Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Expo

Mostras dentro da sección oficial e paralelas ao festival organizadas por entidades colaboradoras.

Sedes oficiais

Sedes colaboradoras

Palacio de María Pita

Palacio de María Pita

Horario:
De luns a domingo, de
12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de persoaxe mirando ao ceo verde azulado ao carón dunha fortaleza
Miguel Robledo (Galicia)

A obra do autor do cartel desta edición do Viñetas é dunha creatividade única no panorama da ilustración e a banda deseñada. Robledo é agora recoñecido tamén pola novela gráfica Territorio, publicada en 2024 con guión de David Muñoz, e nesta mostra pode verse un repaso á súa carreira no mundo do cómic.

Kiosko Alfonso

Kiosco Alfonso

Horario:
De luns a domingo, de
12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

Viñetas con memoria social I

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Loita sindical feminista europea

Zona A / Planta baixa
Ilustración en branco e negro cunha muller berrando no centro dunha composición de text

La Virgen Roja + Sally Heathcote. Sufragista

Bryan Talbot e Mary M. Talbot (Reino Unido)

Mary e Bryan Talbot destacan nestas novelas gráficas históricas (no caso de Sally Heathcote. Sufragista, co debuxo de Kate Charlesworth) figuras femininas que fixeron avanzar os dereitos da muller na Francia do século XIX e na Inglaterra de principios do XX.

Ilustración de muller fronte a policias nas inmediacións do Big Ben

Jiujitsufragistas

Lisa Lugrin e Clément Xavier (Francia)

Lugrin e Xavier ofrecen unha perspectiva sorprendente do sufraxismo coa historia da primeira formadora en autodefensa feminista para enfrontarse á represión policial.

Memoria democrática e social na España do século XX

Zona B / 1º andar
Ilustración portada cun home cargado cun cesto na vendimia

Que el fin del mundo nos encuentre bailando + La piel como única bandera

Sebas Martín (Cataluña)

Sebas Martín retrata nestas dúas novelas gráficas un díptico sobre como se vivía a homosexualidade na España previa e posterior á guerra civil, a través de historias de personaxes comúns.

Ilustración de home vello con abrigo e boina

O eco dos días rotos

Alberto Taracido (Galicia)

Con el barrio coruñés de Labañou de escenario, esta historia situada a principios de los setenta refleja hasta qué punto los ecos represivos de la guerra civil seguían presentes en una sociedad que buscaba seguir adelante.

Ilustración de personaxes relacionado con Paracuellos

Paracuellos

Carlos Giménez (Madrid)

Considerada a grande obra mestra de Giménez, esta serie de historias ambientada nun internado de Auxilio Social na posguerra baséase nos propios recordos de infancia do autor.

Ilustración de soldado no medio dunha ruinas dun pobo

Aquí donde estoy

María Castro Hernández e Tyto Alba
(Madrid/Barcelona)

Este libro recolle de forma documental as cartas e as entrevistas realizadas a Gabriel León Honrubia, un dos sobreviventes da batalla do Ebro, pertencente á chamada «quinta del biberón» do bando republicano.

Ilustración de gran contraste dunha muller sendo interrogada

Caridad del Río

Pep Brocal (Cataluña)

Pep Brocal achégase á contraditoria figura desta muller que foi espía soviética e nai do asasino de Trotski, tachada de calculadora e fanática mais cunha vida complexa e merecedora dun enfoque sen prexuízos.

Colaboración coa AGA (Asociación Galega de Artesáns)

Consiste na produción de obxectos realizados por artesáns e inspirados nos traballos de BD expostos. Unha peza por cada exposición en cada unha das zonas da sala.

