
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.
Charla «Mulleres na loita social». Carpa RúaBD
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.
Bryan Talbot (Wigan, Lancashire, Inglaterra, 1952) comezou no mundo do cómic underground e publicou por entregas Las aventuras de Luther Arkwright, considerada unha das primeiras novelas gráficas británicas. Colaborou na revista 2000AD coa serie Nemesis the Warlock, ademais de páxinas para Judge Dredd e debuxando historias escritas por Alan Moore; nos noventa comezou a traballar para o mercado norteamericano, en series como Hellblazer, Batman: Legends of the Dark Knight e The Sandman, con Neil Gaiman. Entre as súas novelas gráficas está El cuento de una rata mala, Alice in Sunderland ou El corazón del imperio.
Mary M. Talbot (Wigan, Lancashire, Inglaterra, 1954), a súa esposa, é profesora de Lingua e Cultura na Universidade de Sunderland, e autora de artigos académicos sobre poder, xénero e linguaxe. En 2012 escribiu a novela gráfica La niña de sus ojos, que debuxou Bryan Talbot. Conxuntamente con Bryan escribiu ademais Sally Heathcote. Sufragista, debuxada por Kate Charlesworth. Con Bryan Talbot ao debuxo tamén, publicou as novelas gráficas La Virgen Roja e Lluvia. En breve publicarán Lo! An amazon! sobre a vida de Mary Wollstonecraft.
Con La Virgen Roja e Sally Heathcote. Sufragista, os Talbot retratan figuras femininas que fixeron avanzar os dereitos da muller na Francia do século XIX e na Inglaterra de principios do XX.
Lisa Lugrin (Thonon-les-Bains, Francia, 1983) estudou antropoloxía e cinema e diplomouse na Escola de BD de Angoulême. Conxuntamente co seu compañeiro de viaxe Clément Xavier (Maputo, Mozambique, 1981), que tamén estudou na Escola de BD de Angoulême, fundou Na Éditions. Ambos foron acollidos en residencia na Maison des Auteurs de Angoulême e participaron na obra colectiva Afghanistan (2011). En 2015, recibiron o premio Revelación no Festival de Angoulême por Yékini, le roi des arènes. Como guionistas, asinaron de forma conxunta a adaptación á BD de Une histoire populaire de la France (debuxada por Gaston) e os álbums Washing-Town (con debuxo de Fanny Grosshans) e Waco Horror: Elizabeth Freeman, l’infiltrée (debuxado por Stéphane Delarue). Ademais de realizaren algúns traballos en solitario, en 2016 publicaron conxuntamente en Francia Geronimo, mémoires d’un résistant apache, e en 2025, Le lion de Guantánamo.
Na súa obra Jiujitsufragistas, contan a historia de Edith Garrud, considerada a primeira formadora en autodefensa feminista; ante a violencia que sufrían as manifestantes sufraxistas no Londres de 1910, adestrou en jiu-jitsu as gardacostas de Emmeline Pankhurst.

Charla «Jujitsuffragistas: A loita polo dereito a voto das mulleres», moderada por Jogiot. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Charla de Sebas Martín e Pep Brocal: «Memoria social e democrática en banda deseñada». Carpa RúaBD
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Pódcast BD. Circo de Artesáns
Carrusel BD. Microentrevistas ilustradas. Carpa RúaBD
Sebas Martín (Barcelona, 1961) ten debuxado desde finais dos años oitenta historietas de temática erótica orientadas ao público gay en diversas publicacións. O ano 2000 gañou o primeiro premio de cómic Serra i Moret, outorgado pola Generalitat de Catalunya. Foi redactor xefe da revista especializada en cómic gay Claro que Sí, da editorial La Cúpula (2005-2007), editora onde ten publicado numerosas novelas gráficas.
As tituladas Que el fin del mundo nos encuentre bailando (2023) e La piel como única bandera (2025) constitúen un díptico sobre como se vivía a homosexualidade na España previa e posterior á guerra civil, a través de historias de personaxes comúns.
Alberto Taracido (A Coruña, 1961) foi director artístico de videoxogos e longametraxes de animación; así, obtivo o Premio Laus ao Mellor deseño multimedia polo videoxogo Bicho (1998) e participou nas diversas producións de Dygra Films. Tense dedicado á dirección artística e á realización de storyboards para o mundo audiovisual e publicitario. En 2018 publicou na Arxentina a súa primeira novela gráfica, Mr. Crabb y el paraíso. A seguinte novela gráfica, O eco dos días rotos foi editada inicialmente no mercado franco-belga, onde tamén está a debuxar a serie «Hercule Poirot», adaptación do personaxe de Agatha Christie.
Co barrio coruñés de Labañou de escenario e situada a principios dos setenta, O eco dos días rotos reflicte ata que punto os ecos represivos da guerra civil seguían presentes nunha sociedade que buscaba seguir adiante.

