A eclipse «cóase» na actividade do Viñetas a través de charlas e exposicións

A terceira xornada do festival tivo un horario especial de peche nos stands da Rúa BD e encheu a mañá de propostas culturais e científicas

A Coruña.— O inevitable protagonismo da eclipse tamén se fixo oco na terceira xornada do Viñetas desde o Atlántico. Así, a programación da Rúa BD do día 12 abriuse coa presentación do libro Einstein, Eddington e a eclipse, de Ana Simões e Ana Matilde Sousa, no mesmo proxecto que Rumo ao eclipse, recente Prémio Nacional de Banda Desenhada en Portugal.

E, sen afastarse do mesmo eido, a autora coruñesa Xulia Pisón ofreceu unha charla baixo o nome Perségueme a ciencia, na que foi debullando a súa carreira profesional e revelando as diferentes formas en que o eido científico e o artístico se foron mesturando nas súas obras ao longo dos anos. Nesta liña, destaca a súa colección de tres volumes de divulgación científica Microalgas. Pisón é unha das autoras participantes na exposición colectiva acerca da eclipse que forma parte da programación do Viñetas e que se pode visitar na Casa das Ciencias ata o 27 de setembro.

Na carpa da Rúa BD non hai descanso, así que, apenas uns minutos despois, o ilustrador francés Troubs —Jean-Mac Troubet— falou do seu traballo, con Jorge Esteban Jorgiot. Na conversa, Troubs destacou o impacto que o seu traballo, xunto con Edmond Baudoin, tivo entre a comunidade migrante, que retrataron primeiro en Ciudad Juárez (México) e logo en Colombia e na fronteira entre Italia e Francia, concretamente no val do río Roya. De feito, lembrou as súas vivencias durante a realización da súa obra Humanos. A Roya é um rio, na que relata como a veciñanza francesa dese val acolleu os migrantes e como foi a súa convivencia. Subliñou o papel que tivo un deles, Cédric, que chegou a albergar no seu terreo a case 200 persoas.

Miguel Robledo nunha entrevista de Viñetas desde o Atlántico

A mañá pechouse coa charla que revisou a traxectoria artística do autor do cartel do Viñetas deste ano, Miguel Robledo. Nesta conversa que mantivo con Henrique Torreiro, o público asistente descubriu todos os detalles da carreira deste polifacético autor ourensán, cunha longa traxectoria no eido da ilustración, a animación, os fanzines e a dirección artística, que se estreou hai un par de anos coa autoría de novela gráfica, da man do guionista David Muñoz, co álbum Territorio.

Na xornada do mércores, as actividades e as casetas da Rúa BD pararon ás 15.00 horas en horario especial no día da eclipse.

«España segue no limbo da ‘Eneida’: mentres haxa corpos nas cunetas, curaremos a ferida en falso»

«Oxalá tirasen ‘chocolatinas’ en vez de bombas», comentaba Gabriel León nunha das cartas que mandaba á súa familia mentres estaba na batalla do Ebro.

A Coruña.— Aquí donde estoy é unha novela gráfica de memoria histórica que nace do achado casual de 54 cartas reais escritas desde a fronte por Gabriel León, supervivente da «quinta do biberón». Nesta entrevista, a guionista María Castro Hernández e o debuxante Tyto Alba analizan o proceso creativo dunha obra editada por Astiberri que combina o humor vital do protagonista co cru relato da batalla do Ebro. Os autores, presentes no festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, repasan tamén as súas traxectorias previas —desde a literatura infantil e as biografías ata este proxecto—, debaten sobre a necesidade urxente de pechar as feridas históricas do país e avanzan os seus novos traballos sobre relatos de ficción e ecoloxía.

P. Antes de nada, como chegades á historia de Gabriel León?

María Castro: Sempre me interesou moito a historia. Teño un fillo que entón tiña uns 18 anos e estabamos vendo como se estuda a Guerra Civil en bacharelato, así que faciamos actividades xuntos. Unha amiga comentoume que tiña un tío avó que era supervivente da «quinta do biberón». El nacera en 1920, polo que en 2019 tiña xa 99 anos. Fun a Tarragona co meu fillo sen moitas esperanzas, pero atopamos a un Gabriel cunha memoria, cunha mobilidade e cunha saúde fenomenais. Alí foi cando a súa filla, Montse, sacou unha caixa con 54 cartas reais que Gabriel enviara desde a fronte. Nese intre vin que isto non podía quedar nunha simple lección para o meu fillo; asumín a responsabilidade de facer que o seu testemuño perdurase nun libro.

P. É a primeira vez que traballades xuntos. Como xurdiu a conexión entre vós os dous?

María: En 2019 fixemos unha curtametraxe documental de 22 minutos co material que tiña gravado. Eu tiña a idea de facer un libro, pero vía máis imaxes que unha novela convencional. Buscando ilustrador en Barcelona, unha rapaza que fixera unha versión curta de 10 páxinas para un premio díxome que un cómic longo a superaba, pero faloume de Tyto. Así nos puxemos en contacto.

