Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Ñam!

Viñetas Ñam! é un minifestival gastronómico que se desenvolverá do 12 ao 18 de agosto en diferentes locais da cidade, con propostas que farán as delicias dos fans da BD que buscan unha experiencia completa durante o festival

Cervezoteca Malte

Prato de Malte

Ofrece nos seus dous locais unha receita inspirada en Corto Maltés, de Hugo Pratt:

Malte Atochas
Praza das Atochas, 8. 15001 - A Coruña
Pastizzi, un dos pratos máis típicos da gastronomía de Malta
Malte Galera
Rúa Galera, 47. 15003 - A Coruña
Kokoda, inspirada no primeiro álbum da serie, Balada do mar salgado

Pulpeira de Melide

Praza de España, 16. Bulevar Campo da Leña. 15001 - A Coruña
Prato da Pulpeira de Melide

Ofrece as Irmás Gilda: unha banderilla de vieira mariñada e encurtidos, aderezada cunha vinagreta de algas, en recordo das populares Leovigilda e Hermenegilda, de Manuel Vázquez.

La Marina by María

Ruela da Estacada, 11. 15001 - A Coruña
Prato de A Marina

Ofrece dúas propostas gastronómicas: 13, Rue del Percebe, un paté de percebe en honor a Francisco Ibáñez; e Doutor Octopus, paté de mar dedicado ao antagonista de Spider-Man.

Lobo

Xardíns de Méndez Núñez
Hamburguesa do Lobo

A foodtruck da Rúa da BD de Viñetas desde o Atlántico, ofrece cinco bocadillos inspirados no cómic americano: Hamburguesa Capitán América, Hamburguesa Lobo, Hamburguesa El Santo, Patatas Green Lantern e Aliñas Antorcha Humana, ademais de cafés e bebidas, de 11.00 a 21.30.

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontalConcello da Coruña
Deputación da CoruñaXunta de Galicia

© 2024 Viñetas desde o Atlántico.

Aviso legal | Protección de datos | Accesibilidade