Concerto ilustrado. Teatro Colón
Entrevista. Carpa RúaBD
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Carrusel BD. Microentrevistas ilustradas. Carpa RúaBD
Carlos Giménez (Madrid, 1941) iniciouse moi novo no mundo profesional do cómic, primeiro como axudante e despois en diversas axencias para o mercado internacional. Co guionista Víctor Mora realizou a serie Dani Futuro (1969-1975). Nos setenta, comezou a publicar en revistas de humor como El Papus e deron inicio as súas historias de Paracuellos, Barrio e España, una, grande y libre. Na revista Rambla publicou a serie Los profesionales. A titulada Historias de sexo y chapuza publicouse na revista francesa Fluide Glacial en 1989. Outros álbums seus son Rambla arriba, rambla abajo, Romances de andar por casa, 36-39. Malos tiempos e Pepe, a biografía do debuxante de cómics Pepe González. En 2005 recibiu o Gran Premio do Salón do Cómic de Barcelona. A obra Paracuellos foi galardoada en 2010 co Premio do Patrimonio do Festival Internacional de Angoulême. En 2026 foille concedida a Gran Cruz da Orde de Afonso X o Sabio en recoñecemento á súa dilatada carreira creativa.
Paracuellos está considerada a grande obra mestra de Giménez. Esta serie de historias ambientada nun internado de Auxilio Social na posguerra baséase nos propios recordos de infancia do autor.
Tyto Alba (Badalona, Barcelona, 1975) comezou a súa carreira de debuxante de cómic en México co libro Black River Together (1999). En 2009 debuxou El hijo, con guión de Mario Torrecillas. En 2011 fixo a súa primeira adaptación á BD dunha novela, Sudd, de Gabi Martínez, con quen colaborou de novo en Sólo para gigantes (2012). Nas súas obras en solitario enfrontouse a personaxes históricos como Frida Kahlo, Chavela Vargas, Pablo Picasso, Federico Fellini, Balthus ou Walt Whitman. En 2023 adaptou a cómic o ensaio El infinito en un junco, de Irene Vallejo.
María Castro Hernández (Madrid, 1969) é escritora. Publicou o libro de relatos Vuelo de reconocimiento (2022) e a novela documental sobre un represaliado da guerra civil Es tan fuerte la noticia (2024). Tamén é autora do texto de varios álbums infantís na editorial Silonia. Colabora con relatos e artigos literarios e culturais en medios como Zenda, InfoLibre e El Cultural de El Español. É guionista e produtora do documental Aquí donde estoy, sobre a figura de Gabriel León Honrubia, que tamén protagoniza a súa novela gráfica con debuxos de Tyto Alba.
O libro de BD Aquí donde estoy parte das cartas que o soldado Gabriel León Honrubia, un rapaz de 18 anos que formaba parte da chamada «quinta del biberón» do exército republicano, enviou desde a fronte da batalla do Ebro. Como sobrevivente da guerra, tamén foi entrevistado para o proxecto.

Faladoiro «‘El hijo’ y mis otros hijos» con Tyto Alba. Carpa RúaBD
Proxección do documental «Aquí donde estoy». Con coloquio con María Castro Hernández e Tyto Alba. Moderado por Javier Trigales. Teatro Colón
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas

