Viñetas desde o Atlántico pecha con récord de público e con libros de autores esgotados a súa 28º edición

Máis de 120.000 personas participaron desde o 11 ao 17 de agosto nas múltiples actividades realizadas no marco deste festival

O Viñetas desde o Atlántico pecha a súa semana grande con récord de público en todas as actividades organizadas durante a semana do 11 ao 17 de agosto. Foron máis de 120.000 as persoas que se achegaron á feira, tanto ás distintas exposicións que están por toda a cidade, como ás charlas, obradoiros, concertos e outras actividades do festival. Ademais, algúns dos autores convidados ao evento esgotaron edicións dos seus libros nun Viñetas máis ambicioso que en anos anteriores no que tamén houbo máis exposicións e máis autores convidados.

Se pola Rúa da BD pasaron case 80.000 persoas, as varias mostras do Viñetas repartidas por toda a cidade da Coruña non quedaron atrás e acolleron máis de 40.000 visitantes. A de máis afluencia foi a do Quisco Alfonso, que acollía a exposición 'Viñetas e Decibelios' con obras de Víctor Coyote, Azagra e Revuelta, Magius, Miguel B. Núñez, Cols (Olivia e Clara Cábez) e Don Rogelio J. Nas 30 horas que estivo aberta durante a semana do festival, máis de 15.000 persoas pasaron polas súas salas.

Tamén houbo unha grande afluencia, maior que anos anteriores, noutras mostras do festival, especialmente as instaladas no Palexco, ‘Quino na Música', sobre o autor de Mafalda, e 'Astro-Ratón y Bombillita', de Fermín Solís.

Ademais, neste espazo houbo unha grande afluencia de público infantil e xuvenil ao concentrarse nel os obradoiros para os máis pequenos do festival. Destacaron tamén as visitas ás mostras de Dave Cooper, na Casa Museo Picasso; a da Sala Municipal de María Pita, con obras de Inacio e Iván Suárez e as gañadoras dos Premios Castelao 2024, Sandra Lordi e Laura Suárez.

A gran novidade deste festival, o photocall 3D instalado no Palexco, tamén foi todo un éxito. Case 3.200 persoas pasaron polo ScanMeNow para ter a súa foto en 3D con Mafalda e Astro Ratón co cartel oficial do festival de fondo.

O Viñetas 2025 tamén destacou pola masiva participación de público nas sinaturas oficiais cos autores. De feito, algúns deles como o Premio Nacional do Cómic, Magius, ou o reputado artista canadiense Dave Cooper, tiveron longas colas na carpa oficial na busca dunha sinatura. Ademais, obras como Black metal, de Magius, ou a biografía de Buenaventura Durruti, de Carlos Azagra e Encarna Revuelta, esgotáronse en todas as librarías do festival.

“ACERTO COAS PROPOSTAS”

"Estou moi satisfeito co resultado desta edición. Afinamos ben coas propostas, coa selección de autores e coas temáticas abordadas, e isto viuse reflectido nun aumento de afluencia de público dun 20% máis que en 2024”, apunta o director do festival, Manel Cráneo, que destaca o seu empeño en “seguir medrando”.  “Este ano entraron apoios importantes como os que nos brindaron a Xunta de Galicia, a Deputación da Coruña e Estrella Galicia, ademais, obviamente do total apoio do Concello da Coruña.Estamos no camiño”, sinala.

O director do Viñetas tamén salienta as evolucións creativas do festival con novidades como a implementación das novas tecnoloxías. “O Scanmenow fixo ferver a sala de Palexco. Estou agradecido de que Inés Rey e Gonzalo Castro compartan visión comigo respecto a iso”, indicou. “A Coruña é un fervedoiro autoral que debe mirar cara fóra sen perder a nosa identidade e o Viñetas ten que ser a plataforma de lanzamento definitiva do noso talento cara o exterior. Tamén a organización do festival por seccións é un acerto consolidado no que seguiremos pulindo detalles”, engadiu.

Persoa vendo libros nun posto da rúa BD

MÁIS PEZAS E AUTORES

Este Viñetas amosou 1400 pezas entre obra en papel e creación dixital repartida en 21 exposicións. Nesta edición, participaron máis de 70 autores, fronte aos 40 do ano pasado, e preséntanse 20 exposicións, en comparación coas 18 de 2024. Tamén houbo tres concertos de autores de banda deseñada que tamén son músicos, un Late Night Show no Colón e seis obradoiros infantís na Sala Palexco.

Foron preto de 60 actividades entre charlas, faladoiros, talleres ou presentacións e 36 casetas de librarías e editoriais con catro exposicións internacionais con obras de Canadá, Arxentina, Portugal e Francia.

Un neno e una nena lendo un libro na rúa BD do festival de Viñetas desde o Atlántico

VIÑETAS SHOW

Este Viñetas 2025 tamén veu cargado de concertos gráficos e actuacións en vivo, incluíndo o espectáculo de Víctor Coyote e o concerto ilustrado de Hombre Tigre con actuacións de autoras como Anabel Colazo e Raquel Montero, ademais da proxección do documental Quinografía e un Late Night Show con entrevistas a autores, presentado por Neves Rodríguez. “É un formato que é un acerto, que funciona, que á xente lle gusta e polo que seguiremos apostando e impulsando en futuras edicións”, destaca Manel Cráneo.

