Dramatización de tiras clásicas de BD, como percorrido pola historia da banda deseñada cunha introdución lúdica ás claves do cómic. Os Contos de Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral e teatro infantil, creada polo actor, contador de historias e dramaturgo Pablo Sánchez. Nos espectáculos, mestura medios como música, teatro de sombras, vídeo e narración oral.
Para nenos de 3-6 anos.
Biblioteca de Monte Alto
11:00 h
Con inscrición previa
Jorge Campos e Irene Sanjuán (Ágora) e Tonecho Otero (Fórum).
Idades: de 6 a 12 anos.
Jorge Campos presenta «Sabes como se fai unha banda deseñada?», para coñecer as bases do cómic facendo un percorrido pola súa obra e debuxando algúns dos seus personaxes máis carismáticos. Despois, os participantes crearán a súa propia páxina de cómic.
Tonecho Otero presenta «Aventura no planeta dos monstros mutantes delirantes», dirixido á creación de monstros con monecos de plástico despezados, que servirán de modelos para fotografar, debuxar e construír unha historia con eles mediante dinámicas propias dos xogos de mesa e de rol.
Irene Sanjuán presenta «Imos por partes», baseado na técnica do chamado «cadáver exquisito», na que os participantes, a través de diferentes xogos, crearán un debuxo en común, que dará lugar á creación dun superheroe.
Obradoiros en colaboración con campamentos urbanos.
Centros Ágora e Fórum
12:00 h

Biblioteca do Fórum

Animal Farm. Reino Unido-EE. UU., 1956. Cor, 72 min. Dirección: Joy Batchelor, John Halas. Guión: Lothar Wolff, Borden Mace, Joseph Bryan III, John Halas, Joy Batchelor, sobre o libro de George Orwell. Música: Matyas Seiber. Animación. Versión en castelán.
Este clásico da animación é a máis notable das adaptacións da obra de Orwell, que tamén foi adaptada en moitas versións ao cómic.
Teatro Colón
12:00 h
Entrada gratuíta
Persepolis, Francia, 2007. Cor, 95 min. Dirección e guión: Vincent Paronnaud, Marjane Satrapi. Música: Olivier Bernet. Animación. Versión en castelán. Recomendada a maiores de 7 anos.
Adaptación da novela gráfica de Marjane Satrapi, en que rememora a súa infancia en Irán, obtivo o Premio do Xurado no Festival de Cannes.
Teatro Colón
12:00 h
Entrada gratuíta
Dramatización de tiras clásicas de BD, como percorrido pola historia da banda deseñada cunha introdución lúdica ás claves do cómic. Os Contos de Pablísimo é unha compañía especializada en narración oral e teatro infantil, creada polo actor, contador de historias e dramaturgo Pablo Sánchez. Nos espectáculos, mestura medios como música, teatro de sombras, vídeo e narración oral.
Para nenos de 3-6 anos.
Biblioteca de Mesoiro
11:00 h
Con inscrición previa
Fran Amil é un cantante e batería de longa traxectoria na música galega, integrante de grupos míticos como Os Papaqueixos, Ruxe-Ruxe ou Diplomáticos de Monte Alto. No ano 2021 publicou en solitario Popsía. Chuches Amil é un proxecto musical para toda a familia, creado e sustentado por Fran Amil. Neste concerto, Chuches Amil presenta a súa canción Banda deseñada, para poñerlle banda sonora á celebración do Viñetas desde o Atlántico.
Carpa da Rúa da BD
12:00 h
Entrada gratuíta
Zona de xogo de entrada libre PIRATIX en horario de feira
Xardíns de Méndez Núñez, na zona traseira do Copacabana.
Todos os días
De 11 a 14h e de 17 a 21h
Zona de xogo de entrada libre SUPERTHINGS en horario de feira e reparto diario de cómics de Superthings.
Xardíns de Méndez Núñez, na zona traseira do Copacabana.
Todos os días
De 11 a 14h e de 17 a 21h
Sesión de firmas coa presenza de personaxes de Superthings.
Xardíns de Méndez Núñez, na zona traseira do Copacabana.
Martes 13, xoves 15 e sábado 17
18 h
© 2024 Viñetas desde o Atlántico.