Tyto Alba: A min o tema da Guerra Civil sempre me interesou. Aínda que ao principio sempre desconfías de se o proxecto atopará editor e chegará a bo porto, a idea funcionou moi ben desde o principio.

P: O camiño editorial non foi doado e mudastes case á metade do proxecto, non si?

Tyto: Si, traballamos cunha editorial para a que este era o seu primeiro cómic e non sabían moi ben como funcionaba a distribución nin a prensa. Case co proxecto á metade, por problemas económicos, a cousa parou.

María: Eu tentei negociar con Héloïse, editora de Astiberri. Foi brutal. Lembro que a mesma noite de Reis recibín un mensaxe seu dicindo que lera a historia, que lle encantara e que a sacaban adiante. Foi un auténtico agasallo de Reis. Con Astiberri todo funciona de marabilla; teñen unha distribución excelente.

P: Como reaccionou Gabriel cando lle dixeches que iades contar a súa historia?

María: Orixinalmente fun con meu fillo, que era delgadiño coma el a esa idade. Cando lle dixen que tiña 18 anos, a idade coa que a Gabriel o chamaron a filas para ir á batalla, el mirou para o meu fillo e díxolle de forma retranqueira: «Que saibas que eu non fun voluntario», coma dicindo «non sexas parvo, non te deixes quentar a cabeza coas historias de heroicidades». Tiña un sentido do humor moi vital, que, xunto coa súa curiosidade, o salvou psicoloxicamente do horror. Estaba en artillaría e pedíalle por carta á familia un manual técnico de morteiros de 81 mentres caían bombas ao seu redor. Ese foco e esa curiosidade illárono mentalmente do trauma. Tiña unha fortaleza incrible; lembro visitalo con 99 anos e dicirme que estaba pensando en volver a pintar.

P. Ti tiveches a oportunidade de analizar o Gabriel soldado das cartas e o Gabriel xa ancián. Que descubriches nese contraste?

María: O Gabriel soldado era un neno. Nas cartas pedía que lle engraxasen a bicicleta ou dicía que oxalá en vez de bombas tirasen chocolatinas. Aliviaba o sufrimento da súa nai e irmás edulcorando o que vivía para evitar a censura e o drama. O Gabriel maior mantiña o humor, pero sentía a obriga de contar o horror. Ao contrario que outros superviventes, el si que relataba traumas directos, como unha execución ou a loucura dun capitán que saíu correndo da trincheira. Contábao mirándome fixamente, coma dicindo: «Isto pasou de verdade, cresme?». Aínda o estaba procesando.

P. Tyto, como foi o proceso creativo para darlle vida ao personaxe no papel?

Tyto: Foi doado porque tiña os brutos das oito horas de gravación do documental e moitas fotos da súa infancia e mocidade que a familia conservaba. Ao escoitalo falar, empapeime del. Ademais, ao ser unha historia en Cataluña, a súa forma de falar lembraba moito á dos meus avós, o que o facía moi próximo. Documentarse sobre a guerra é o habitual: uniformes, cores... Eu preguntáballe a María de que cor eran os pantalóns e ela dicíame que daba igual, que contabamos os recordos de Gabriel, non un libro de historia estrito sobre a batalla do Ebro.

Tyto Alba e María Castro Hernández sentados nunhas escaleiras do edificio A Terraza

P. O título, Aquí donde estoy, vén directamente das cartas. Por que non incluír «a quinta do biberón»?

María: Esa frase era o lema que el usaba nas cartas para no revelar a súa posición en campaña. Falamos moito con Héloïse sobre o subtítulo. Fóra de Cataluña, onde o recrutamento da «quinta do biberón» foi masivo e moi consciente, moita xente na rúa non sabe o que significa; algúns pensan que é un equipo de fútbol. Por iso, a decisión editorial de Astiberri foi destacar a batalla do Ebro, que é universalmente recoñecible para calquera lector.

P. A memoria histórica é o piar central de Aquí donde estoy. Por que é tan necesaria hoxe en día seguir falando da memoria?

María: O cómic ten tres xeracións: un rapaz de 18 anos, uns pais e o avó de 99. Representa a historia do país: a xeración que sufriu a guerra, a que calou e non preguntou, e os netos que hoxe preguntan. Temos unha ferida moi grande sen pechar. Que 90 anos despois aínda haxa restos nas cunetas e haxa que loitar para exhumar corpos no val de Cuelgamuros fala de que a ferida aínda supura moito. A memoria é fundamental, porque sen verdade, xustiza e reparación estamos curando en falso. Coma no libro VI da Eneida, onde as almas dos que non foron enterrados nin honrados deambulan sen que Caronte os deixe pasar ao reino dos mortos... Ese é o terreo no que estamos hoxe como país: non lles fixemos a despedida nin as honras fúnebres a aqueles que quedaron esquecidos nas cunetas.

P. Falando das vosas traxectorias, ambos tedes un pasado moi variado antes de chegar a esta obra. Ti, María, tes moitos libros infantís, e ti, Tyto, moitas biografías de xente do mundo das artes, como Picasso, Fellini, Balthus...