TALLERES E ESPECTÁCULOS

Ademais, o Viñetas Mini trouxo talleres diarios con autores convidados na Sala Municipal de Palexco, espectáculos nas Bibliotecas Municipais e a tradicional Rúa da BD, que encheu a feira do cómic coa presenza de 35 editoriais e librarías especializadas, con máis de 100 actividades, entre elas sinaturas, charlas, presentacións, visitas guiadas e masterclasses nos Xardíns de Méndez Núñez. Por suposto, tampouco faltaron os talleres e revisión de portafolios por parte de editores na sección Viñetas Pro.

Sandra Lodi e Laura Suárez, ilustradoras: «Hai 28 anos, case todas as temáticas dos cómics eran masculinas»

A nova fornada das ilustradoras galegas: de Superman e Batman a Inés de Castro

As mulleres tamén se abren paso no mundo da banda deseñada de Galicia. De feito, é a nova fornada de autoras a que está colleitando numerosos premios. Premios e galardóns que reivindican con orgullo para destacar a importancia que a muller tamén ten no cómic, un sector que ata hai uns anos era eminentemente masculino.

E ben saben diso Sandra Lodi e Laura Suárez. As dúas teñen varias obras publicadas, así como destacados premios. Sandra obtivo en 2024 o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns e o Premio Castelao de Banda Deseñada, na categoría xeral, pola obra Adelina. Tamén Laura conseguiu en 2024 o Premio Castelao de Banda Deseñada na súa categoría infantil e xuvenil con A raíña cadáver. E as dúas coinciden no cambio de padróns da banda deseñada nos últimos anos.

O propio festival Viñetas desde o Atlántico, referente nos salóns de cómic de Galicia e do Estado, é un bo exemplo disto. «Hai 28 anos, non había case mulleres convidadas. Podía haber unha muller en cada edición e, agora, cambiou completamente a situación», lembra Sandra. Non só a súa participación, senón a temática. «Eran produtos moi dirixidos a homes; Superman, Batman... eran temáticas que quizais ás mulleres non nos interesaban moito», engade.

Ollada feminina

De feito, os seus referentes no mundo do cómic tamén cambiaron e, agora, son mulleres. A mesma opinión comparte Laura, que tamén coincide en que nos últimos anos houbo un cambio de público tamén no mundo da banda deseñada e agora hai unha ollada «máis feminina».

E boa parte deste cambio de tendencias está tamén na visibilización das mulleres, tanto por parte de editoriais como de librarías e, sobre todo, de premios como os Castelao e festivais como o Viñetas desde o Atlántico. «Axuda a que se coñeza o noso traballo», di Laura. As dúas teñen claro que en Galicia hai bo material e boas historias para facer unha boa banda deseñada.

Temática histórica, como a utilizada por Laura para recuperar a figura de Inés de Castro, esa galega raíña póstuma de Portugal. «A banda deseñada é unha grande oportunidade para dar a coñecer a personaxes históricos do noso país», destaca, «sobre todo, tamén, para o público infantil e xuvenil, aos que penso que pode atraer o tema de ver unha raíña de esqueleto, que pode chamar a atención, e a vez están aprendendo algo».

Sandra, pola súa banda, tira de personaxes femininos da vida cotiá, como a súa Adelina, «unha muller co seu temperamento, que quere fuxir dunha residencia de anciáns». «O que quero é lanzar reflexións sobre o que sucede o día a día a través do humor», asegura.

Historias «con honestidade»

De feito, as dúas creadoras teñen claro que hai que utilizar temáticas interesantes para enganchar ao público. «Cando ti tes interese na historia que estás a facer, esta xa flúe», di Laura. «Ao final, é un adestramento, coma o dun ximnasio. Se ti estás a gusto con que fas e o contas con amor e con honestidade, vas chegar á xente», apunta Sandra.

Por iso, aconsellan ás novas creadoras que conten historias con corazón e confíen no seu instinto. «Hai que seguir a voz dunha mesma», conclúen.

Sandra Lodi

Sandra Lodi (Lugo, 1990). Ilustradora, deseñadora e artista plástica. Estudou Belas Artes en Salamanca. Publica na revista Mongolia e no semanario en liña El Estafador, así como noutros xornais. En 2019 foi premiada co segundo premio Curuxa de Humor Gráfico. En 2024 obtivo o Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado coa obra Papóns (Galaxia, 2024) e o Premio Castelao de Banda Deseñada, na categoría xeral, pola obra Adelina.

Laura Suárez

Laura Suárez na visita guiada de Viñetas desde o Atlántico 2025

Laura Suárez (Dumbría, A Coruña, 1994). Estudou Belas Artes na Universitat Politècnica de València e cursou un mestrado en cómic e ilustración na escola Elisava de Barcelona. En 2019 publicou o libro de BD Los cuentos de la niebla (Dibbuks). É autora do libro ilustrado Monte Pindo. Historias de lendas do olimpo celta (Galaxia, 2021) e da serie de cómic infantil Monster Support Group (Flying Eye Books, 2023). En 2024 conseguiu o Premio Castelao de Banda Deseñada na súa categoría infantil e xuvenil con A raíña cadáver.

