Carlos Azagra (Morón de la Frontera, Sevilla, 1957). Comeza nos oitenta en emerxentes revistas como Makoki ou El Víbora e en fanzines vinculados á CNT e á CGT. Traballou en El Jueves durante 30 anos e colabora en publicacións como TMO ou fanzines asociativos e reivindicativos. Entre as súas obras monográficas están La revolución en gerundio (Ponent, 2006, con Emili Pardiñas), Fonda Pascual (Editorial Cornoque, 2018), Pepe Buenaventura Durruti (GP Ediciones, 2019), Mosén Bruno, vuelta al mundo rural (GP Ediciones, 2022, con Maxi Campo) e Historias del punk (Grafito Editorial, 2024).
Encarna Revuelta (Guadix, Granada, 1958) é colorista da obra de Carlos Azagra e tenlles dado cor aos debuxos doutros artistas, como Ivà ou Xcar.
Charla «Pedro Pico & Pico Vena. Historias del punk», por Carlos Azagra e Encarna Revuelta. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Grafito Editorial.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Grafito Editorial.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Grafito Editorial.
Christophe Blain (Argenteuil, Francia, 1970). Despois de publicar Carnet d’un matelot (Casterman, 1994), uniuse ao colectivo L’Association, onde debuxou BD con guións de David B e Joann Sfar. Colaborou posteriormente con Lewis Trondheim e Sfar en varios álbums da saga «La Mazmorra» («Donjon»). Como autor completo, a serie Isaac el pirata (integral: Norma, 2019) obtivo entre outros o premio ao Mellor Álbum no Salón de Angoulême 2002. Outros éxitos seus foron a serie Gus (Norma, 2007-2017), ou Quai d’Orsay (con Abel Lanzac, Norma, 2014), adaptada ao cinema por Bertrand Tavernier. Un mundo sin fin (en colaboración con Jean-Marc Jancovici, 2022) é a súa última obra ata o momento.
O autor non estará presente na edición do festival deste ano
Olivia Cábez (Madrid, 1995) e Clara Cábez (Madrid, 1997). A serie de cómics autobiográfica Cols, na que a noite e o rock and roll teñen papeis protagonistas, conta cos debuxos de Clara e os guións de Olivia. Comezou en 2020 co número «Los visones molones»; o segundo volume, «Una noche en el infierno» (2021), foi galardoado co premio ao mellor fanzine no Salón do Cómic de Barcelona. Agora traballan no cuarto número, «La cara B», que será publicado por Autsaider Cómics. Ademais, colaboraron no fanzine Auto Bulling.
Charla «Cómic & Rock en Malasaña», por Clara e Olivia Cábez e Miguel B. Núñez. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Cols DJ Set. Sala Mardi Gras.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Dave Cooper (Nova Scotia, Canadá, 1967) desenvolve carreiras paralelas no mundo do cómic, da pintura e da animación. No ámbito da banda deseñada, comezou publicando a revista Weasel (Fantagraphics, 1999-2002) e varias novelas gráficas, como Flujo, predilección por Tina (Ripple, a predilection for Tina, Fantagraphics, 2003, editado en España por La Cúpula, coma o resto da súa obra). Despois de anos retirado do mundo da BD, publicou recentemente Dog Head Comics (The Mansion Press, 2024), e en España Muérdete la lengua (La Cúpula, 2025). En 2019 editouse un recompilatorio das súas diversas facetas como ilustrador e pintor, titulado Pillowy, the art of Dave Cooper (Cernunnos Press, 2019). No ámbito artístico, ten exposto de forma individual en Nova York, Los Ángeles e París. Polo que respecta á animación, é co-creador de varias series, como Cerdo, Cabra, Banana, Grillo (Pig Goat Banana Cricket, 2015-2017) para Nickelodeon, e dirixiu a curtametraxe animada The Absence of Eddy Table (2016).
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Ediciones La Cúpula.
Encontro con Dave Cooper. Carpa RúaBD.
