Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Pro

Actividades destinadas para profesionais ou estudantes de arte

Martes 12

Charla «A internacionalización do cómic español, pola Sectorial del Cómic. O proxecto WILDCAT de ENCRE»

Con Alejandro V. Casasola Medina (presidente) e Emilio Gonzalo Mallo (secretario).

En colaboración coa Sectorial del Cómic

Carpa RúaBD

18:30

Charla «Crowdfunding aplicado á autoedición», por Jordi Bayarri

O crowdfunding converteuse nunha ferramenta clave para a autoedición de banda deseñada, ao permitir que autores e autoras financien os seus proxectos de forma directa co apoio da súa comunidade. Ademais de facilitar o financiamento, funciona como un eficaz instrumento de promoción, validación do proxecto e creación dunha base de lectorado comprometido desde o comezo.

En colaboración con Anillo de Sirio

Carpa Rúa BD

19:30

Presentación do proxecto Tebeos a Una, por Pedro Medina

Unha plataforma web que lles permite a editoriais, artistas e fanzines programar producións conxuntas en imprentas especializadas en banda deseñada.

En colaboración con Fandogamia Editorial

Carpa Rúa BD

20:30

Mércores 13

Obradoiro «‘Espada y pluma’: creación dun cómic histórico», por Jorge Esteban Urabayen

O obradoiro Espada y pluma está pensado para achegar as persoas participantes ao proceso de creación dun cómic histórico, tomando como base a obra homónima ambientada no Século de Ouro español. A través dunha experiencia interactiva, explorarase a narrativa visual e textual, así como as distintas fases do proceso creativo: documentación, guión, deseño de personaxes, ilustración e impresión final.

Duración: 3 horas. Inscrición desde 7 días antes na web de Bibliotecas.

En colaboración coas Bibliotecas Municipais

Biblioteca de
Estudos locais

11:00

Con inscrición previa

Charla «O futuro do cómic nun mundo artificial», por Alberto Carceller

A situación da industria na era da intelixencia artificial. Unha conversación sobre os cambios, as oportunidades e os desafíos aos que se enfronta o ecosistema do mundo do cómic nun futuro que xa está aquí.

En colaboración con Eldritch Gate

Carpa RúaBD

Actividade cancelada

Xoves 14

Obradoiro de deseño e debuxo de personaxes e análise de portfolios enfocado á presentación editorial profesional, por Adrián Prado

Duración: 2 horas. Inscrición en liña desde 7 días antes na web de Bibliotecas.

En colaboración con Librería Tótem

Biblioteca de
Estudos Locais

12:00

Con inscrición previa

Venres 15

Revisión de portfolios por editores

Revisión de proxectos de cómic a cargo de editores presentes no festival. Actividade gratuíta aberta a profesionais e estudantes de arte.

Prazo de inscrición aberto desde o 18 ata o 28 de xullo.

Circo de Artesáns

10:00

Con inscrición previa

Dave Cooper con mural ao fondo

Encontro con Dave Cooper

Encontro co autor de referencia do underground canadiano. Nel amosará o seu proceso creativo con exemplos gráficos.

A actividade desenvolverase en inglés sen intérprete.

Carpa RúaBD

12:30

Sábado 16

Encontro sectorial

Encontro para profesionais do sector.

Circo de Artesáns

21:00

Con invitación

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Concello da CoruñaXunta de GaliciaDeputación da CoruñaMarca Estrella Galicia 0,0
© 2025 Viñetas desde o Atlántico.