Charla Pep Brocal + Sebas Martín: «Memoria social e democrática en banda deseñada». Carpa RúaBD
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Pódcast BD. Circo de Artesáns
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Pep Brocal (Terrassa, Barcelona, 1967) participou nos oitenta nas revistas Zona 84, Totem e Cairo, e foi un dos fundadores da revista Mr Brain, de Camaleón Ediciones. Colaborou nas revistas infantís Cavall Fort e Tretzevents, e publicou cómics para primeiros lectores en Mamut (series «El pequeño Olaf» e «Lily Megamosca»). En 1995 foi galardoado como autor revelación do Salón do Cómic de Barcelona. En 2019, a súa obra Inframundo recibiu o premio ACDCómic da crítica.
A súa obra Caridad del Río achégase á contraditoria figura desta muller que foi espía soviética e nai do asasino de Trotski (Ramón Mercader), tachada de calculadora e fanática mais cunha vida complexa e merecedora dun enfoque sen prexuízos.
Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971) licenciouse en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid. O traballo en banda deseñada que o deu a coñecer foi Os amigos de Archimboldo Roque, publicada primeiramente nas dúas etapas da revista Golfiño e despois como álbum. Tamén colaborou en varios números de Dos Veces Breve, BD Banda e Oink! En 2007 gañou o Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra Aventuras de Cacauequi, pola que foi candidato ao premio do Salón de Barcelona como autor revelación. En 2009 comezou a súa serie de álbums de BD Marcopola, publicada en castelán, galego e catalán. En 2011, presentou Lois Pereiro: breve encontro, dedicado ao homenaxeado do Día das Letras Galegas daquel ano, que se publicou en versión estendida posteriormente en castelán.

Charla ilustrada «Marcopola e amigos». Carpa RúaBD
Obradoiro infantil «Marcopola, a illa remeira». Sala Palexco
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Obradoiro infantil «Marcopola, a illa remeira». Sala Palexco
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Carrusel BD. Carpa RúaBD
Obradoiro infantil «Marcopola, a illa remeira». Sala Palexco

Clase maxistral. Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Pódcast BD. Circo de Artesáns
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Conversación con Raúl García, conducida por Rocío García Ayuso. Carpa RúaBD
Raúl García Sanz (Madrid, 1958) foi animador en longametraxes internacionais; entre elas, Asterix y la sorpresa del César, En busca del valle encantado, ¿Quién engañó a Roger Rabbit? e varias para os estudios Walt Disney, como La Bella y la Bestia, Aladdin, El Rey León ou Pocahontas. Traballou despois como director de secuencia para Paramount (Los Rugrats en París, La película de los Thornberries, Jimmy Neutron Boy Genius). En Kandor Graphics foi coguionista e director da película El lince perdido. Nos últimos anos ten participado en varios dos capítulos de Os Simpson. É membro da Academia de Hollywood e da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas de España. Publicou dous libros sobre técnicas de animación.
Nesta mostra exhíbese merchandising e obxectos de todo tipo relacionados coa serie Os Simpson pertencentes á súa colección persoal. Tamén inclúe debuxos orixinais e libros dedicados polo propio Matt Groening, creador da serie, así como cómics dos personaxes.
Miguel Robledo (Ourense, 1971) pertenceu ao fundacional grupo Frente Comixario e publicou na revista homónima (1988-1993). Traballou despois para as revistas infantís Golfiño, Mister K e Oink!, na revista O Fanzine das Xornadas, nas dúas etapas da revista BD Banda e na revista A Viñeta de Schrödinger. Do seu traballo para Golfiño publicouse o álbum antolóxico Vilaverzas (2006). A súa influencia en varias xeracións de autores galegos queda certificada polo Sketchbook que lle dedicou o colectivo Polaqia en 2008. Participou como coguionista e colorista no proxecto As abraiantes aventuras de Mariña (Aira, 2020-2024), con Simón Blanco, Aloysius e Ignacio Hernández. Ademais de numerosos proxectos de ilustración editorial, campo ao que se ten dedicado como director artístico de Aira Editorial (con clásicos como Frankenstein ou Drácula), tamén traballou na industria da animación (Grándola, Dygra Films). En 2024 publicou Territorio, con guión de David Muñoz. Este 2026 é o autor do cartel do Viñetas.