Víctor Aparicio Abundancia (Tui, 1958). Estudou Belas Artes en Madrid e participou activamente na escena musical de principios dos oitenta co seu grupo Los Coyotes, á vez que expuña as súas pinturas en galerías importantes e traballaba como deseñador gráfico e ilustrador; por exemplo, con traballos de cómic para a revista Madriz. Desde entón, ten realizado carteis de concertos, portadas de discos (Ariel Roth, Giant Sand, Vampisoul etc.) e cómics, como na actualidade para M21 Magazine. É o autor dos libros de cómic Tío Budo (Fulgencio Pimentel, 2014), Días de alarma (Salamandra Graphic, 2020), Entresijos (Autsaider, 2023) e El cóndor y la caníbal (Astiberri e Museo Nacional Thyssen-Bornemisza, 2024). Ademais, ten realizado documentais, levou a cabo labores de attrezzo gráfico para filmes de directores como Álex de la Iglesia, montou e interpretou pequenas pezas escénicas para o Espacio Fundación Telefónica e segue a facer música.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Concerto de Víctor Coyote. Teatro Colón.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Alberto Díaz (Madrid, 1972) é autor de literatura infantil e xuvenil. Xunto ao Equipo Lechuza, ten publicado as coleccións «Carla», «Carla y Lechuga» e «Lechuza Detective» (Anaya). Nos últimos anos publicou a novela gráfica Bo tempo (Demo Editorial, 2020), o álbum ilustrado Los niños de corral (Anaya, 2022) e a innovadora colección «Perro Verde» (Anaya, 2022). Para esta mesma editorial, ten ilustrado títulos como Necesito una flor, Escape Book, El mago de Oz, Hay que salvar a Carmelo e Un marciano en la oreja, entre outros.
Obradoiro «Con permiso de Quino. Aprende a debuxar a Mafalda», por Alberto Díaz. 7 a 9 anos. Sala Municipal Palexco. Inscríbete.
Obradoiro «Con permiso de Quino. Aprende a debuxar a Mafalda», por Alberto Díaz. 10 a 11 anos. Sala Municipal Palexco. Inscríbete.
Obradoiro «Con permiso de Quino. Aprende a debuxar a Mafalda», por Alberto Díaz. A partir de 12 anos. Sala Municipal Palexco. Inscríbete.
Don Rogelio J (Mislata, Valencia, 1982). Licenciado en Belas Artes na Universitat Politècnica de València, cun mestrado en cómic e educación pola Universitat de València. Debuxante de cómics, ilustrador e tatuador profesional (EttherMuseum), ten feito recursos gráficos para arquitectura e paisaxismo e ten impartido obradoiros sobre artes plásticas e creatividade. Publicou en Autsaider Cómics Desde abajo (2017) e Tierra muerta (2020), e en La Mula Ediciones Los últimos caballos (2025, con David Pascual). Ademais, é músico e compositor en Aullido Atómico e Tumba Swing.
Concerto gráfico Don Rogelio J. Rúa BD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Viñetas Late Night: Música & BD. Teatro Colón.
Jorge Esteban Urabayen Jorgiot (Pamplona) foi fundador e organizador do Salón do Cómic de Navarra. É o debuxante, con guión de El Torres, do cómic Espada y pluma (Cascaborra, 2025), unha historia de aventuras ambientada en 1624, con Lope de Vega e Alonso de Contreras como protagonistas. Traballou en títulos como Black Demon Tales, Killswitch (Scout Comics), Giallo (Leviathan Labs) ou Alcatraz, de la A a la Z. Prepara novos proxectos xunto a El Torres, como La caza de don Quijote e Por esta hacha, entre outros.
Obradoiro «Espada y pluma: creación dun cómic histórico», por Jorge Esteban Urabayen. Biblioteca Municipal de Estudos Locais. En colaboración coas Bibliotecas Municipais. Inscrición desde 7 días antes na web de Bibliotecas.