Grande éxito nas sesións de sinaturas do Viñetas desde o Atlántico

Longas colas e ambiente festivo na carpa da RúaBD para coñecer a Magius, Don Rogelio J e Dave Cooper, protagonistas das sinaturas desta tarde no Viñetas desde o Atlántico

As sesións de sinaturas do Festival Viñetas desde o Atlántico volveron converterse nun dos puntos máis concorridos da programación. Esta tarde, a carpa da Rúa da BD  encheuse de afeccionados e afeccionadas que fixeron longas colas para conseguir a sintura e un debuxo personalizado de Magius, Don Rogelio J e Dave Cooper. O ambiente festivo e a proximidade dos autores co público fixeron destas sinaturas unha das citas máis destacadas da xornada, que se completou tamén con encontros con outros autores nos propios stands das librarías e editoriais participantes.

A programación deste mércores incluíu, pola mañá, a presentación de Historias do páramo con Alexandre Senande e Pjota, o obradoiro profesional Espada y pluma con Jorge Esteban Urabayen, a presentación de Sentinelas da lúa carmesí e Sentinelas no limiar das tebras con Andrés Castro, Ozo Perozo e Alexandre Senande, así como a visita guiada á exposición dos XIX Premios Castelao. Xa pola tarde, o público puido gozar do cine con Quinografía, do contacontos ilustrado con Juan Rodríguez e do espectáculo Viñetas Late Night «Música & BD» con Magius, Fermín Solís e Don Rogelio J. Mañá, xoves 14, as sinaturas na RúaBD reunirán a Dave Cooper, Magius, Clara e Olivia Cábez, Miguel B. Núñez, Víctor Coyote, Carlos Azagra e Encarna Revuelta, e este venres e sábado repetirán estes mesmos autores aos que se unirá Fermín Solís.

Chega á Coruña o photocall 3D, a novidade doViñetas para saír retratado xunto a Mafalda

Trátase dun servizo gratuíto de fotos en 3D que estará na expo ‘Quino na música’ durante toda esta semana

Experiencia cuasi inmersiva. A exposición ‘Quino na música’ acolle un ‘Photocall 3D’ que é a primeira vez que se pode ver nunha grande exposición de cómic en España. As e os visitantes que se acheguen a esta mostra poderán sacar fotos 3D con Mafalda e Astro Ratón, a personaxe creada polo ilustrador Fermín Solís, grazas ao escáner de última xeración ScanMeNow.

Este aparello conta con 120 cámaras e reproduce fotos tridimensionais que os asistentes poden descargar a través dun código QR. É un aporte de Turismo da Coruña ao festival Viñetas desde o Atlántico dentro da súa estratexia de sostebinilidade. “É a primeira vez que esta tecnoloxía se utiliza nunha gran exposición do cómic en España”, destacou Manel Cráneo.

ScanMeNow é un sistema de fotografía inmersivo composto por máis dun cento de cámaras que se conectan aos correspondentes microprocesadores para sacar unha foto en 360º dunha persoa que se introduce dentro do módulo do trebello 3D. Esta imaxe logo se procesa a través de intelixencia artificial para dar lugar a unha fotografía en 3D. “A idea
é poder levar unha lembranza virtual dun mesmo”, apunta Manuel Meijide, o responsable
de ScanMeNow.

Para iso, as persoas que decidan facerse a foto recibirán un código QR a través do que terán que meter os seus datos –nome e corres electrónicos-- e, unhas horas despois, recibirán por e-mail a súa imaxe en 3D. Este innovador sistema de realidade aumentada estará durante toda esta semana no Palexco, á entrada da exposición ‘Quino na música’.

QUINO E MAFALDA

O ScanMeNow atópasa á entrada da exposición ‘Quino na música’, unha homenaxe sen precedentes á obra do debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado Tejón, Quino (1932–2020), centrada na súa relación fonda e constante coa música. A mostra, aberta ao público dende xuño na sala de exposicións do Palexco, poderá visitarse ata o 21 de
setembro.

Con máis dun cento de debuxos orixinais, entre eles tiras publicadas dende os anos cincuenta ata finais dos noventa, ‘Quino na música’ amosa como a música —do tango ao rock, da música clásica ao pop— está presente en toda a traxectoria do autor. Dende o amor de Mafalda polos Beatles ata a crítica á censura ou aos poderes establecidos a través da música, a exposición permite redescubrir a riqueza expresiva, estética e ideolóxica dunha das voces máis singulares do humor gráfico contemporáneo.

PROGRAMACIÓN DE MAÑÁ, XOVES

O Festival Internacional da Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico afronta este xoves 14 de agosto unha nova xornada cargada de actividades para todos os públicos.

