O Concello da Coruña está comprometido coa accesibilidade en todos os ámbitos.
Na convicción de que a accesibilidade non é de interese só para as persoas con discapacidade, senón que mellora o acceso á web para todas as persoas; todas as páxinas web municipais utilizan tecnoloxías estándar establecidas polo W3C.
As páxinas deste sitio seguen as normas e pautas de accesibilidade establecidas en Norma UNE 139803:2012 e as directrices Web Content Accessibility Guidelines WCAG 2.0. O gran número de páxinas e persoas que manteñen os contidos web municipais poden facer que se produzan erros que impidan o cumprimento estrito destas normas ou que algún usuario non acceda á información. Se atopa algunha dificultade para acceder á información que se ofrece nas nosas páxinas rogámoslle fáganolo saber utilizando o formulario de Suxestións e Reclamacións (SeR) ou ben poñéndose en contacto co teléfono de atención cidadá 010 (981 184 278 se chama desde fóra do termo municipal).
REFERENCIAS SOBRE ACCESIBILIDADE
Se desexa coñecer máis sobre o contido web accesible pode consultar as seguintes ligazóns:
- Recomendacións de accesibilidade do Consorcio Web – W3C , que explica as razóns de cada recomendación.
- Técnicas de accesibilidade do Consorcio Web – W3C , que explica como implementar cada recomendación.
- Iniciativa de accesibilidade do Consorcio Web – W3C .