Sara Jotabé (Zaragoza, 1993). Autora de cómic, ilustradora e humorista gráfica. Especializada no humor e nas causas sociais; entre as súas obras destacan Quiero ser como tú (Panini, 2021), Tupper para tres (Fandogamia, 2022) ou Pajas mentales (Letrablanka, 2016), así como Un día normal (Amanixer/Ayuntamiento de Zaragoza, 2025). Ademais, é autora das mostras itinerantes nacionais Mujeres con discapacidad (proxecto con tres edicións realizado xunto a Amanixer, Asociación Aragonesa de Mujeres con Discapacidad, e o Concello de Zaragoza), Igual de profesionales e Viñetas por la igualdad y contra la violencia de género.
Charla «‘Con voz propia: historias del yo’. Situación das mulleres no sector do cómic», con Marika Vila, Montse Mazorriaga e Sara Jotabé. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sandra Lodi (Lugo, 1990). Ilustradora, deseñadora e artista plástica. Estudou Belas Artes en Salamanca. Publica na revista Mongolia e no semanario en liña El Estafador, así como noutros xornais. En 2019 foi premiada co segundo premio Curuxa de Humor Gráfico. En 2024 obtivo o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns (Galaxia, 2024) e o Premio Castelao de Banda Deseñada, na categoría xeral, pola obra Adelina.
Visita guiada da exposición XIX Premios Castelao, por Sandra Lodi e Laura Suárez. Sala Salvador de Madariaga
Diego Corbalán Magius (Murcia, 1981) é ilustrador, debuxante e guionista. Iníciase no mundo dos fanzines en 1998; en 2001 participa no nacemento do fanzine Black Metal. Entre as súas obras destacan Murcia (Entrecomics Cómics, 2015), El método Gemini (Autsaider, 2018) e Primavera para Madrid (Autsaider, 2020), gañadora do Premio Nacional do Cómic 2021. A súa última obra é Black metal (Autsaider, 2025), baseada en sucesos ocorridos en Noruega a principios dos noventa, con varios crimes e queimas de igrexas.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Viñetas Late Night: Música & BD. Teatro Colón.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Librería Tótem.
Montse Mazorriaga (Viladecavalls, Barcelona, 1972). É autora de cómic e ilustradora. Estudou Humanidades e Deseño Gráfico e é autodidacta no campo máis artístico. Publicou con Elpoblet Edicions o álbum ilustrado Santi, Jordi, la princesa i el drac (2016), e en Cósmica Editorial, a BD Nellie Bly, diario de una viajera (2019), con guión de Carlos Correia. Participou nos cómics benéficos Paz e Mil brujas (2022), de Serendipia Editorial. Os seus últimos títulos publicados son La Luna de Verne, (Serendipia Editorial, 2023); Ordo Virtutum (Wack! Cómics, 2024), La partida (Cascaborra Editorial, 2025) e Orlando (Bang, 2025), adaptación da novela de Virginia Woolf.
Charla «‘Con voz propia: historias del yo’. Situación das mulleres no sector do cómic», con Marika Vila, Montse Mazorriaga e Sara Jotabé. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Garbuix Books.
Sesión de sinaturas. Stand Serendipia.
Miguel B. Núñez (Madrid, 1970). Nos anos oitenta colabora co fanzine Thrashock e a revista Thrash Metal; máis tarde, co fanzine Subterfuge. Publica o seu primeiro cómic na editorial Under Comic en 1998 e comeza a traballar coa editorial infantil EnBabia e publicando BD nas revistas Nosotros Somos los Muertos, Strapazin (Suíza/Alemaña), Stripburger (Eslovenia), Lapin e Patate Douce (Francia), El Víbora e Mondosonoro. Foi co-comisario da exposición Madrid Metal. Tamén é músico. Ten publicados cómics para adultos (como El corazón de los árboles, 2009; El fuego, 2013; Heavy – 1986, 2016; Heavy – Los chicos están mal, 2017, ou 666, 2020) e infantís (como El mundo de Miki, 2019, ou Mi vecino es un vampiro, 2023).