Pola mañá, a Rúa da Banda Deseñada acollerá ás 11:00 horas a charla Pedro Pico & Pico Vena. Historias del punk, con Carlos Azagra e Encarna Revuelta. Ás 12:00 horas, o mesmo espazo será escenario da charla Ética, respecto e compromiso na edición de cómics, a cargo de Emilio e Iris Bernárdez; á mesma hora, na Biblioteca Municipal de Estudos Locais, Adrián Prado impartirá un obradoiro de deseño e debuxo de personaxes con análise de portafolios profesionais (inscrición previa). Tamén ás 12:00 e ás 13:00 horas, a Sala Palexco acollerá dous obradoiros infantís Con permiso de Quino. Aprende a debuxar a Mafalda, dirixidos a nenos e nenas de 7 a 9 e de 10 a 11 anos, respectivamente, con Alberto Díaz. A mañá completarase ás 13:00 horas na Rúa da Banda Deseñada coa charla Cómic & Rock en Malasaña, con Clara e Olivia Cábez e Miguel B. Núñez.

Xa pola tarde, ás 17:00 horas, haberá un novo obradoiro Con permiso de Quino para público a partir de 12 anos na Sala Palexco, mentres que na Rúa da Banda Deseñada terá lugar unha sesión de sinaturas con Dave Cooper, Magius, Clara e Olivia Cábez, Miguel B. Núñez, Víctor Coyote, Carlos Azagra e Encarna Revuelta. Ás 18:30 horas presentarase A mansión misteriosa, de Marcos B., e ás 19:30 horas, Muérdete la lengua, por (en inglés e sen intérprete). O Teatro Colón acollerá ás 21:00 horas o concerto ilustrado coa banda Hombre Tigre e as autoras Anabel Colazo e Raquel Montero. A xornada rematará ás 23:30 horas na Sala Mardi Gras co Cols DJ Set, a cargo de Clara e Olivia Cábez.

«Quino foi o noso tío, pero tamén unha xanela ao mundo»: os sobriños do autor de Mafalda revelan o seu lado máis humano

Guillermo e Diego Lavado comparten recordos familiares e detalles inéditos da obra e personalidade do creador de Mafalda na mostra ‘Quino na música’, aberta en Palexco ata o 21 de setembro

A Coruña, 01/07/2025 – «Era un tío internacional que volvía de Europa cargado de mundo». Así era o debuxante Joaquín Salvador Lavado Tejón —Quino—, autor da universal Mafalda. Precisamente, na exposición Quino na música, que se pode visitar estas semanas en Palexco (A Coruña) como parte do festival Viñetas desde o Atlántico, a mirada íntima de dous sobriños do artista, Guillermo e Diego Lavado, engádelle unha nova capa de lectura á obra do xenio do humor gráfico. Ademais de seren comisarios da exposición e depositarios da súa memoria familiar, os irmáns Lavado relatan nesta entrevista a dimensión máis humana, próxima e afectiva do seu tío.

«Foi moi próximo para todos nós. Non tivo fillos, así que dalgún xeito ocupamos ese lugar», recorda Guillermo. «Era un home moi observador, tanto cos nenos como cos detalles do mundo que o rodeaba», engade. Esa capacidade de observación, que lle servía para construír situacións cheas de humor, ironía ou crítica social, víase tamén nas relacións familiares: «Tiñamos con el unha relación que cambiaba co tempo, desde unha infancia sensorial ata unha adolescencia chea de cine, música e conversas profundas».

Diego subliña que Quino era tamén unha ponte cara ao exterior: «Nós viviamos nunha vila de Mendoza, e el traía os discos dos Beatles, dos Rolling Stones, noticias, cultura... Era un tío internacional que volvía de Europa cargado de mundo».

A cea co obreiro

Un dos momentos máis emotivos do testemuño é o recordo da súa reacción tras recibir o Premio Príncipe de Asturias en 2014: «Despois de rexeitar varias invitacións, decidiu ir cear cun obreiro que lle reformara o seu piso de Madrid anos antes. Fíxolle un debuxo e dedicoullo. Ese era el: humano, agradecido, sinxelo».

Na exposición, Diego tamén lembra a importancia da obra manual do artista: «Todo o que se ve colgado é da súa man. Non usaba ordenador, cada trazo é seu, feito cunha plumiña. Iso, hoxe, emociona». Entre os obxectos que gardan como verdadeiros tesouros están os seus lentes, os seus lapis e as súas ferramentas de debuxo.

Sobre os personaxes de Mafalda, Guillermo asegura que «todos teñen un 90 % de Quino», desde Felipe e Manolito ata Susanita. Guille, o máis novo da tira, está inspirado no propio Guillermo Lavado, o sobriño, pero el recoñece que nunca falaron diso directamente por «pudor familiar».

Finalmente, reflexionan sobre o papel da música na obra do seu tío: «Para Quino e para Alicia —a súa esposa—, a música foi central. Eran melómanos. Hai viñetas con referencias técnicas á música de cámara, á dirección orquestral, aos conflitos do intérprete. Todo iso faino cun coñecemento e unha sensibilidade que parecen os dun músico profesional», sinala Diego.

A mostra Quino na música pode visitarse en Palexco (A Coruña) ata o 21 de setembro, como parte da programación do festival Viñetas desde o Atlántico 2025. Comisariada por Judith Gociol e Guillermo Lavado, e producida inicialmente polo festival Còmic Nostrum de Palma de Mallorca, esta é a primeira vez que se presenta na Península, da man de Viñetas desde o Atlántico.

