Visita guiada aberta a profesionais e estudantes de arte. Actividade gratuíta.
Prazo de inscrición aberto desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto.
Palexco
10:00 h
Con inscrición previa
Xulia Vicente, gañadora do premio Ignatz en 2022, desenvolverá un taller sobre a narración en viñetas dividido en dúas partes. A primeira abranguerá elipse, tempo e ritmo, secuencialidade externa, secuencialidade interna, forma das viñetas, elementos que empregar, tipos de planos e proxecto de storyboard de 4 páxinas.
Biblioteca de
Estudos Locais
12:00 h
Con inscrición previa
Visita guiada aberta a profesionais e estudantes de arte. Actividade gratuíta.
Prazo de inscrición aberto desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto.
Palacio Municipal
17:00 h
Con inscrición previa
Visita guiada aberta a profesionais e estudantes de arte. Actividade gratuíta.
Prazo de inscrición aberto desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto.
Kiosco Alfonso
10:00 h
Con inscrición previa
Xulia Vicente, gañadora do premio Ignatz en 2022, desenvolverá un taller sobre a narración en viñetas dividido en dúas partes. A segunda incluirá salto de páxina, orde de lectura dos elementos, dirección da acción, localización dos elementos, eixo, dosificación da información, diálogos, batería de exemplos e posta en común dos storyboards.
Biblioteca de
Estudos Locais
12:00 h
Con inscrición previa
Samuel Fernández Ignacio é profesor da Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo. De modo semellante ao deseño gráfico na súa constitución como disciplina autónoma nos comezos do século XX, o cómic xestou un corpus teórico que daba fundamento a unhas prácticas nas que sistematicamente se empregan ferramentas, técnicas e códigos visuais desenvolvidos con anterioridade. Tras un breve percorrido introdutorio pola historia das formas da narración gráfica que, andando os séculos, rematarían na construción da linguaxe da BD contemporánea, neste taller trataranse as diferenzas e similitudes entre artistas e deseñadores que no seu traballo empregan estratexias de comunicación baseadas fundamentalmente nunha secuencia de imaxes.
Biblioteca de
Estudos Locais
12:00 h
Con inscrición previa
Revisión de proxectos de banda deseñada a cargo de editores presentes no festival. Actividade gratuíta aberta a profesionais e estudantes de arte.
Prazo de inscrición aberto desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto.
Circo de Artesáns
10:00 h
Con inscrición previa
Taller centrado na viñeta como ferramenta para contar a realidade desde un posicionamento crítico a través da unión de debuxo e palabra. Comezará cunha aproximación á xenealoxía da viñeta política en España, á que seguirá unha sesión práctica onde se proporán exercicios para experimentar o estilo propio con recursos gráficos específicos relacionados cos modos de facer da relatora, buscando o encontro con problemas de discurso, lexibilidade, lectura formal ou autocensura que obriguen a reformular a creación e propicien a discusión e o diálogo arredor da viñeta.
Plazo de inscrición aberto dende o venres 9 ata o xoves 15 de agosto.
Casa Museo Picasso
17:00 h
Con inscrición previa
Visita guiada aberta a profesionais e estudantes de arte. Actividade gratuíta.
Prazo de inscrición aberto desde o venres 2 ata o venres 9 de agosto.
Sala Salvador
de Madariaga
10:00 h
Con inscrición previa
Encontro para profesionais do sector.
Circo de Artesáns
21:30 h
Con inscrición previa
Encontro reservado para expositores da feira da Rúa da BD.
Circo de Artesáns
14:30 h
Con inscrición previa