
Repaso dos principais títulos publicados por Garbuix Books no ano en curso, como La espera, de Mario Trigo; Marcie, de Cati Baur, ou Moheeb en el aparcamiento, de Clara Lodewick.
13:00
Carpa Rúa BD
Presentación de títulos como Todas las veces que me hice mayor, La revolución emoji ou Una historia ilustrada de la danza.
13:30
Carpa Rúa BD
Os tengus son seres mitolóxicos da cultura xaponesa, considerados protectores da montaña e dos bosques. Con este espírito de afán de tutela, difusión e divulgación da novena arte, naceu en Madrid Tengu Ediciones, apostando ademais firmemente pola sustentabilidade e o coidado do medio ambiente nas súas edicións.
17:30
Carpa Rúa BD
Reflexión sobre a utilidade e a necesidade da segunda man no cómic, con Xesús E. Pedreira Quintela e Francisco J. Barcia Crespo.
Organizada por Fiandón Libros de Vello.
18:00
Carpa Rúa BD
Iván Sarnago presenta esta serie, que, de forma paródica, toma o lendario cabaleiro medieval e tráeo á época moderna.
Organizada por Unrated Comics.
11:00
Carpa Rúa BD
Obradoiro de introdución ao debuxo manga para nenos e nenas de entre 7 e 12 anos. Impartido pola ilustradora Limbo.
Organizado por Mononoke Manga.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo
11:00
Biblioteca Castrillón
Cómic inspirado en feitos reais, que relata a travesía de Antonio Fonseca, un mariño galego, enfrontado a naufraxios e supervivencia no Atlántico durante a Primeira Guerra Mundial. Con Iván Mata, coautor da obra.
Organizada por Harriet Ediciones.
11:30
Carpa Rúa BD
Presentación de Elephant Books, o novo selo de novela gráfica e banda deseñada independente, centrado en contar grandes historias tanto para lectores de banda deseñada habituais como para os ocasionais.
Organizada por Cartem Cómics e Elephant Books.
12:00
Carpa Rúa BD
A pesar da proximidade, o cómic portugués é case descoñecido en España. Aprende máis sobre a historia da banda deseñada portuguesa, explorando os autores, personaxes e contextos culturais e históricos que lle deron forma.
Organizada por Dr. Kartoon.
18:00
Carpa Rúa BD
Presentarán títulos como Historia de la guerra integral 2, un clásico de Garth Ennis que segue os soldados israelís na guerra do Yom Kipur de 1973, ou Roxane vende sus bragas, de Maybelline Skvortzoff, o retrato dunha xeración marcada pola precariedade económica e emocional.
19:00
Carpa Rúa BD
Actividade coas persoas galardoadas na terceira edición do premio ao fanzine galego.
Organiza Autobán.
19:30
Carpa Rúa BD
A ilustradora Lidia Cambón presenta o seu libro sobre o uso de rotuladores aplicado ao deseño de personaxes.
Organiza Norma Editorial.
20:00
Carpa Rúa BD
Un cómic ambientado no Vigo de comezos dos 2000 cunha historia sobre a amizade, as primeiras veces e crecer sendo un mesmo. Un retrato de toda unha xeración millennial con moito sabor galego, presentado polo seu autor.
20:30
Carpa Rúa BD
A editora portuguesa Chili Com Carne presenta esta obra de Ana Simões e Ana Matilde Sousa, que está no mesmo proxecto que Rumo ao Eclipse, recente Prémio Nacional de Banda Desenhada en Portugal, na categoría de innovación.
11:00
Carpa Rúa BD
Actividade introdutoria de xogos de cartas temáticas relacionadas cos cómics e os medios audiovisuais. Nela, especialistas en TCG (xogos de cartas coleccionables) guiarán os participantes a través dunha clase maxistral con partidas prácticas contra xogadores experimentados e sesións de xogo libre.
Duración: 50 min. Organizada por Eldritch Gate. A partir de 10 anos (inclusive); precisan da compaña dun adulto ata os 12 anos.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo.
11:00
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano
A relación do cómic e dos xogos de rol é máis estreita do que podemos imaxinar. Neste obradoiro, os participantes poderán coñecela e crear o seu personaxe de Dungeons & Dragons.