Visita guiada da exposición. Palacio Municipal
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Encontro con Miguel Robledo. Carpa RúaBD

Visita guiada Exposición Premios Castelao. Casa da Cultura Salvador de Madariaga.
Faladoiro cos premiados dos Premios Castelao: Elías Taño, Manu Barreiro e Giovanna Lopalco. Carpa RúaBD
Carrusel BD. Microentrevistas ilustradas. Carpa RúaBD
Giovanna Lopalco (Francavilla Fontana, Apulia, Italia, 1982) é animadora e ilustradora. Ten participado en numerosos filmes de animación, tanto curtas como longametraxes (por exemplo, as dirixidas por Alberto Vázquez). En 2021 dirixiu a curtametraxe de animación Season. Entre as súas inquietudes artísticas tamén está a BD, e en 2013 editou o fanzine Hijo del boto. En 2025 resultou gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada, na categoría infantil e xuvenil, coa obra Narices!
Manu Barreiro (Forcarei, Pontevedra, 1972) é divulgador e crítico de banda deseñada. Graduado en comunicación audiovisual, creou, xunto a Neves Rodríguez, o programa radiofónico e pódcast Metrópoles Delirantes (2014-2018), e na web do programa continúa a publicar críticas e recensións de BD, baixo o pseudónimo de Sr. B. Colaborou tamén como crítico de cómic na revista Tempos Novos. É membro da Asociación de Críticos e Divulgadores de Cómic (ACDCómic) e da organización das xornadas de autoedición de Santiago de Compostela FunFunFun. É o autor do guión de Maré, obra debuxada por Elías Taño, gañadora do Premio Castelao de Banda Deseñada 2025.
Elías Taño (Santa Cruz de Tenerife, 1983)·é ilustrador, muralista e autor de BD. Dirixiu o fanzine de historietas Arròs Negre (Premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona en 2014) e ten colaborado noutros como Tumba Swing, Auto Bulling, Nimio, Niños de Komodo ou Heil! Recibiu o Premio Injuve de Cómic en 2012. A súa obra Garafía foi galardoada co Premio Internacional de Novela Gráfica de La Pobla de Farnals. Xunto con Manu Barreiro é autor de Maré, Premio Castelao de Banda Deseñada 2025 na categoría xeral.

Visita guiada Exposición Premios Castelao. Casa da Cultura Salvador de Madariaga
Faladoiro cos premiados dos Premios Castelao: Elías Taño, Manu Barreiro e Giovanna Lopalco. Carpa RúaBD

Obradoiro infantil ‘Personaxes máxicos’. Biblioteca Monte Alto
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
María Brenn (Ferrol, 1994) estudou na EASD Pablo Picasso da Coruña. En 2017 recibiu o Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración. Ilustradora de libro infantil e xuvenil para diferentes editoriais, o seu traballo como autora de BD comezou en publicacións colectivas como Nai dos Desterrados, Onda vital!! ou Almanaque Tebeosfera. En 2023 publicou o seu primeiro libro de cómic, Ula e Vinca – O feitizo de primavera. O libro In the Heart of the Island apareceu en 2025 en formato dixital.
Paula Cheshire (Paula García Vázquez, Pontevedra, 1993). Ilustradora e autora de cómic, ten unha ampla carreira na ilustración infantil e xuvenil para selos como Xerais. En BD, ademais de colaboracións para diversos fanzines, autoeditou primeiro os seus libros Me das ansiedad e Meigatas, que despois foron publicados por Fandogamia. Este último obtivo o Premio por votación popular en Comic Barcelona 2026, onde ademais o seu libro La receta de la magia foi candidato ao Premio a mellor cómic xuvenil.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’, sesión de Paula Cheshire. Stand de Bibliotecas Municipais

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’, sesión de Lucía Cid. Stand de Bibliotecas Municipais
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
Lucía Cid (O Grove, Pontevedra, 2002) estudou banda deseñada na escola O Garaxe Hermético, en Pontevedra. Foi galardoada en diversos concursos de cómic, como o Ciutat de Cornellà, onde resultou finalista. Entre 2024 e 2025 publicou en Webtoons.com o webcomic Scales and Tales. O libro de BD Maia e a troita perlada foi o seu debut como autora no mercado galego, e Dinocarreras, no mercado español.
Eli García (Donostia-San Sebastián, 1983) formouse na EASD Antonio Faílde de Ourense e na escola O Garaxe Hermético de Pontevedra. Traballa na ilustración, combinando proxectos científicos con obras editoriais e de banda deseñada. En 2019 obtivo o 3.º premio no Certame Divina Pastora de Novela Gráfica Social co proxecto Nuestro hogar. Participou en publicacións colectivas como A vila dos debuxantes do norte, 221 BD, Regreso á illa de San Simón ou Florencio. O seu primeiro libro de cómic é O grande aviario.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’, sesión de Eli García. Stand de Bibliotecas Municipais.

Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’: sesión de Bea Gregores. Stand de Bibliotecas Municipais
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
Bea Gregores (Vigo, 1995) estudou na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, onde tamén cursou un mestrado en libro ilustrado e animación audiovisual. Obtivo varios premios, como o do Certame Xuventude Crea de BD. Autora completa de libros ilustrados, tamén ilustra textos alleos, como no caso do libroxogo Bruxas & dragóns, con textos de Ledicia Costas e Luismi Pérez. No ámbito do cómic, ten participado en varias publicacións colectivas, como Nai dos Desterrados, Vorazine e Cartas do inferno. En 2024 apareceu o seu libro Avelaíña e o camiño á illa.
Inés Vázquez (Carral, A Coruña, 1993) estudou ilustración e banda deseñada na escola O Garaxe Hermético, de Pontevedra. No mundo da animación, fixo layouts en Lighthouse Studios (Irlanda). Participou en revistas como Altar Mutante e Ensueños e nos libros colectivos de BD A vila dos debuxantes do norte, 221 BD, Licor café, Arrepío e La soledad de las cigüeñas. En 2021 publicou a súa primeira novela gráfica, Aldara – A lenda do cervo branco, que lle valeu o Premio Follas Novas á mellor BD. O libro Me, Myself and the Emperor é unha antoloxía de historias paródicas sobre o universo de Star Wars. En 2025 viu a luz a súa novela gráfica Severina e a raíña dos trasnos.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Visita guiada á mostra ‘Elas son fantásticas’. Sala Salvador de Madariaga
Maratón de debuxo ‘Debuxos fantásticos’: sesión de Inés Vázquez. Stand de Bibliotecas Municipais

Encontro con Troubs & Baudoin. Actividade para grupo da comunidade inmigrante, organizado en colaboración coa ONG Ecos do Sur. Casa Museo Picasso
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Faladoiro «Campos de refuxiados na Banda Deseñada». Moderado por Jorgiot. Carpa RúaBD
Jean-Marc Troubet, Troubs (Pessac, Francia, 1969), estudou Belas Artes en Toulouse e en Angoulême. Vinculado á BD xornalística ou de realismo social, a partir dos seus cadernos de viaxe. Ten obras en solitario e outras levadas a cabo con guionistas. É especialmente salientable a súa colaboración co tamén debuxante Edmond Baudoin.
Edmond Baudoin (Niza, Francia, 1943) estudou na Escola de Artes Decorativas de Niza. Colaborou en históricas revistas de BD como Pilote, (À Suivre) y L’Écho des Savanes. Gañou o premio Alph-Art do Festival de Angoulême en 1992 e 1997. Ten traballado con varios guionistas, como a escritora Fred Vargas (Los cuatro ríos, galardoado co premio ao mellor guión en Angoulême, e El vendedor de estropajos), e a catro mans co tamén debuxante Troubs.
En Humanos. A Roya é um Rio centráronse en retratar a situación existente no val do Roya (situado entre Francia e Italia) para os inmigrantes chegados a Europa a través do Mediterráneo.
Xulia Pisón (A Coruña, 1985) cursou estudos de Ilustración na EASD Pablo Picasso. Recibiu o 1.º premio do Certame Xuventude Crea de BD de 2015. Editou os fanzines McCactus e (∞ – 1). Participou con BD en revistas como Altar Mutante e Saxífono Comix e nos libros colectivos Licor café (Demo Editorial) e O puño e a letra (Edicións Xerais). É autora da serie de tres volumes de divulgación científica Microalgas. En 2023 publicou, con guión de Óscar Losada, Irene a porteira. Foi colorista dos dous tomos de Operación amanecer, de Henry Zebrowski, Marcus Parks e David Rubín. Como ilustradora ten colaborado con diversos medios, editoras e institucións.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Charla: ‘Perségueme a ciencia’, con Xulia Pisón. Carpa da Rúa BD