Palexco

Sala Palexco

Horario:
De luns a domingo, de
12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00

Viñetas MINI

Do 30 de xullo ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de un debuxante dando un debuxo a un ser rosa con cornos

Jacobo F. S. De Archimboldo a Marcopola

Sala A
Jacobo F. S. (Galicia)

As características da persoal e imaxinativa obra de Jacobo F. S. reflíctense perfectamente na súa vertente de BD infantil, caso de Os amigos de Archimboldo Roque e Marcopola, a illa remeira, exitosa serie que recibiu edicións en galego, castelán e catalán

Ilustración de Bart Simpson e personaxes co estilo dos Simpson

Un paseo por Springfield. Os Simpson na colección de Raúl García

Sala B

Mostra de merchandising e obxectos de todo tipo relacionados coa serie Os Simpson pertencentes á colección persoal do animador Raúl García. Tamén inclúe debuxos orixinais e libros dedicados polo propio Matt Groening, creador da serie, así como exemplares dos cómics dos personaxes.

Sala Salvador de Madariaga

Sala Salvador de Madariaga

Horario:
De luns a domingo, de
10:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Varias ilustracións de diferentes estilos

Premios Castelao 2025

Manuel Barreiro (Galicia), Elías Taño (Canarias), Giovanna Lopalco (Italia)

Páxinas das obras gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada: Maré, de Manu Barreiro e Elías Taño, e Narices!, de Giovanna Lopalco. Mostra producida en colaboración coa Deputación da Coruña.

Varias ilustracións de diferentes estilos

Elas son fantásticas

María Brenn, Paula Cheshire, Lucía Cid, Eli García, Bea Gregores, Inés Vázquez (Galicia)

Colectiva de autoras que teñen dedicado unha parte importante da súa obra á BD de xénero fantástico en lingua galega nos últimos anos.

Colaboración coa AGA (Asociación Galega de Artesáns)

A asociación selecciona unha autora desta exposición para facer o cartel da súa feira Mostrart e expoñemos o orixinal entre os contidos desta exposición.

ExpoFanzines Autobán

Na Biblioteca de Estudos Locais

Selección e gañadores do concurso de fanzines organizado por Autobán, que chega por terceiro ano ao Viñetas coas mellores publicacións independentes de BD e contido gráfico do panorama estatal, dispoñibles na mostra para a súa consulta e lectura.

Mostra visitable do 10 de agosto ao 27 de setembro, de 9.00 a 14.00

Casa Museo Picasso

Horario:
De martes a sábado, de
10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00
Pechado domingos, luns e festivos, agás o 15 de agosto

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de paisaxe con cores planas verde, negra e vermella

Humanos. A Roya é un río

Troubs e Edmond Baudoin (Francia)

Páxinas dunha das colaboracións entre os debuxantes Troubs e Edmond Baudoin, centrada en retratar a situación existente no val do Roya (situado entre Francia e Italia) para os inmigrantes chegados a Europa a través do Mediterráneo.

Fachada da Casa Museo María Pita

Casa Museo María Pita

Horario:
De martes a sábado, de
10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00
Pechado domingos, luns e festivos, agás o 15 de agosto

Do 29 de xullo ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de varias pedras cadradas sobre un campo

Ston

Xulia Pisón (Galicia)

Pranchas do novo proxecto autoeditado de cómic de humor de Xulia Pisón.

Colaboración con «Elas son Artistas»

Fachada da Casa Museo Casares Quiroga

Casa Museo Casares Quiroga

Horario:
De martes a sábado, de
10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00
Pechado domingos, luns e festivos, agás o 15 de agosto

Viñetas con memoria social II

Do 14 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de avión bombardeando unha poboación

‘La guerra civil’, de Paul Preston

José Pablo García (Andalucía)

As adaptacións ao cómic dos libros La guerra civil española, La muerte de Guernica e Franco, de Paul Preston, deron aínda máis difusión a estas obras do hispanista británico, grazas ao bo facer de José Pablo García, todo un experto en levar ensaios e obras literarias ao formato de BD.

Colaboración coa AGA (Asociación Galega de Artesáns)

Consiste na produción de obxectos realizados por artesáns e inspirados nos traballos de BD expostos.