Yeyei Gómez, Marc Torices e Marcello Quintanilha protagonizan a derradeira sesión do ‘Viñetas Late Night’ este venres 16 no Teatro Colón, onde antes se proxectará o filme ‘Tungsteno’

Este venres, 16 de agosto, chégalle tamén o seu turno á primeira das dúas xornadas do Festival de Autoedición Autobán, que celebra o seu 10º aniversario no Circo de Artesáns cun programa que inclúe a entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego (17.30h), o seu xa tradicional Autobombo (18.00h) e o Combate de debuxantes (19.30h)

A Rúa da BD que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD acollerá presentacións de libros, faladoiros e o espectáculo de teatro infantil Moby Dick, da compañía Pedras de Cartón, que poderá verse ás 12.00h nos Xardíns de Méndez Núñez

No Kiosco Alfonso, ás 18.00h, os autores convidados de Viñetas 2024 Marc Torices, Lucas Varela, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, sucederanse mais dunha trintena de sinaturas de figuras como David Rubín, Paula Cheshire, Alicia Jaraba ou Xulia Pisón, entre moitas outras

A Coruña, 15 de agosto de 2024.— A 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico entra na súa recta final. Yeyei Gómez, Marc Torices e Marcello Quintanilha protagonizan a derradeira sesión do ‘Viñetas Late Night’ este venres, 16 de agosto, ás 23.00h, no Teatro Colón, onde antes, ás 21.30h, se proxectará o filme ‘Tungsteno’.

Este venres, 16 de agosto, chégalle tamén o seu turno á primeira das dúas xornadas do Festival de Autoedición Autobán, que celebra o seu 10º aniversario no Circo de Artesáns cun programa que inclúe a entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego (17.30h), o seu xa tradicional Autobombo (18.00h) e o Combate de debuxantes (19.30h).

A Rúa da BD —que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá presentacións de libros, faladoiros e o espectáculo de teatro infantil Moby Dick, da compañía Pedras de Cartón, que poderá verse ás 12.00h nos Xardíns de Méndez Núñez.

No Kiosco Alfonso, ás 18.00h, os autores convidados de Viñetas 2024 Marc Torices, Lucas Varela, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, sucederanse mais dunha trintena de sinaturas de figuras como David Rubín, Paula Cheshire, Alicia Jaraba ou Xulia Pisón, entre moitas otras.

Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.

AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

Venres 16 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

10.00h Circo de Artesáns: revisión portafolios por editores

11.00h Biblioteca Mesoiro: Os contos de Pablísimo

12.00h Biblioteca de Estudos Locais: obradoiro Deseño gráfico e BD, por Samuel Fernández

17.00h Casa Museo Picasso: obradoiro de Yeyei Gómez

18.00h Desde a praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez: Pasarrúas, con Pulpiño Viascón

18.00h Kiosco Alfonso: sinaturas de Marc Torices, Lucas Varela, Kundo Krunch, Marcello Quintanilha e Manuel L. Poy

21.30h Teatro Colón: ‘Viñetas Late Night’ con Yeyei Gómez, Marc Torices e Marcello Quintanilha. Presenta: Neves Rodríguez

23.00h Viñetas Cinema: Tungsteno

Autobán, Festival de Autoedición

Circo de Artesáns

17.30h Entrega do I Premio Autobán ao Mellor Fanzine Galego

18.00h Autobombo

19.30h Combate de debuxantes

Rúa da BD: Actividades

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña

11.00h Kiosco Alfonso: presentación dos Premios Castelao de Banda Deseñada 2023, con Paula Mayor e Cristina F. Caruncho (Deputación da Coruña)

12.00h Xardíns de Méndez Núñez: espectáculo ‘MobyDick’, da Compañía Pedras de Cartón (Galgo Azul Espazo Cultura)

13.00h Kiosco Alfonso: presentación Carne para cans, con Kundo Krunch e Manuel L. Poy (Demo Editorial)

17.00h Kiosco Alfonso: presentación Unboxing Pandora e Frontier, con Guillermo Morales (Grafito Editorial)

19.00h Kiosco Alfonso: faladoiro Celebración do 45º aniversario de ‘El Víbora’, con Emilio Bernárdez (Ediciones La Cúpula)

20.00h Kiosco Alfonso: faladoiro Cartem, a viaxe desde os manuscritos medievais ás ‘SpanishBombs’, con Daniel Díez, Frankman Román e César Verdúguez (Cartem)

Rúa da BD: Sinaturas

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Doc Pastor - Unrated Cómics e Juanfer Briones - GP Ediciones

12.00h Bruno López (erre) – AGPI, David Braña - Unrated Comics, Kundo Krunch - Demo Editorial e María Jiménez - Fandogamia Editorial

12.30h Marcello Quintanilha - Astiberri Ediciones e Paula Cheshire - Libraría Paz

13.00h David Rubín - Alita Cómics e Frankman Román - Cartem

17.00h Alicia Jaraba - Nuevo Nueve, Álvaro Ortiz - Astiberri Ediciones, Frankman Román – Cartem e Víctor L. Pinel - Nuevo Nueve