María: A min gústame escribir, e creo que cada historia precisa o seu camiño. Empecei con álbums infantís coma as historias de Moka e Candela, logo unha novela documental e un libro de relatos. Este proxecto acabou sendo un cómic porque o formato gráfico era o mellor camiño para o relato.

Tyto: Estou afeito a ilustrar biografías de personaxes reais, como Fellini ou Picasso. Gústame indagar e investigar. Con este proxecto cubrín tamén unha espiña que tiña cravada co meu propio avó, ao que non puidera sacarlle información da guerra.

P: ¿En que proxectos estades traballando agora mesmo?

Tyto: Acabo de rematar un ensaio divulgativo por encargo sobre ecoloxía e os dereitos dos animais, unha temática diferente que me apetecía moito tocar.

María: Pola miña banda, acabo de terminar un libro de relatos de ficción para adultos, e nestes momentos estou á espera da resposta dunha editorial.

P. Xa para rematar, cal é a vosa sensación de estar aquí no Viñetas desde o Atlántico presentando a obra?

Tyto: Moi ben. Eu xa estivera nunha edición anterior que coincidira en plena época da covid, polo cal foi un ano moi raro e con moitos espazos pechados. O de agora non ten nada que ver; o ambiente é moi agradable.

María: Para min é a primeira vez e estou encantada. Gustoume moitísimo a exposición; os espazos están moi ben pensados e a xente é superamábel. Grazas por este anaco para a entrevista.

As obras gañadoras dos Premios Castelao protagonizan a xornada nun Viñetas repleto de actividades

A segunda xornada do festival encheuse de faladoiros arredor do traballo creativo vencellado ao ámbito de inmigración e a memoria social

Viñetas Show congregou numeroso público nas proxeccións de Os Simpson e do documental Aquí donde estoy

A Coruña.— A presentación da exposición das obras gañadoras dos premios Castelao, producida en colaboración coa Deputación da Coruña, abriu a intensa xornada de hoxe no Viñetas. O director do festival, Manel Cráneo, a responsable de Cultura da Deputación, Natividade González, e os autores e autora premiados, Manu Barreiro, Elías Taño e Giovanna Lopalco, participaron no evento, no que realizaron ademais unha visita guiada pola mostra que ocupa a planta baixa da Casa da Cultura Salvador de Madariaga.

Na súa intervención, Cráneo lembrou o compromiso do festival por seguir apoiando e colaborando cunha iniciativa tan necesaria como os Premios Castelao de banda deseñada, que convoca a Deputación, e destacou a calidade das obras gañadoras. No caso de Maré, título de Manu Barreiro e Elías Taño, subliñou que, ademais, esta obra centrada na vida mariñeira, no orgullo dos pobos e vencellada á catástrofe do Prestige encaixa á perfección nas temáticas sociais que centran a edición deste ano.

Pola súa banda, Natividade González apuntou tamén a relevancia que os premios que convoca a Deputación teñen dentro do panorama literario galego, ao tempo que louvou as obras gañadoras e lembrou que xa son varias as mulleres que gañaron este galardón, como sucedeu este ano co libro Narices!, de Lopalco, e puxo en valor a relevancia que teñen este tipo de referentes para as autoras.

Elías Taño explica a exposición dos Premios Castelao da Diputación de A Coruña

Elías Taño e Manu Barreiro desvelaron algúns datos do seu proceso creativo na obra Maré, como o intenso traballo de investigación e documentación acerca das embarcacións e referencias artísticas vencelladas ao mundo mariñeiro, aos oficios do mar etc. Detallaron tamén todo o traballo de elaboración do guión por parte de Barreiro e a colaboración mutua á hora de deseñar o libro.

Pola súa parte, Lopalco, autora da premiada Narices!, relatou que esta é a súa primeira obra como autora total e que nela quixo lanzar un xogo, un divertimento, «todo o que pode suceder cando tes 6 anos e un gato».

Giovanna Lopalco explica a exposición dos Premios Castelao da Diputación de A Coruña

Faladoiros e proxeccións cinematográficas

A intensa axenda do Viñetas completouse con varias sesións de sinaturas e actividades moi variadas, entre as que destacaron a visita guiada de Miguel Robledo á súa mostra en María Pita ou o faladoiro no que participou o autor Alberto Taracido, da man de Sira González, no que debullaron a súa obra localizada no contorno do coruñés barrio de Labañou, O eco dos días rotos.

Pola súa banda, o ilustrador francés Troubs mantivo na Casa Museo Picasso un encontro coa comunidade emigrante da Coruña, en colaboración coa ONG Ecos do Sur, na que relatou a súa experiencia cos migrantes en México, Colombia ou Francia. Así, falou da súa experiencia en Ciudad Juárez, cidade fronteiriza con EE.UU., da que, xunto con Edmond Baudoin, saíu a obra Viva la vida. Los sueños de Ciudad Juárez. Tamén abordou o seu paso por Colombia, plasmado en El sabor de la Tierra, e tamén de Humanos. A Roya é um rio, sobre a súa experiencia coa acollida que tiveron os migrantes nun pequeno val francés limítrofe con Italia, especialmente por parte dun activista local, Cédric, que mantivo a centos deles nunha leira da súa propiedade.