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas.
Presentación de Palindrotiras. Carpa RúaBD
Visita guiada: «‘La guerra civil’, de Paul Preston, do libro á novela gráfica». Casa Museo Casares Quiroga.
Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
José Pablo García (Málaga, 1982) gañou o premio de Cómic Injuve en 2009. Con Las aventuras de Joselito – El pequeño ruiseñor (2015) fixo unha documentada biografía do cantante. Encargouse de adaptar ao cómic as obras do historiador Paul Preston La guerra civil española (2016) e La muerte de Guernica (2017), e a novela de Javier Cercas Soldados de Salamina (2019). Pola súa parte, Vidas ocupadas (2017) reflicte unha viaxe realiza a Palestina en colaboración coa UNRWA. Adaptou ademais El hijo del chófer (2022), de Jordi Amat, e Franco (2024), tamén de Preston. O seu libro Palindrotiras (2025), no que emprega palíndromos e homenaxea distintos estilos da historia do cómic, ofrece outra perspectiva da súa traxectoria autoral.
Diego Burdío (Zaragoza, 1981) estudou Ilustración na súa cidade natal. Obtivo o 1.º Premio de Cómic Creación Joven de Aragón en 2007 e 2011. Afincado na Coruña, traballa como ilustrador, debuxante de cómic, deseñador e profesor. Editou o fanzine Hotel Safari e colaborou en publicacións como Thermozero Cómics (con cuxos editores viu a luz o comezo da serie Ultrafox y la tumba del águila), Nai dos Desterrados, Altar Mutante, Adoquín ou Finnegans. Con Paula Esteban editou o fanzine Monguis.
Marcos Calo (A Coruña, 1974) cursou estudos de Belas Artes na facultade de Pontevedra. Acadou varios premios de BD no Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude (Xunta de Galicia). Traballou varios anos en proxectos de animación (Dygra Films, Bren Entertainment, Ilion, SPA Studios). Ilustrador de libros de literatura infantil e xuvenil para editoriais internacionais (HarperCollins, Scholastic), tamén se dedica á ilustración para videoxogos. Colaborou nas revistas O Fanzine das Xorndas e BD Banda.
Paula Esteban (A Coruña, 1991) estudou Deseño Gráfico e Ilustración na EASD Pablo Picasso da Coruña e Grafismo e cómic en L’École Supérieure des Arts Saint-Luc de Liexa (Bélxica). Editou fanzines como No te Agarres la Cabeza, Las aventuras de Frisby & Trisky, Red bricks e Monguis. Ten participado en publicacións como Chachi, Autozine, Nai dos Desterrados, Altar Mutante, Adoquín, Finnegans, Onda Vital!! ou Miñoco Fanzine. Colaborou nos volumes colectivos Licor café e O puño e a letra.
Uxía Larrosa (A Coruña, 1993) estudou Belas Artes na Universidade de Barcelona. Recibiu varios galardóns en concursos de cómic (Certame Xuventude Crea de Banda Deseñada, Certame Benito Losada de Banda Deseñada) e foi cofundadora do fanzine Sacoponcho. Participou en revistas como Nai dos Desterrados, Chachi, Pratos Combinados e Festa rachada, e no volume colectivo Licor café. En 2022 obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada categoría xeral, xunto con Luis Yang, pola obra O bico da serea, publicada posteriormente tamén en castelán.
Paula Mayor (A Coruña, 1975) recibiu numerosos premios de ilustración, deseño gráfico e cómic e ten traballado en moitos e diferentes ámbitos da ilustración, como libros infantís e xuvenís, portadas ou carteis para organismos oficiais (como o cartel do Día da Ilustración 2022). Ademais, ten participado en diversas exposicións colectivas. En 2023 gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada, na modalidade xeral, co cómic Rosalía oculta, que en 2026 recibiu o Premio Follas Novas ao libro de banda deseñada.
Jorge Peral (A Coruña, 1988) estudou na EASD Pablo Picasso da Coruña. Ilustrou libros infantís e libros de texto para editoriais como Meubook ou Éditions Maison des Langues, codirixiu o fanzine Compota de Manatí e traballa como ilustrador para videoxogos. Ten participado en publicacións de cómic como a revista Altar Mutante ou o volume Licor café. En 2012 gañou o 1.º premio en modalidade manga do Certamen de Cómic Ayuntamiento de Las Rozas.
Xulia Vicente (Cariño, A Coruña, 1993) cursou Belas Artes en Valencia. Gañou os certames Xuventude Crea e Benito Losada de Banda Deseñada. Ten colaborado en fanzines e revistas nacionais e internacionais, como 2000AD, Xiulit, Nimio, Arròs Negre, Sacoponcho ou Camacuc, e volumes colectivos como Oiga mire mañana, De muerte, Viñetas de tortas y bollos, Beste aldetik / Del otro lado de, Feminismes ou O puño e a letra. Co seu cómic La jinete me aguarda gañou en 2022 o Premio Ignatz ao mellor comicbook.
Luis Yang (Madrid, 1993) estudou o bacharelato artístico na Coruña e graduouse en Belas Artes na Universidade Politécnica de Valencia. Gañou varios premios en certames de banda deseñada e impulsou os fanzines Sacoponcho e Amorcito. Ten colaborado en publicacións como Arròs Negre, Oiga mire mañana, Chachi, Nimio, Hoodoo Voodoo, Paranoidland ou Ex Mag. Con Andrés Magán creou o fanzine Dúo Eclipse. En 2020 dirixiu e animou o videoclip musical When I Grow Up, da cantante estadounidense Yaeji. En 2022 obtivo o Premio Castelao de Banda Deseñada na categoría xeral, xunto con Uxía Larrosa, por O bico da serea, publicada posteriormente tamén en castelán.
Jordi Bayarri (Alboraia, Valencia, 1972) é licenciado en Belas Artes. Membro fundador do colectivo 7 Monos, gañou en 2002 o premio ao mellor cómic erótico no Salón do Cómic de Barcelona por Magia y Acero. Coa serie de fantasía heroica Entre tinieblas obtivo o premio ao Mellor guionista nacional en Expocómic 2007. Especializado en BD didáctica, creou a serie Científicos, biografías de grandes personalidades da ciencia cun toque humorístico, como Darwin, la evolución de la teoría. Esa serie e a titulada Historicómics recibiron edicións en numerosas linguas. En 2009 foi galardoado co Premio de Novela Gráfica Dibujando Entre Culturas, pola obra Las aventuras de Nicholas Champion y Mordecai Feingold.