18.00h Afra Torrado - Libraría Paz, Alexandre Senande e Andrés Castro - A Gata Tola, Andrés Garrido – Cartem, César Verdúguez – Cartem, David Braña - Unrated Comics, Iria Aldegunde - Metrópolis Cómics, Lola Garcerá e Pío Barreiro - Demo Editorial, Lorena Varea - Dolmen Editorial, María Jiménez - Fandogamia Editorial e Mariano Casas - Komic Librería

18.30h Abel Álvarez - Cósmica Editorial

19.00h David Braña - Cósmica Editorial, David Rubín - Astiberri Ediciones, Jordi Bayarri - Anillo de Sirio e Paula Cheshire - Alita Cómics

19.30h Diego Ameixeiras e Tomás Guerrero - Libraría Paz e Xulia Pisón - Komic Librería

CONTACTO DE PRENSA

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira

Tel. 620 113 155

Mail: luisa@theofficeco.es

MÁIS INFORMACIÓN

Home

DESCARGA DO PRESS KIT DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

https://cutt.ly/vinetas-desde-o-atlantico-2024

A proxección do filme de animación ‘Persépolis’ e o ‘Viñetas Late Night’ cos autores internacionais Kundo Krunch e Lucas Varela protagonizan unha nova xornada de Viñetas desde o Atlántico este xoves 15

Ao longo do día, o público poderá gozar libremente das mostras de Viñetas Expo nas sedes oficiais do festival: Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso e Centro Ágora; e tamén das exposicións paralelas nas sedes colaboradoras: Circo de Artesáns, A. C. Alexandre Bóveda, Cervezoteca Malte, Pulpeira de Melide e Bar 13

No marco das seccións Viñetas Show e Viñetas Mini, ás 12.00h, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o Teatro Colón acollerá a proxección da película de animación para todos os públicos baseada no cómic da gañadora do Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2024 Marjane SatrapiPersépolis, sobre a revolución islámica iraniana vista desde os ollos dunha nena que asiste atónica ao cambio

A Rúa da BD que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas últimas novidades e os grandes clásicos do universo da BD acollerá diferentes presentacións de libros e faladoiros, entre eles, un con Adrián Suárez Mouriño, de Astora Cómics, sobre a influencia do cómic nos videoxogos

No Kiosco Alfonso, ás 18.00h, os autores convidados de Viñetas 2024 Lucas Varela, Kundo Krunch e Yeyei Gómez firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editoriais, sucederanse as sinaturas de figuras como Miguel Robledo, María Brenn ou Pedro F. Medina, entre moitas outras

A Coruña, 14 de agosto de 2024. A proxección do filme de animación ‘Persépolis’ e o ‘Viñetas Late Night’ cos autores internacionais Kundo Krunch e Lucas Varela —que terá lugar no Teatro Colón, ás 21.30h— protagonizan unha nova xornada de Viñetas desde o Atlántico este xoves 15 de agosto.

Ao longo do día, o público poderá gozar libremente das mostras de Viñetas Expo nas sedes oficiais do festival: Kiosco Alfonso, Palexco, Palacio de María Pita, Sala Salvador de Madariaga, Casa Museo Picasso e Centro Ágora; e tamén das exposicións paralelas nas sedes colaboradoras: Circo de Artesáns, A. C. Alexandre Bóveda, Cervezoteca Malte, Pulpeira de Melide e Bar 13.

No marco das seccións Viñetas Show e Viñetas Mini, ás 12.00h, con entrada libre ata completar a capacidade da sala, o Teatro Colón acollerá a proxección da película de animación para todos os públicos baseada no cómic da gañadora do Premio Princesa de Asturias de Comunicación e Humanidades 2024 Marjane Satrapi ‘Persépolis’, sobre a revolución islámica iraniana vista desde os ollos dunha nena que asiste atónica ao cambio.

A Rúa da BD —que permanecerá aberta de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00h para que o público poida facerse coas últimas novidades e os grandes clásicos do universo da BD— acollerá diferentes presentacións de libros e faladoiros, entre eles, un con Adrián Suárez Mouriño, de Astora Cómics, sobre a influencia do cómic nos videoxogos.

No Kiosco Alfonso, ás 18.00h, os autores convidados de Viñetas 2024 Lucas Varela, Kundo Krunch e Yeyei Gómez firmarán exemplares dos seus libros, mentres que na Rúa da BD, nos stands das diferentes editorias, sucederanse as sinaturas de figuras como Miguel Robledo, María Breen ou Pedro F. Medina, entre moitas outras.

Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.

AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

Xoves 15 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

12.00h Teatro Colón: Viñetas Cinema Familiar – Persépolis

18.00h Desde a praza de María Pita ata os Xardíns de Méndez Núñez: Pasarrúas, con Pulpiño Viascón

18.00h Kiosco Alfonso: sinaturas de Lucas Varela, Kundo Krunch e Yeyei Gómez

21.30h Teatro Colón: ‘Viñetas Late Night’ con Kundo Krunch e Lucas Varela. Presenta: Neves Rodríguez

a da BD: Actividades

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña

12.00h Kiosco Alfonso: Obradoiro Descubre os segredos da evolución da vida no planeta, con Montserrat Terrones (Garbuix Books)

13.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro Asalto ao tren de Glasgow, entre a documentación e a acción, con Abel Álvarez (Cósmica Editorial)