Charla «Cómic & Rock en Malasaña», por Clara e Olivia Cábez e Miguel B. Núñez. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Rubén Rial (Vimianzo, 1991) é o responsable do cartel do Viñetas deste ano. É autor de cómic e ilustrador, formado en Impresión gráfica e Deseño de produto. Iniciou o seu interese na temática histórica co cómic 1468 (A. C. Cherinkas, 2015), obra propia sobre as revoltas irmandiñas. Ilustrou proxectos para museos e exposicións como 1921-2021 – 100 anos da bandeira galega no Palacio municipal da Coruña (2021), María Casares en tres actos (2022) e Picasso na Casa (2024). Colabora en publicacións autoeditadas como as de Edicións Baixo Terra.
Fermín Solís (Madroñera, Cáceres, 1972) é escritor e ilustrador. As súas primeiras páxinas publicáronse nos fanzines Subterfuge e Cabezabajo. Consolidouse no mundo da BD coa novela gráfica Buñuel en el laberinto de las tortugas (2008), finalista do Premio Nacional do Cómic. Tras dedicarse durante case unha década ao libro infantil, volveu plenamente á novela gráfica para adultos con Medea a la deriva (2021), Elia (2023) e Buñuel y los sueños del deseo (2024), todos eles en Reservoir Books. Os seus libros traducíronse e publicáronse en Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Alemaña e Francia.
Viñetas Late Night: Música & BD. Teatro Colón.
Concerto ilustrado Hombre Tigre + Anabel Colazo e Raquel Montero. Teatro Colón.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Stand Penguin Random House.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Presentación de ‘Encías quemadas’, de Natalia Velarde, con Fermín Solís. Carpa RúaBD.
Laura Suárez (Dumbría, A Coruña, 1994). Estudou Belas Artes na Universitat Politècnica de València e cursou un mestrado en cómic e ilustración na escola Elisava de Barcelona. En 2019 publicou o libro de BD Los cuentos de la niebla (Dibbuks). É autora do libro ilustrado Monte Pindo. Historias de lendas do olimpo celta (Galaxia, 2021) e da serie de cómic infantil Monster Support Group (Flying Eye Books, 2023). En 2024 conseguiu o Premio Castelao de Banda Deseñada na súa categoría infantil e xuvenil con A raíña cadáver.
Visita guiada da exposición XIX Premios Castelao, por Sandra Lodi e Laura Suárez. Sala Salvador de Madariaga.
Marika Vila (Barcelona, 1949). Artista gráfica, ilustradora, autora de cómic, investigadora especialista en estudos de xénero, docente (UAB), articulista e crítica de cómic (Serra d’Or). En 1970 iniciouse na profesión como ilustradora e debuxante de cómic, publicando en Inglaterra, Escocia, Italia e Suecia. Despois, participou na revista Troya e cos colectivos La Astronave Pirata e Equipo Butifarra. Publicou en cabeceiras como Tótem, Interviú, Rambla, El Jueves ou Gaceta Ilustrada. Recibiu múltiples galardóns, como o Premio Ivà 2018 á mellor historietista profesional, o premio honorífico do Colectivo Autoras de Cómic 2020 ou o Gran Premio Comic Barcelona 2024. Recentemente publicou as novelas gráficas Mata Hari (Isla de Nabumbu, 2.ª ed. 2023) e Moderna secreta (hija de Morgana) (Marmotilla, 2025), renovada e con novos capítulos.
Charla «‘Con voz propia: historias del yo’. Situación das mulleres no sector do cómic», con Marika Vila, Montse Mazorriaga e Sara Jotabé. Carpa RúaBD.
Sesión de sinaturas. Carpa RúaBD.
Inacio Vilariño (Lalín, 1974) e Iván Suárez (Santiago de Compostela, 1973) foron galardoados co Premio Castelao de banda deseñada da Deputación da Coruña por Titoán en 2011, con guión do primeiro e debuxos do segundo. Despois virían O pobre tolo (2012), Máis alá (2013) e Atila (2015), os outros álbums nos que se contan as vidas de Castelao. Logo, relacionados cos espectáculos de monicreques de Inacio e coa súa investigación histórica, e novamente en colaboración con Iván, foron aparecendo outros títulos como As pombas de Carboeiro (2020), O voo da curuxa (2022), O reiciño de Galiza (2023) ou Pedro e o lobo (2024). Antes disto, pola súa parte, Iván alternara o traballo como deseñador coa ilustración infantil e xuvenil. En 2008 fixo a súa primeira incursión na animación coa curtametraxe Corre, corre, cabaciña. Nos últimos anos combinou a docencia coa creación de banda deseñada e, á parte das súas colaboracións con Inacio, publicou o volume Ricardo Carvalho Calero – Coraçom de terra, con Xico Paradelo e Irene Veiga (2020).