Carrusel BD. Microentrevistas ilustradas. Carpa RúaBD
Encontro con Danay Dana. Carpa RúaBD.
Danay Díaz López (A Habana, Cuba, 1983) realizou estudos de animación e artes plásticas na Academia Nacional de Belas Artes, na súa cidade natal. Afincada en Zaragoza, cursou estudos de deseño gráfico e animación. Traballou facendo ilustración e animación e como creativa publicitaria en varias empresas. Como autora de BD, ten colaborado coa revista Thermozero. O seu primeiro libro de BD é La maldición de los Heredia, co que obtivo o Premio ao Mellor Guión e o Premio á Mellor Obra Aragonesa no Salón do Cómic de Zaragoza.
Paulo Monteiro (Vila Nova de Gaia, Portugal, 1967) é un autor polifacético, que ten feito BD, ilustración, pintura e poesía. O seu libro O amor infinito que te tenho e outras histórias, que contén varias BD curtas, obtivo o premio Melhor Álbum Nacional no Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora en 2011. Desde 2005 é director da Bedeteca de Beja e do Festival Internacional de Banda Desenhada de Beja; coordinou as revistas Splaft! e Venham +5. Ten participado en publicacións antolóxicas de cómic, como Humanus e Virar a Página, e en revistas como Efeméride, Baltic Comics Magazine ou Stripburger.

Sesión de sinaturas. Stand de sinaturas
Carrusel BD. Microentrevistas ilustradas. Carpa RúaBD
Abel Alves
Adrián Prado
Alba Ceide
Alba López Paredes
Alba Míguez
Alexandre Senande
Andrés Castro
Ángela Curro
Angie Roa
Arkaitz González
Carlos Barros
Carlota Quintana
Damián Gómez
David Braña
Diego Burdío
El Torres
Fernando Llor
Fernando Tomé Castro
Gemma Pérez
Gochi
Gregorio Muro Harriet
Hugo Covelo
Iván Sarnago
Jordi Bayarri
Jorge Esteban «Jorgiot»
José Ángel Ares
José Luis Porta
José Malvárez Carleos
Juanfer Briones
Lucía Cid
Luis Yang
Manel Cráneo
Manuel López Poy
Manuel Veiga
Marcos B.
Marcos Farrajota
María Macía
Miriam Iglesias Pérez
Natalia Velarde
Óscar Losada
Ozo Perozo
Pablo Carreiro
Paula Cheshire
Paula Mayor
Pedro Segade
Pjota
Rafael Jiménez
Raquel Gu
Sandra Hernández
Tiago Delgado Díaz
Víctor Alós
Xavier Alcalá
Xulia Vicente