17.00h Kiosco Alfonso: Presentación Gloria. Todo é obra de artistas, con Antón Malde (Komic Librería)

19.00h Kiosco Alfonso: Presentación Nikuda, con Pedro F. Medina (Dandogamia Ediciones)

20.00h Kiosco Alfonso: Faladoiro A influencia do cómic nos videoxogos: a conexión KentaroMiura e HidetakaMiyazaki, con Adrián Suárez Mouriño (Astora Cómics)

a da BD: Sinaturas

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Doc Pastor - Unrated Cómics e Juanfer Briones - GP Ediciones

12.30h Miguel Robledo - Alita Cómics

18.00h Andrés Garrido – Cartem, José Malvárez Carleos - A Gata Tola, Lola Garcerá e Pío Barreiro - Komic Librería, Manel Cráneo e Xavier Alcalá - Demo Editorial, María Jiménez - Fandogamia Editorial e Miguel Robledo - Astiberri Ediciones

18.30h Ana Moreiras - Libraría Paz

19.00h Jordi Bayarri - Anillo de Sirio, Lola Garcerá e Pío Barreiro - Demo Editorial, María Brenn - Metrópolis Cómics e Xulia Vicente - Alita Cómics

19.30h Iria Aldegunde - Libraría Paz

20.00h Pedro F. Medina - Fandogamia Editorial

CONTACTO DE PRENSA

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira

Tel. 620 113 155

Mail: luisa@theofficeco.es

IS INFORMACIÓN

Home

DESCARGA DO PRESS KIT DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

https://cutt.ly/vinetas-desde-o-atlantico-2024

Hoxe da comezo a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña

Do 12 ao 18 de agosto, A Coruña converterase un ano máis en punto de encontro para amantes da banda deseñada coa celebración desta cita internacional de referencia, a primeira baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo, cuxa inauguración terá lugar este luns 12, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso, da man da alcaldesa da Coruña, Inés Rey

O Salón do Cómic da Coruña acollerá un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores

As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves do festival, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos

Durante os sete días de festival, asinarán os seus libros figuras da talla de Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos ou David Rubín

Viñetas 2024 acolle, tamén, as exposicións dos gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines do I Premio Autobán, ademais da exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’, que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale

O cinema, o teatro e a música, sempre relacionados co universo da banda deseñada, incorpóranse ao cartel deste Viñetas 2024, que contará con obradoiros para público profesional e infantil e cunha novidosa serie de entrevistas cos autores convidados en formato ‘Late Night Show’ no Teatro Colón, onde participará, tamén, Fermin Muguruza

Como novidade nesta 27ª edición do Viñetas, mañá martes, 13 de agosto, ás 13.00h, no Teatro Colón, terá lugar a inauguración dunha nova figura —a primeira galega— que se suma á colección de personaxes de cómic a tamaño natural da Coruña: Gaspariño, de Xaquín Marín

A Coruña, 12 de agosto de 2024. Hoxe da comezo a 27ª edición de Viñetas desde o Atlántico, o Salón Internacional do Cómic da Coruña. Do 12 ao 18 de agosto, A Coruña converterase un ano máis en punto de encontro para amantes da banda deseñada coa celebración desta cita internacional de referencia, a primeira baixo a dirección do autor coruñés Manel Cráneo, cuxa inauguración terá lugar este luns 12, ás 18.00h, no Kiosco Alfonso, da man da alcaldesa da Coruña, Inés Rey; o concelleiro de Cultura e Turismo do Concello da Coruña, Gonzalo Castro; e o director do festival, Manel Cráneo, que estarán arroupados polos autores e autoras convidados desta nova edición de Viñetas, ademais de outros artistas participantes e entidades colaboradoras, expositores e diferentes profesionais do sector da BD galega.

O Salón do Cómic da Coruña acollerá un total de 18 exposicións, máis de 100 sesións de sinaturas, a mostra dos traballos de máis de 40 autoras e autores galegos, unha vintena de editores de toda España presentes na Coruña durante o evento e máis de 30 actividades na Rúa da BD, que contará cun total de 36 expositores. As temáticas sociais, a internacionalización e a aposta pola banda deseñada independente e experimental son as claves do festival, que dedicará exposicións monográficas a Genie Espinosa, Lucas Varela, Marcello Quintanilha, Kundo Krunch, Susanna Martín, Marc Torices, Yeyei Gómez e Jorge Campos.

Durante os sete días de festival, asinarán os seus libros figuras da talla de Artur Laperla, Paula Cheshire, Miguel Robledo, Bea Lema, Martín Romero, Fran Jaraba, Jordi Bayarri, Emma Ríos ou David Rubín, entre moitas outras. Viñetas desde o Atlántico 2024 acollerá, tamén, as exposicións das firmas gañadoras do Premio Castelao de Banda Deseñada 2023, Paula Mayor e Cristian F. Caruncho, e a mostra dos fanzines presentados ao I Premio Autobán, ademais da exposición colectiva ‘Toriyama en Galicia’, que lle rende homenaxe ao autor de personaxes xa míticos do noso imaxinario como Son Goku ou Arale.