Vista exterior do edificio da Casa das Ciencias

Casa das Ciencias

Horario:
De luns a domingo, de 10:00 a 20:00
Entrada de 2 € (xeral) e 1€ (reducida)

Do 3 de xullo ao 27 de setembro de 2026

Composición de texto de eclipse de viñetas

Eclipse de viñetas

Diego Burdío, Marcos Calo, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Paula Mayor, Jorge Peral, Xulia Pisón, Xulia Vicente, Luis Yang (Galicia), Jordi Bayarri (Valencia) (Valencia)

Con motivo da eclipse solar deste 2026, mostra colectiva de autores locais (mais un convidado experto en cómic didáctico, Jordi Bayarri) con historietas de dúas páxinas sobre o fenómeno da eclipse tratado desde diferentes perspectivas, sempre con base científica.

Colaboración con Museos Científicos Coruñeses

Patio interior da Fundación Seoane

Fundación Luís Seoane

Horario:
De martes a domingo e festivos, de
11:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:00

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración en tinta negra con temática bélica

Cómic palestino. Voces propias, grito colectivo

Leila Abdelrazaq (EUA), Iasmin Omar Ata (EUA), Sara Shehadeh (Palestina), Hassan Manasrah (Xordania), Hamza Abu Ayyash (Palestina), Khaled Jarrada (Francia), Shahd Alshamali (Palestina), Dania Omari (Palestina), Samir Harb (Alemaña), Mohammed Sabaaneh (Palestina)

Exposición colectiva na que autoras e autores palestinos residentes en diferentes lugares reflexionan sobre a situación do seu pobo. Proxecto ideado polo Salón do Cómic de Valencia e a Fundación Al Fanar en colaboración coa Fundación Finestres.

Colaboración con Fundación Al Fanar / Ecos do Sur

Bibliotecas Municipais

Consultar os horarios e localizacións concretos de cada centro na web das Bibliotecas Municipais

Bibliotecas Ágora, Castrillón, Durán Loriga, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales, Sagrada Familia

Do 3 de agosto ao 15 de setembro de 2026

Trazos de memoria (exposición bibliográfica)

Mostra de cómics centrados na memoria histórica individual ou colectiva, ou vinculados a ela. Desde os relatos biográficos máis íntimos ata as grandes crónicas colectivas, esta mostra reúne unha selección de cómics indispensables que nos axudan a manter viva a nosa historia.

Circo de Artesáns

Sede colaboradora
Horario:
De luns a domingo,
de 10:00 a 22:00

AutorÍas portuguesAs

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Banda deseñada dunha nave que atravesa unha atmósfera en tres viñetas

Nacional 2. Banda Desenhada Portuguesa de Norte a Sul

Mostra colectiva coordinada por Raquel Costa e Nuno F. Cancelinha, con obras dos grupos Apocryphus, Associação Tentáculo, Coletivo Toupeira, Gorila Sentado, Terminal Studios e Umbra.

Bar 13

Sede colaboradora
Horario:
De luns a mércores, de 18:00 a 1:00
De xoves a sábado, de 18:00 a 3:00

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración a tinta de Óscar Lojo de una reina en un trono con gatos
Óscar Lojo (Galicia)

El tranvía

Sede colaboradora
Horario:
De domingo a xoves, de 18:00 a 3:00
Venres e sábados, de 18:00 a 4:30

Do 10 de agosto ao 27 de setembro de 2026

Ilustración de en tinta verde de serpe e motivos xeométricos

Bosque máxico

Fento Studio (Andy Freire) (Galicia)

Pulpeira de Melide

Sede colaboradora
Horario:
De luns a domingo, de
10:00 a 14:00 e 17:00 a 21:00

Exposición permanente

Pulpos do cómic

Colectiva internacional

Permanente con máis de cen obras orixinais de autores internacionais (como Stan Sakai, Sergio Aragonés, Charles Berberian, Émile Bravo, Arthur de Pins, Luis Royo etc.) cun motivo común: o polbo.

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Atópanos aquí!
© 2026 Viñetas desde o Atlántico.