Organiza Librería Tótem. Para nenas e nenos de a partir de 12 anos.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo.
11:00
Biblioteca Municipal Durán Loriga
En 1543 Nicolao Copérnico descubriu unha verdade revolucionaria sobre a Terra e o Sol. Medio século máis tarde, Galileo Galilei construiría o seu propio telescopio para observar os planetas. Anillo de Sirio invita a descubrir máis sobre estes dous pais da astronomía a través da súa Colección Científicos, de Jordi Bayarri.
12:00
Carpa Rúa BD
Presentacións e debate de novidades, organizada por Yermo Ediciones.
11:00
Carpa Rúa BD
Actividade introdutoria de xogos de cartas temáticas relacionadas cos cómics e os medios audiovisuais. Nela, especialistas en TCG (xogos de cartas coleccionables) guiarán os participantes a través dunha clase maxistral con partidas prácticas contra xogadores experimentados e sesións de xogo libre.
Duración: 50 min. Organizada por Eldritch Gate. A partir de 10 anos (inclusive); precisan da compaña dun adulto ata os 12 anos.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo.
11:00
Biblioteca Durán Loriga
Obradoiro de introdución ao debuxo manga para nenos e nenas de entre 7 a 12 anos. Impartido pola ilustradora Limbo.
Organiza Libraría Paz.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo.
11:00
Biblioteca Ágora
Laramie Ediciones é unha editorial independente especializada na recuperación e edición de obras mestras do cómic wéstern clásico. Na presentación falarase do porqué dunha editorial como Laramie e dos seus próximos proxectos.
11:30
Carpa Rúa BD
Caderno realizado por membros da AGPI, dirixido a todo tipo de público. Cada ilustrador elaborou un debuxo sobre un tema relacionado cos traballos dos ilustradores, como a busca de clientes, o bloqueo creativo ou o folio en branco. Con Lara Esperante Ingelmo.
Organiza a AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
13:00
Carpa Rúa BD
Na charla falarase de novidades como Derric, el primer humano (de Miguel Díaz Rivas) ou Canciones y mazmorras (de Asier Nazabal), xunto a outros títulos destacados e galardoados como ¡Astrid! (de Arkaitz González, Premio ao Mellor Cómic Infantil en Cómic Barcelona) ou Meigatas (de Paula Cheshire, Premio ao Mellor Cómic por Votación Popular no mesmo salón).
13:00
Carpa Rúa BD
A ilustradora Mara Méndez presenta a súa última obra: as aventuras dunha moza (e o seu gato, Millo) para salvar a súa familia dun vampiro.
Organizada pola Libraría Paz.
17:00
Carpa Rúa BD
Actividade para público infantil. Os participantes farán un mural dedicado ao mundo do cómic. Para isto haberá un panel xigante de madeira preparado para a ocasión.
Duración: 4 horas. Organizado por Metrópolis Cómics A Coruña.
17:00
Carpa Rúa BD
Miguel Pérez Ramudo presenta a súa obra, que explora o período no que o ilustre galego viviu na cidade, entre 1916 e 1936.
Organizada pola Libraría Paz.
17:30
Carpa Rúa BD
As historias de detectives e novelas negras volven estar de moda (se é que algunha vez pasaron de moda). Nos cómics tamén hai unha nova xeración de autores que revitalizan o xénero no noso país, como Pablo Guarnido, Frankman Román, David Braña e Raúl Balen.
Organizada por Cartem Cómics e Elephant Books.
18:00
Carpa Rúa BD
Alberto Ávila Salazar presenta unha obra de ensaio sobre maxia, ocultismo e rituais, na que figuras como Alan Moore ou Grant Morrison cumpriron o papel de magos.
Organizada por Komic Librería.
20:00
Carpa Rúa BD
Ximena Maier presenta esta obra ilustrada, na que debulla a mudanza a unha antiga quinta rural nas aforas de Évora.
Organizada por Penguin Random House.
20:00
Carpa Rúa BD
A editorial Nuevo Nueve está a reunir no seu catálogo un grupo de autores nacionais cunhas temáticas e un estilo moi coherentes coa súa liña editorial, algúns deles presentes nesta edición do Viñetas, como Víctor L. Pinel, Alicia Jaraba, Andrés Garrido, Juanjo Rodríguez ou Danay Dana, e outros non presentes, como Juan Álvarez, Verónica Álvarez, Vanesa Figal, Munuera ou Das Pastoras.