Disciplinas como o cinema, o teatro e a música, sempre relacionadas co universo da banda deseñada, incorpóranse ao cartel deste Viñetas 2024, que contará con obradoiros para público profesional e infantil e cunha novidosa serie de entrevistas cos autores convidados en formato ‘Late Night Show’ no Teatro Colón, onde participará, tamén, Fermin Muguruza.

Durante la celebración de Viñetas desde o Atlántico, A Coruña amosa máis dunha vintena de figuras de cómic a tamaño real en emblemáticas localizacións da cidade, como os Xardíns de Méndez Núñez, a Praza de María Pita, o Obelisco ou o Kiosco Alfonso. Entre estes personaxes de historieta non faltan nomes míticos do cómic universal como Mortadelo e Filemón, Batman, Pitufina, Capitán Trueno, Torpedo, Joker, Spider-Man, Corto Maltés, Súper López, Carpanta ou Tintín, entre moitos outros. Como novidade nesta 27ª edición do Viñetas, mañá martes, 13 de agosto, ás 13.00h, no Teatro Colón, terá lugar a inauguración dunha nova figura -a primeira galega- que se suma á colección: Gaspariño, de Xaquín Marín.

Este mesmo luns 12, a partir das 18.00h, abrirán tanto a tradicional Rúa da BD de Viñetas como as diferentes exposicións do festival. E, contra ás 21.30h, a sección Viñetas Show botará a andar no Teatro Colón co concerto ilustrado de Sangre de Muérdago, Xulia Vicente e Sekone. Na páxina web oficial do festival, www.vinetasdesdeoatlantico.com, é posible consultar a axenda de actividades, os horarios e a información completa desta 27ª edición do festival.

AXENDA DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

Luns 12 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

18.00h Kiosco Alfonso: Inauguración de Viñetas desde o Atlántico 2024

18.00h Apertura das exposicións de Viñetas 2024 nas diferentes salas oficiais.

21.30h Teatro Colón: Concerto de Sangre de Muérdago, ilustrado por Xulia Vicente e Sekone

Rúa da BD: Actividades

17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’ (Xardíns de Méndez Núñez)

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares (Stand Bibliotecas Municipais da Coruña)

Rúa da BD: Sinaturas

18.00 – 21.00h

Alba López Paredes – A Gata Tola

Doc Pastor - Unrated Cómics

Juanfer Briones - GP Ediciones

18.00h

Artur Laperla - Bang & Mamut Comics

Rafael Jiménez - Cascaborra Ediciones

19.00h

Jordi Bayarri - Anillo de Sirio

Marina Sáez - Garbuix Books

Martes 13 de agosto

Programa oficial Viñetas 2024

10.00h Sala de Exposicións de Palexco: visita guiada pola mostra de Susanna Martín (Viñetas Pro)

11.00h Biblioteca Monte Alto: Os Contos de Pablísimo

12.00h Centro Ágora e Fórum Metropolitano: obradoiros infantís con Jorge Campos, Irene Sanjuán e Tonecho Otero

12.00h Biblioteca de Estudos Locais: obradoiro Linguaxe narrativa na BD, con Xulia Vicente

17.00h Sala de Exposicions do Palacio Municipal: visita guiada pola mostra de Genie Espinosa Martín (Viñetas Pro)

18.00h Kiosko Alfonso: sinaturas de Genie Espinosa, Fermin Muguruza, Susanna Martín e Jorge Campos

21.30h Teatro Colón: ‘Viñetas Late Night’ con Fermin Muguruza e Susanna Martín. Presenta: Javier Trigales

23.00h Teatro Colón: ‘Viñetas Cinema’ Black is Beltza II: Ainhoa

Rúa da BD: Actividades

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Zonas de xogo infantil ‘Piratix’ e ‘Superthings’

Xogo Canto sabes de cómic e préstamo de exemplares – Stand Bibliotecas Municipais da Coruña

11.00h Kiosco Alfonso: Obradoiro Superpataca con Artur Laperla (Bang Ediciones)

13.00h Hall Teatro Colón: Inauguración da figura de Gaspariño

17.00h Kiosco Alfonso: Presentación de Aguagim, con Marina Sáez e Montserrat Terrones (Garbuix Books)

19.30h Kiosco Alfonso: Presentación Novo Caderno de AGPI, con Bernal Prieto (AGPI)

20.00h Kiosco Alfonso: Presentación Rosario Goya, con Fran Jaraba e Javi Montes (Cascaborra Ediciones)

Rúa da BD: Sinaturas

11.00 – 14.00 e 17.00 – 21.00h

Alba López Paredes – A Gata Tola

Doc Pastor - Unrated Cómics

Juanfer Briones - GP Ediciones

12.30h Artur Laperla - Bang & Mamut Comics

18.00h Bea Lema - Astiberri Ediciones e Marina Sáez - Garbuix Books

19.00h Fran Jaraba - Cascaborra Ediciones e Jordi Bayarri - Anillo de Sirio

CONTACTO DE PRENSA

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira

Tel. 620 113 155

Mail: luisa@theofficeco.es

MÁIS INFORMACIÓN

Home

DESCARGA DO PRESS KIT DE VIÑETAS DESDE O ATLÁNTICO 2024

https://cutt.ly/vinetas-desde-o-atlantico-2024