre a situación do seu pobo. Proxecto ideado polo Salón do Cómic de Valencia e a Fundación Al Fanar en colaboración coa Fundación Finestres.
Mostra de cómics centrados na memoria histórica individual ou colectiva, ou vinculados a ela. Desde os relatos biográficos máis íntimos ata as grandes crónicas colectivas, esta mostra reúne unha selección de cómics indispensables que nos axudan a manter viva a nosa historia.

Mostra colectiva coordinada por Raquel Costa e Nuno F. Cancelinha, con obras dos grupos Apocryphus, Associação Tentáculo, Coletivo Toupeira, Gorila Sentado, Terminal Studios e Umbra.


Colectiva internacional
Permanente con máis de cen obras orixinais de autores internacionais (como Stan Sakai, Sergio Aragonés, Charles Berberian, Émile Bravo, Arthur de Pins, Luis Royo etc.) cun motivo común: o polbo.