Encontro con Troubs

A tarde foi para o cine e o Viñetas Show no Teatro Colón, primeiro da man da longametraxe Los Simpson e máis tarde para a proxección do documental ‘Aquí donde estoy’, con faladoiro posterior con Tyto Alba e María Castro, autores do libro homónimo, baseado tamén na historia de Gabriel León Honrubia, un rapaz de 18 anos que formaba parte da chamada «quinta del biberón», que loitou na batalla do Ebro.

Viñetas en datos

Máis de 70 autores e autoras estarán na Coruña ata o 16 de agosto para participar en 24 exposicións (que se prolongan ata finais de setembro) e unha ampla programación, entre as que se contan obradoiros, charlas, clases maxistrais, pódcasts, espectáculos en directo, visitas guiadas e actividades pensadas para toda a cidadanía -—dende pequenos ata adultos- — e para público especializado.

Viñetas desde o Atlántico mantén en 2026 as súas principais seccións que acompañan aos visitantes na súa experiencia no festival: Viñetas Expo; Viñetas Mini, con obradoiros diarios para público infantil, unha proxección cinematográfica e unha proposta teatral; Viñetas Show, cun concerto ilustrado, dúas proxeccións, unha obra teatral e dúas xornadas dedicadas a podcasts pódcasts especializados de Galicia, Madrid e Cataluña; Viñetas Pro, con dúas clases maxistrais e unha sesión de revisión de proxectos para autores/as; un encontro e dúas exposicións para Viñetas inclusivas e a extensa programación de da Rúa BD, que conta con 38 casetas, entre as que figuran as de 18 editoriais procedentes de todo o estado, presentando novidades e dinamizando este espazo vital do festival. Pero ademais, en 2026 incorpórase a nova sección que pon en valor o traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña arredor da banda deseñada, Viñetas Biblio.

Amplísima oferta expositiva

A edición abriuse da man da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, coa exposición que adiantou a eclipse na Coruña coas viñetas máis artísticas na expo mostra Eclipse de viñetas, na que dez autoras e autores locais (Xulia Pisón, Diego Burdío, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Xulia Vicente, Jorge Peral, Marcos Calo, Luis Yang e Paula Mayor, con Jordi Bayarri como autor convidado) reinterpretan dende desde a súa mirada a historia científica e artística das eclipses.

Dende Desde xullo está aberto un dos recintos que máis público recibe sempre no Viñetas; : a sala Palexco é a sede das mostras de Jacobo Fernández F. S. e da colección de Raúl García. Na primeira delas percorreremos o universo persoal do creador da illa remeira máis coñecida da banda deseñada en España. Esta mostra conta tamén coas dúas novas figuras que se incorporaron á colección do salón: Marcopola e Dragoneta. Mentres, na exposición Un paseo por Springfield. Os Simpsons na colección de Raúl García, lévanos da man a unha mostra de merchandising e libros dos cómics da famosa serie, con algúns debuxos orixinais e dedicatorias do propio Matt Groening. Raúl García traballou en varios capítulos da serie norteamericana e foi o primeiro animador español en traballar para Disney.

Memoria social e banda deseñada

Xusto a carón, no epicentro do festival, o espazo expositivo do Kiosco Alfonso énchese cunha ampla representación de obras de autores e autoras internacionais e estatais unidos por un nexo: a memoria democrática e social. Así, os/as visitantes poden desfrutar na planta baixa da mostra centrada na loita sindical e feminista europea coas obras La virgen roja e Sally Heatchcoat, sufragista, de Bryan Talbot e Mary M. Talbot, e Jiujitsufragistas, de Lisa Lugrin e Clément Xavier; e na primeira planta, a mostra Memoria democrática e social na España do século XX, coas obras O eco dos días rotos, de Alberto Taracido; Que el fin del mundo nos encuentre bailando e La piel como única bandera, de Sebas Martín; o xa histórico Paracuellos, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy, de Tyto Alba e María Castro Hernández, e Caridad del Río, de Pep Brocal.

O programa expositivo complétase coas mostras de Miguel Robledo -—autor do cartel desta edición- — en María Pita; Humanos, a Roya é un río, dos franceses Troubs e Baudoin, na Casa Museo Picasso; os premios Castelao na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Elas son fantásticas, autoras galegas de banda deseñada deste xénero, no mesmo espazo; a exposición de mostra ExpoFanzines de Autobán, na Biblioteca de Estudos Locais; Stons, de Xulia Pisón, na Casa Museo María Pita; unha exposición bibliográfica nas Bibliotecas Municipais, (Trazos de memoria), e a incorporación da Fundación Luis Luís Seoane como nova sede do festival coa exposición Cómic palestino. Voces propias. Grito colectivo. Cómpre destacar a incorporación da Casa Museo Casares Quiroga como sede de mostras vencelladas á memoria histórica que, nesta ocasión albergaráa a partir do venres 14 ‘La guerra civil’, de Paul Preston, mostra que recolle o exitoso traballo de adaptación á banda deseñada das obras do historiador británico realizada polo autor José Pablo García.

