Mostras dentro da sección oficial e paralelas ao festival organizadas por entidades colaboradoras.
Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso, Centro Ágora.
Circo de Artesáns, A. C. Alexandre Bóveda, Cervezoteca Malte, Pulpeira de Melide, Bar 13.
A BD levada ao espectáculo de entretemento a través de actividades diarias no Teatro Colón (ciclo de cinema baseado en obras de BD, Viñetas Late Night con entrevistas e un concerto ilustrado).
A parte comercial do Viñetas mantén a súa esencia coa participación de editoras e librarías especializadas en banda deseñada procedentes de todo o territorio español. Este ano ábrese tamén unha porta a Portugal coa participación da editora Chili Com Carne, de Lisboa.
Sección infantil de divulgación e entretemento. Contacómics, obradoiros e un concerto infantil.
Festival gastronómico. Restaurantes locais dedican un prato da carta a personaxes e series de cómic.
Actividades para profesionais e estudantes do sector. Obradoiros, relatorios, revisión de portafolios e encontros sectoriais.
Plan para centros de ensino con obradoiros de iniciación ao cómic en maio e visitas guiadas no último trimestre do ano.
Un plan de inclusión social que integra lingua de signos no Viñetas Late Night no Teatro Colón e se completa cunha semana de actividades destinadas a colectivos desfavorecidos no mes de setembro.
© 2024 Viñetas desde o Atlántico.