Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Mini

Obradoiros de Banda Deseñada

Viñetas desde o Atlántico 2025

Bases e condicións de participación

  1. Os obradoiros son de acceso libre e gratuíto previa inscrición, ata completar as prazas dispoñibles.
  2. As prazas asignaranse por orde de inscrición. A confirmación será enviada por correo electrónico.
  3. Cada obradoiro está dirixido a un público específico, que se indicará claramente na programación. Recoméndase escoller o obradoiro adecuado segundo a idade e a experiencia.
  4. As persoas inscritas comprométense a asistir ao obradoiro no horario previsto. En caso de non poder asistir, prégase comunicar a baixa con antelación para liberar a praza.
  5. A inscrición implica a autorización a participar do menor a cargo, que os datos achegados son certos e a aceptación das condicións da actividade.
  6. A organización poderá tomar fotografías ou vídeos durante os obradoiros para fins divulgativos do festival. A participación implica a aceptación desta condición, salvo indicación expresa en contra.
  7. A organización resérvase o dereito de modificar horarios, espazos ou contidos por razóns organizativas, e comprométese a informar as persoas inscritas de calquera cambio.
Cubre os seguintes datos para formalizar a túa inscrición

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Concello da CoruñaXunta de GaliciaMarca Estrella Galicia 0,0
© 2025 Viñetas desde o Atlántico.