Ademais diso, o Viñetas paralelas de 2026 conta con cinco sedes colaboradoras: o Circo de Artesáns, counha exposición Nacional 2. Banda Desenhada Portuguesa de Norte a Sul, de colectivos de banda deseñada portugueses, ; o Bar 13, con Óscar Lojo, ; a Pulpeira de Melide, con unha exposición permanente Pulpos de do cómic, ; a cervezoteca Malte con Amair, de Kike Benlloch e Luis Sendón, ; e El Tranvía, con unha exposición Bosque máxico, de Fento Studio.

Miguel Robledo explica a súa exposición

Máis de 100 actividades para todos os públicos

Especialmente rica é neste Viñetas 2026 a extensa programación de actividades pensadas para todas as idades e intereses e que se distribúen entre as distintas seccións do festival. Más de 100 propostas, entre as que se contan obradoiros, cine, teatro, charlas, visitas guiadas, gravación de podcastspódcasts, e espectáculos radiofónicos, un concerto ilustrado, encontros con autores e autoras, sinaturas e maratóns de debuxo.

Moitas destas propostas son parte central da programación da Rúa BD, con 38 stands que ocupan librarías, editoriais e entidades diversas, entre as que se conta o papel central das Bibliotecas Municipais. Este espazo, ubicado localizado diante do Quiosco Kiosco Alfonso, será sen dúbida, o epicentro da actividade do festival nesta semana.

Entre esta apertada axenda destacan, a revisión de proxectos coa colaboración de editoriais, con convocatoria xa aberta a través dun formulario para calquera debuxante interesado/a, e os podcasts pódcasts que se gravarán durante a semana do festival coa colaboración de Campamento Kripton, El diario de Kovacs, Freakland, Cuac FM e El Nicho.

Toda a programación pode ser consultada en www.vinetasdesdeoatlantico.com

Miguel Robledo: «No cartel rendín homenaxe a Lugrís e tratei de plasmar esa luz surrealista das eclipses»

O autor é o responsable do cartel da edición 2026 de Viñetas desde o Atlántico e conta con exposición propia en María Pita

A Coruña.— Miguel Robledo ten dobre protagonismo neste Viñetas, por ser autor do cartel desta edición e porque a súa obra centra a mostra que se pode visitar dende o 10 de agosto ata o 27 de setembro no Palacio Municipal de María Pita. Autor polifacético con experiencia en eidos tan diversos como a animación, a ilustración, a dirección artística e a autoría de cómic, Miguel Robledo pertenceu ao fundacional grupo Frente Comixario e publicou na revista homónima (1988-1993). Traballou despois para as revistas infantís Golfiño, Mister K e Oink!, na revista O Fanzine das Xornadas, nas dúas etapas da revista BD Banda e na revista A Viñeta de Schrödinger. A súa influencia en varias xeracións de autores galegos queda certificada polo Sketchbook que lle dedicou o colectivo Polaqia en 2008. Participou como coguionista e colorista no proxecto As abraiantes aventuras de Mariña (Aira, 2020-2024). Ademais de numerosos proxectos de ilustración editorial, campo ao que se ten dedicado como director artístico de Aira Editorial, en 2024 publicou Territorio, con guión de David Muñoz.

P. Como foron os teus inicios? Sempre quixeches dedicarte á ilustración?

Comecei como lector de cómic e neno que debuxaba e xa nunca parou de debuxar. Comecei en Ourense na prehistoria da banda deseñada galega cun grupo que se chamaba Frente Comixario; digamos que a finais dos 80 e principios dos 90 houbo aí como un pequeno boom inicial da banda deseñada galega. E logo eu estiven tonteando con cómic e con outras cousas. Como autor completo, acabo de estrearme hai un par de anos con Astiberri, con Territorio.

Traballei na gama completa: en animación, para Dygra Films e outras produtoras; en publicidade; como ilustrador e director artístico en Aira Editorial; en prensa; traballei na época do Golfiño e revistas afeccionadas..., pero este libro foi o meu primeiro álbum.

P. Non só tes rexistros diversos, senón que tocaches todos os ámbitos relacionados coa ilustración. Hai algún no que te sintas particularmente cómodo, especialmente ti?

Fixen de todo un pouco, por necesidade, porque hai que pagar facturas. Tamén, de feito, colaborei coa escola Faílde como titor. Teño un rexistro amplo de estilos, xa que traballo practicamente para toda a gama de idades. Pero a base sempre é a mesma.

Noto que, aínda que fun cara a outros lados, o cómic foi o que me marcou, foi o meu primeiro amor.

