Os obradoiros son gratuítos. As prazas asignaranse por orde de inscrición. A confirmación será enviada por correo electrónico.
Lea con atención os datos de cada actividade para inscribir ao/á neno/a no obradoiro máis axeitado segundo a súa idade e experiencia.
En caso de non poder asistir, prégase comunicar a baixa con antelación para liberar a praza.
Os datos de contacto das persoas responsables que utilizaremos serán só os que recollamos no formulario de inscrición de cada pequeno/a.
A organización só tomará fotografías ou vídeos durante os obradoiros de aqueles/as menores aos que se concedese permiso previo a través deste formulario.
A organización resérvase o dereito de modificar horarios, espazos ou contidos por razóns organizativas, e comprométese a informar as persoas inscritas de calquera cambio.
Os datos por Vde. facilitados serán tratados polo CONCELLO DA CORUÑA en calidade de Responsable de Tratamento, coa finalidade de xestionar a prescrición, rexistro e desenvolvemento de actividades sociais e/o culturais, recreativas ou festivas, xestión das autorizacións para a ocupación da vía pública ou instalacións municipais. Xestión dos asistentes a eventos, actos ou actividades de carácter social, cultura, recreativo ou festivo en instalacións municipais e xestión de participantes a concursos ou candidatos a premios, así como a publicación nos medios institucionais ou sociais.