Do 12 ao 18 de agosto, A Coruña converterase un ano máis en punto de encontro para amantes da banda deseñada coa celebración desta cita internacional de referencia, a primeira baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo, cuxa inauguración terá lugar este luns 12, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso, da man da alcaldesa da Coruña, Inés Rey
O Salón do Cómic da Coruña acollerá un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores
As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves do festival, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos
Durante os sete días de festival, asinarán os seus libros figuras da talla de Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos ou David Rubín
Viñetas 2024 acolle, tamén, as exposicións dos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines do I Premio Autobán, ademais da exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’, que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale
O cinema, o teatro e a música, sempre relacionados co universo da banda deseñada, incorpóranse ao cartel deste Viñetas 2024, que contará con obradoiros para público profesional e infantil e cunha novidosa serie de entrevistas cos autores convidados en formato ‘Late Night Show’ no Teatro Colón, onde participará, tamén, Fermin Muguruza
Como novidade nesta 27ª edición do Viñetas, mañá martes, 13 de agosto, ás 13.00h, no Teatro Colón, terá lugar a inauguración dunha nova figura —a primeira galega— que se suma á colección de personaxes de cómic a tamaño natural da Coruña: Gaspariño, de Xaquín Marín
A Coruña, 12 de agosto de 2024.— Hoxe da comezo a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña. Do 12 ao 18 de agosto, A Coruña converterase un ano máis en punto de encontro para amantes da banda deseñada coa celebración desta cita internacional de referencia, a primeira baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo, cuxa inauguración terá lugar este luns 12, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso, da man da alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega.
O Salón do Cómic da Coruña acollerá un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves do festival, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos.
Durante os sete días de festival, asinarán os seus libros figuras da talla de Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos ou David Rubín, entre moitas outras. Viñetas desde o Atlántico 2024 acollerá, tamén, as exposicións das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán, ademais da exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’, que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale.
Disciplinas como o cinema, o teatro e a música, sempre relacionadas co universo da banda deseñada, incorpóranse ao cartel deste Viñetas 2024, que contará con obradoiros para público profesional e infantil e cunha novidosa serie de entrevistas cos autores convidados en formato ‘Late Night Show’ no Teatro Colón, onde participará, tamén, Fermin Muguruza.
Durante la celebración de Viñetas desde o Atlántico, A Coruña amosa máis dunha vintena de figuras de cómic a tamaño real en emblemáticas localizacións da cidade, como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso. Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López, Carpanta ou Tintín, entre moitos outros. Como novidade nesta 27ª edición do Viñetas, mañá martes, 13 de agosto, ás 13.00h, no Teatro Colón, terá lugar a inauguración dunha nova figura -a primeira galega- que se suma á colección: Gaspariño, de Xaquín Marín.
Este mesmo luns 12, a partir das 18.00h, abrirán tanto a tradicional Rúa da BD de Viñetas como as diferentes exposicións do festival. E, contra ás 21.30h, a sección Viñetas Show botará a andar no Teatro Colón co concerto ilustrado de Sangre de Muérdago, Xulia Vicente e Sekone. Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.
AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
Luns 12 de agosto
Programa oficial Viñetas 2024
18.00h Kiosco Alfonso: Inauguración de Viñetas desde o Atlántico 2024
18.00h Apertura das exposicións de Viñetas 2024 nas diferentes salas oficiais.
21.30h Teatro Colón: Concerto de Sangre de Muérdago, ilustrado por Xulia Vicente e Sekone
Rúa da BD: Actividades
17.00 – 21.00h
Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’ (Xardíns de Méndez Núñez)
Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares (Stand Bibliotecas Municipais da Coruña)
Rúa da BD: Sinaturas
18.00 – 21.00h
Alba López Paredes – A Gata Tola
Doc Pastor - Unrated Cómics
Juanfer Briones - GP Ediciones
18.00h
Artur Laperla - Bang & Mamut Comics
Rafael Jiménez - Cascaborra Ediciones
19.00h
Jordi Bayarri - Anillo de Sirio
Marina Sáez - Garbuix Books
Martes 13 de agosto
Programa oficial Viñetas 2024
10.00h Sala de Exposicións de Palexco: visita guiada pola mostra de Susanna Martín (Viñetas Pro)
11.00h Biblioteca Monte Alto: Os Contos de Pablísimo
12.00h Centro Ágora e Fórum Metropolitano: obradoiros infantís con Jorge Campos, Irene Sanjuán e Tonecho Otero
12.00h Biblioteca de Estudos Locais: obradoiro Linguaxe narrativa na BD, con Xulia Vicente
17.00h Sala de Exposicions do Palacio Municipal: visita guiada pola mostra de Genie Espinosa Martín (Viñetas Pro)
18.00h Kiosko Alfonso: sinaturas de Genie Espinosa, Fermin Muguruza, Susanna Martín e Jorge Campos
21.30h Teatro Colón: ‘Viñetas Late Night’ con Fermin Muguruza e Susanna Martín. Presenta: Javier Trigales
23.00h Teatro Colón: ‘Viñetas Cinema’ Black is Beltza II: Ainhoa
Rúa da BD: Actividades
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’
Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña
11.00h Kiosco Alfonso: Obradoiro Superpataca con Artur Laperla (Bang Ediciones)
13.00h Hall Teatro Colón: Inauguración da figura de Gaspariño
17.00h Kiosco Alfonso: Presentación de Aguagim, con Marina Sáez e Montserrat Terrones (Garbuix Books)
19.30h Kiosco Alfonso: Presentación Novo Caderno de AGPI, con Bernal Prieto (AGPI)
20.00h Kiosco Alfonso: Presentación Rosario Goya, con Fran Jaraba e Javi Montes (Cascaborra Ediciones)
Rúa da BD: Sinaturas
11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h
Alba López Paredes – A Gata Tola
Doc Pastor - Unrated Cómics
Juanfer Briones - GP Ediciones
12.30h Artur Laperla - Bang & Mamut Comics
18.00h Bea Lema - Astiberri Ediciones e Marina Sáez - Garbuix Books
19.00h Fran Jaraba - Cascaborra Ediciones e Jordi Bayarri - Anillo de Sirio
CONTACTO DE PRENSA
The Office Comunicación
Luisa Castiñeira
Tel. 620 113 155
Mail: luisa@theofficeco.es
MÁIS INFORMACIÓN
Home
DESCARGA DO PRESS KIT DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024
© 2024 Viñetas desde o Atlántico.