P. Como recibiches o reto de facer o cartel do Viñetas?

Eu asistín ao primeiro Viñetas alá polo ano 1998. Eu lembro ir ao salón como público e, se me dis naquel momento que ía ter unha exposición, probablemente daríame unha risa de lado, e, se me dis que acabaría facendo o cartel, pois non entraría dentro do crible. É unha honra recibir esa proposta. Non o agardaba. Quedei sorprendido pola confianza por moitos motivos, pola lista de ilustres que teñen feito o cartel e por ser A Coruña unha cidade con tantísimo talento. Non podo estar máis que agradecido.

P. Como foi o proceso creativo da elaboración do cartel?

O primeiro que teño facer é que agradecer e acreditar o labor de Manel Cráneo, o director do festival porque, ao ser el ilustrador, fixo un labor case de director artístico. Fixo suxestións, tivo a idea de que a tipografía se fixese a man…

Eu asocio A Coruña con Lugrís porque fixen varios traballos relacionados con el e logo estaba, claro, aquel mural seu que estaba nunha cafetaría da rúa Olmos. Fixen unha pequena homenaxe a Urbano Lugrís.

Había un tema marcado que tiña que estar si ou si, o da eclipse, e para iso o que me veu á mente, a influencia, foi un gravado moi famoso dun autor francés que se chama Grandville, que ten un libro que se chama Outro mundo. E a imaxe que me influenciou é moi icónica, mesmo saíu nunha portada dun disco de Queen. E de aí saíu esta figura movendo planetas como se fose unha especie de malabarista cósmica, unha imaxe un pouco surrealista.

E, claro, a torre de Hércules, o paseo marítimo, o skyline da Coruña, ese depósito de auga de Monte Alto... E logo tentar facer, plasmar, esa luz rara que din que hai nas eclipses.

Meu irmán tivo a oportunidade de vivir unha eclipse e insistiume en que a vise porque é algo único. Mirar o sol é case o de menos, o importante e o que quixen plasmar é esa sensación rara, como se de repente houbese un fallo de sistema de luz surrealista. A natureza sempre ten moi boa dirección artística.

Miguel Robledo fronte á porta do Concello da Coruña

P. Nesta edición do Viñetas tes dobre protagonismo, porque tamén contas cunha exposición centrada no teu traballo. Que van atopar as persoas que a visiten?

Pois Territorio, o último libro que fixen; hai un pouco do making-of. Hai pranchas dixitais e impresións, porque é co que eu traballo, pero tamén incluín orixinais de traballos antigos, como do que fixen para Golfiño. Sempre me atopo con xente nas sesións de firmas que me contan que lían Golfiño e vexo que deixou pegada nos lectores e lectoras de hoxe en día. E logo unha pequena parte de debuxos orixinais que fago para desatascarme do mundo dixital e desintoxicarme. Debuxos persoais e unha pequena escolma de ilustracións.

Algún dos exemplares do labor de Frente Comixario, unha homenaxe a todo o que se fixo en aquel momento pola banda deseñada galega.

P. O feito de ter unha experiencia moi ampla en campos moi diversos fai que abordes os proxectos desde perspectivas distintas? Por poñer un exemplo, cando traballas nun libro pensas en se se podería levar á pantalla?

As referencias sempre se cruzan por aí. En Territorio, por exemplo, deime conta de que hai páxinas que parecen un wéstern. As filias e as fobias sempre acaban saíndo e logo, como consumidores tamén que somos de películas, animación e produtos culturais, isto é inevitable.

P. Desde a túa perspectiva de creador polifacético cunha longa carreira xa, como ves a evolución da banda deseñada e a ilustración en Galicia nos últimos anos?

Pois penso que agora é todo máis doado e máis difícil ao tempo. Nós temos alumnos en prácticas da Faílde e vexo que cada vez veñen mellor formados, pasan etapas máis rápido. É máis doado para eles, en parte por Internet. Tamén é evidente a normalización da banda deseñada; hai moitas autoras. Por fin isto deixou de ser o gueto que tristemente era, no que só había homes. Hai unha gran riqueza.

O que pasa é que, claro, con este panorama que digo, a porción de queixo hai que repartila entre moita máis xente. Tamén digo que encantado. Penso que queda moito por facer, pero que estamos nun bo momento.

P. Cres que hai volta atrás na desaparición das revistas ou hai que buscar outros medios?

Evidentemente, o tipo de traballo de revista de quiosco desapareceu, practicamente o 100 %, pero penso que os contidos culturais, aínda que sexa a nivel de afeccionado, de fanzine, sempre acaban saíndo. O que perdemos no proceso de profesionalización das revistas gáñase agora polo tema da autoedición. Está de moda, case é un trending.

Agora fanse fanzines, prints… Hai outros formatos e outros tipos de feiras nas que lle poden dar saída ao seu material. Entón, por ese lado, penso que se compensa, e a verdade é que hai aí cousas moi bonitas. No Viñetas, por exemplo, está a colaboración e a actividade paralela do Autobán, que funciona como un contrapunto que non para de medrar. Todo o que sexa remar na mesma dirección, benvido.