11:00
Carpa Rúa BD
Actividade introdutoria de xogos de cartas temáticas relacionadas cos cómics e os medios audiovisuais. Nela, especialistas en TCG (xogos de cartas coleccionables) guiarán os participantes a través dunha clase maxistral con partidas prácticas contra xogadores experimentados e sesións de xogo libre.
Duración: 50 min. Organizada por Eldritch Gate. A partir de 10 anos (inclusive); precisan da compaña dun adulto ata os 12 anos.
Inscricións na web de Bibliotecas Municipais a partir do 30 de xullo
11:00
Biblioteca Durán Loriga
Un cómic de aventuras e fantasía, épico e rebelde, sobre tres antiheroes que queren cambiar o destino do mundo… aínda que ninguén confíe neles. Presentado polo seu guionista, Abel Alves.
Organizada por Serendipia Editorial.
11:30
Carpa Rúa BD
A autora Paula Cheshire presenta este cómic que narra as aventuras dunha rapaza que acaba de recibir o título de bruxa.
Organizada por Grafito Editorial.
13:00
Carpa Rúa BD
Novela gráfica xuvenil de fantasía da autora Inés Vázquez, ambientada na Compostela do século XIX.
Organizada por Demo Editorial.
13:30
Carpa Rúa BD
Profesor Xan imparte unha charla sobre exilio, nación e desarraigo dos superheroes.
Organizada por Alita Comics.
17:00
Carpa Rúa BD
Martin levaranos polo mito para exorcizar os males do presente.
Organizada por Alita Comics.
18:00
Carpa Rúa BD
Unha publicación absolutamente excepcional, xa que o seu autor, Mario E. Casas, é un rapaz de só 14 anos. A obra está editada polo seu pai, o ilustrador Mariano Casas.
Organizada por Komic Librería.
20:00
Carpa Rúa BD
Charla sobre as novidades editoriais Roma derrotada, El joven Martí, son de Cuba en España e Lem y Grandullón.
11:00
Carpa Rúa BD
Seguindo as descricións de Platón sobre a Atlántida, coñecemos as aventuras de Gadiro, unha saga de fantasía épica cargada de aventura, drama e reflexión sobre o poder e a decadencia. Presentado polo seu guionista, Manuel Veiga.
Organizada por Serendipia Editorial.
11:30
Carpa Rúa BD
O guionista Rafael Jiménez presenta esta serie que adapta ao formato de historieta as crónicas de Manuel Chaves Nogales, periodista durante a guerra civil española.
Organizada por Cascaborra Ediciones.
12:00
Carpa Rúa BD
Presentación da campaña que realizada en Verkami en contra da IA xenerativa. Cos ilustradores Chus Rojo e Augusto Metztli.
Organizada pola AGPI (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración).
13:00
Carpa Rúa BD
Faladoiro con tres nomes importantes na BD portuguesa actual: Paulo Monteiro, autor e director do Festival de Beja; Raquel Costa, autora, e Marcos Farrajota, autor e editor.
Organiza Chili Com Carne.
17:00
Carpa Rúa BD
O director do Festival de BD de Beja, Paulo Monteiro, fala sobre este evento que o pasado xuño chegou ás vinte e unha edicións e está entre os máis destacados do panorama peninsular.
18:00
Carpa Rúa BD
A autora Marta Kayser presenta a súa obra sobre o seu percorrido en busca das súas raíces e o seu lugar no mundo.
Organizada por Penguin Random House.
18:30
Carpa Rúa BD
A editorial presenta novidades deste ano como Charity y Silvia, de Tillie Walden, ou Bardín el superrealista, edición del 30 aniversario, de Max.
11:00
Carpa Rúa BD
17:00
Carpa Rúa BD
Punto de encontro para coleccionistas e afeccionados ao intercambio de cromos e postalillas. Un espazo aberto para completar coleccións, descubrir pezas curiosas e compartir a afección.
Organizado por El Baúl de los Recuerdos.
18:00
Carpa Rúa BD