Sesión de sinaturas. Stand Demo Editorial.
Visita guiada á exposición ‘Castelao en BD’. Palacio Municipal de María Pita.
Raquel Costa (Porto, Portugal, 1979) e Nuno Filipe Cancelinha (Trás-os-Montes, Portugal, 1982) son cofundadores do Little Black Spot Creative Studio, onde desenvolven traballos para os mercados editorial e publicitario. Como ilustradora, Raquel ten máis de vinte libros publicados; escribiu e ilustrou o álbum 25 Mulheres (Oficina do Livro, 2024), seleccionado para o Illustration Annual da Society of Illustrators (Nova York) e finalista da Exposición de Ilustración da Feira do Libro Infantil de Boloña. No ámbito da banda deseñada, Raquel e Nuno funcionan como tándem creativo: publicaron o libro A Cortina das Aves Canoras – Prelúdio (Little Black Spot, 2018) e participaron con historias curtas nos catro volumes da revista colectiva Ditirambos (2019-2025).
Charla «Facer BD en Portugal: da idea á impresión», con Marcos Farrajota, Raquel Costa e Nuno F. Cancelinha. Carpa RúaBD
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires, Arxentina, 1950). Narrador, ensaísta, dramaturgo, debuxante, pintor e político, as súas caricaturas e o seu humor gráfico —nalgúns casos en forma de banda deseñada— foron sumamente populares e influentes, con viñetas en diarios como Galicia, Faro de Vigo ou El Pueblo Gallego, en revistas como Céltiga e Alma Gallega e en libros como Cincoenta homes por dez reás (1925), Cousas da vida (1925) ou o Álbum Nós (1931).
Joaquín Lavado Quino (Mendoza, Arxentina, 1932-2020) comezou a publicar humor gráfico en diversos medios arxentinos a mediados dos anos cincuenta. En 1963 apareceu o seu primeiro libro antolóxico. Nesa época tamén se dedicaba ao debuxo publicitario, e para a campaña dunha marca de electrodomésticos encargáronlle unhas tiras de BD; aquela campaña nunca viu a luz, pero un personaxe que creara para ela deu lugar á serie que o fixo mundialmente famoso: Mafalda. As tiras de Mafalda publicáronse entre 1964 e 1973, cando Quino finalizou a serie —a pesar do seu éxito internacional— porque consideraba que xa esgotara todas as ideas. Continuou facendo BD e humor gráfico, que foi recompilándose en máis dunha vintena de libros.
Abel Alves
Adrián Prado
Alba Ceide
Alba López Paredes
Alba Míguez
Alexandre Senande
Andrés Castro
Ángela Curro
Angie Roa
Arkaitz González
Carlos Barros
Carlota Quintana
Damián Gómez
David Braña
Diego Burdío
El Torres
Fernando Llor
Fernando Tomé Castro
Gemma Pérez
Gochi
Gregorio Muro Harriet
Hugo Covelo
Iván Sarnago
Jordi Bayarri
Jorge Esteban «Jorgiot»
José Ángel Ares
José Luis Porta
José Malvárez Carleos
Juanfer Briones
Lucía Cid
Luis Yang
Manel Cráneo
Manuel López Poy
Manuel Veiga
Marcos B.
Marcos Farrajota
María Macía
Miriam Iglesias Pérez
Natalia Velarde
Óscar Losada
Ozo Perozo
Pablo Carreiro
Paula Cheshire
Paula Mayor
Pedro Segade
Pjota
Rafael Jiménez
Raquel Gu
Sandra Hernández
Tiago Delgado Díaz
Víctor Alós
Xavier Alcalá
Xulia Vicente