E antes dependías de visitar librarías, de viaxar a outros lugares para atopar revistas, libros, publicacións que aquí non chegaban, e iso con Internet foi coma un big bang. Agora mesmo, con Internet, hai quen se confesa saturado e sobreinformado, pero tamén hai que pór en valor o que supuxo a nivel de formación e difusión.

P. E falando do panorama actual, queremos saber se tes en marcha un proxecto novo do que nos poidas falar.

Agora mesmo estou na entrega dun libro para Aira Editorial, dentro dos clásicos ilustrados. Estou cos relatos da autora francesa Colette e no tempo libre ando con outro proxecto de banda deseñada co mesmo autor que Territorio, David Muñoz.

P. Daquela, o tempo libre tamén o dedicas ao traballo?

Si, en fin, o pouco tempo que podes buscar para desenvolver algo tratas de dedicalo a un proxecto novo. Neste caso, eu quedei contento co primeiro traballo que fixemos e queremos seguir intentándoo.

P. Como foi a acollida de Territorio? Está funcionando ben en vendas e críticas?

Eu estou contento, porque é realmente unha primeira obra e funcionou ben, pero agora hai que seguir. O panorama actual ten o problema de que hai que manter un ritmo de publicación continuo para vender. Hai, para ben e para mal, moitísima oferta, cada vez se edita mellor, pero hai tal cantidade de novidades que é difícil facerse un oco ou que os libros perduren no tempo.

P. Que libros recomendarías dos últimos cómics que liches?

Non vou ser nada orixinal, pero o cómic que eu leo anualmente é Nausicaa, de Hayao Miyazaki, porque, ademais da calidade que ten, é unha historia que el non podería permitirse facer en animación. É un autor cunha calidade indiscutible e xa teño o hábito de lelo unha vez o ano, e nunca me canso.

Viñetas pecha cun concerto ilustrado unha xornada inicial chea de reivindicación

Sufraxismo, memoria social e arte danse a man nunha completa xornada de apertura para o evento

A Coruña.— Viñetas desde o Atlántico pechou a súa xornada inicial cun concerto ilustrado, un espectáculo protagonizado polo grupo galego Lumedoloop e o ilustrador coruñés Alberto Taracido, nunha nova mostra de como os talentos e as artes poden sumarse en escenarios como o do Teatro Colón.

Foi no peche dunha xornada que abriu coa inauguración oficial ás 12.00 e continuou coa apertura de exposicións e stands na Rúa BD. Dentro da intensa xornada, na programación oficial do festival destacan a charla do autor Tyto Alba, que fixo un repaso pola súa carreira na charla ilustrada ‘El hijo’ y mis otros hijos e o faladoiro ‘Jiujutsufragistas’, a loita polo voto feminino, da man dos autores Lisa Lugrin e Clément Xavier.

Tyto Alba na súa ilustrada

Tyto Alba coprotagoniza, xunto coa xornalista e escritora María Castro, a mostra dedicada ao seu libro Aquí donde estoy, presente na primeira planta do Kiosco Alfonso, na que conta as experiencias vitais de Gabriel León Honrubia, un rapaz de 18 anos que formaba parte da chamada «Quinta del biberón» do exército republicano na Guerra Civil. O libro e o documental homónimo parten das cartas que León Honrubia enviou desde a fronte da batalla do Ebro e continúan co relato vital deste supervivente, que tamén foi entrevistado para ese proxecto.

No faladoiro ‘Jiujitsufragistas’, a loita polo voto feminino, Lugrin e Xavier deron os detalles de como se xestou a súa novela gráfica, na que dan vida á historia de Edith Garrud, considerada a primeira formadora en autodefensa feminista ante a violencia que sufrían as manifestantes sufraxistas no Londres de 1910. Adestrou na arte marcial do jiu-jitsu as gardacostas de Emmeline Punkhurst.

Os autores relataron que destinaron á elaboración do libro un ano e medio e que con el quixeron botar luz sobre unha historia pouco coñecida pero moi potente. A raíz disto, no ano 2018, momento no que se celebraba o centenario do dereito ao voto en Gran Bretaña, visitaron unha serie de mostras neste país que os impulsaron a iniciar este proxecto. Xavier e Lugrin relataron que abordan temáticas moi variadas pero sempre «tratando de ofrecer unha porta aberta, unha raiola de esperanza».

Tanto a programación oficial como a da Rúa BD poden consultarse completas na web vinetasdesdeoatlantico.com

Muller tomando unha fotografía co seu móvil ao escenario de Viñetas

A banda deseñada ‘toma’ A Coruña na 29 edición do festival Viñetas desde o Atlántico coa memoria social como eixo

O salón do cómic abre as súas portas coa eclipse como escenario de fondo, máis de 100 propostas culturais e 24 mostras

Inés Rey: «A Coruña convértese, unha vez máis, na capital da banda deseñada»

A Coruña.— O festival Viñetas desde o Atlántico abriu a súa semana grande na que ‘toma’ a cidade enchéndoa con máis dun centenar de actividades, 24 exposicións e cos stands da Rúa BD xa a pleno rendemento. O acto de inauguración, celebrado no Kiosco Alfonso, estivo presidido pola alcaldesa da Coruña, Inés Rey, acompañada polo concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, a responsable de Cultura da Deputación da Coruña, Natividad González, e o director do Viñetas desde o Atlántico, Manel Cráneo.

As xa famosas figuras de decenas de personaxes da banda deseñada como Astérix e Obélix, Spider Man, Batman, Mafalda, Superman, Carpanta ou as últimas incorporacións á colección, Marcopola e Dragoneta, xa protagonizan as fotografías dos/as visitantes das mostras.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, destacou durante a inauguración que Viñetas desde o Atlántico «leva décadas formando parte da identidade da Coruña» e subliñou que a banda deseñada é «unha das linguaxes culturais máis vivas, máis diversas e máis capaces de conectar con públicos moi diferentes». Rey incidiu tamén en que esta edición reforza o carácter aberto e participativo do certame: “Viñetas é un festival de toda a cidade”, afirmou.

No seu discurso, a rexedora puxo en valor a dimensión social e cultural do festival, salientando que «a memoria non é un exercicio de nostalxia» senón «unha responsabilidade», e que a cultura é «un dos mellores instrumentos para exercela». Ademais, lembrou a importancia de achegar o cómic á infancia e ás familias, xa que para moitos nenos e nenas supón «o seu primeiro achegamento á lectura e á cultura». «Desde o Goberno municipal seguiremos apostando por unha cultura accesible, plural, participativa e ambiciosa, porque a cultura non é un complemento: é un dereito, unha ferramenta de cohesión social e unha forma de construír cidade», afirmou.

Pola súa parte, o director do festival, Manel Cráneo, afirmou que esta nova edición do Viñetas segue medrando en 2026 en todos os ámbitos: nas colaboracións con entidades, en deseño e temáticas das ambiciosas propostas expositivas, na calidade e cantidade das actividades, nos lazos tecidos en colaboración co sector do cómic, na aposta polo talento local combinado con autores e autoras de renome internacional...

Neste sentido, lembrou que o equipo do salón define con agarimo cada ano todos os detalles das propostas para ir sempre un pouco máis alá. Cráneo agradeceulle ao Concello o seu apoio e confianza e á Deputación da Coruña a súa participación a través dos Premios Castelao. Cerrou a súa intervención animando a todo o público a deixarse eclipsar polo Viñetas.

Pola súa parte, Natividade González, destacou que este festival se converteu no lugar de encontro no que as artes e o pensamento se dan a man, ao tempo que destacou que a cidade da Coruña se está convertendo nun referente da banda deseñada e da ilustración dentro dun ámbito creativo como o galego no que os premios Castelao confirman a traxectoria cada vez máis sólida dos/as autores/as locais.

Máis de 70 autores e autoras estarán na Coruña ata o 16 de agosto para participar en 24 exposicións (que se prolongan ata finais de setembro) e unha ampla programación entre nas que se contan obradoiros, charlas, clases maxistrais, pódcasts, espectáculos en directo, visitas guiadas e actividades pensadas para toda a cidadanía desde pequenos ata adultos e para público especializado.

Personalidades do concello e o festival nunha exposición do Viñetas desde o Atlántico

Viñetas desde o Atlántico mantén en 2026 as súas principais seccións que acompañan os visitantes na súa experiencia no festival: Viñetas Expo; Viñetas Mini, con obradoiros diarios para público infantil, unha proxección cinematográfica e unha proposta teatral; Viñetas Show, cun concerto ilustrado, dúas proxeccións, unha obra teatral e dúas xornadas dedicadas a pódcasts especializados de Galicia, Madrid e Cataluña; Viñetas Pro, con dúas clases maxistrais e unha sesión de revisión de proxectos para autores/as; un encontro e dúas exposicións para Viñetas Inclusivas e a extensa programación da Rúa BD que conta con 38 casetas, entre as que figuran as de 18 editoriais procedentes de todo o estado presentando novidades e dinamizando este espazo vital do festival. Pero ademais, en 2026 incorpórase a nova sección que pon en valor o traballo das Bibliotecas Municipais da Coruña arredor da banda deseñada, Viñetas Biblio.

Amplísima oferta expositiva

A edición abriuse da man da colaboración dos Museos Científicos Coruñeses, coa exposición que adiantou a eclipse na Coruña coas viñetas máis artísticas na mostra Eclipse de Viñetas’, na que dez autoras e autores locais (Xulia Pisón, Diego Burdío, Paula Esteban, Uxía Larrosa, Xulia Vicente, Jorge Peral, Marcos Calo, Luis Yang e Paula Mayor, con Jordi Bayarri como autor convidado) reinterpretan desde a súa mirada a historia científica e artística das eclipses.

Desde xullo está aberto un dos recintos que máis público recibe sempre no Viñetas; a sala municipal de exposicións de Palexco é a sede das mostras de Jacobo F. S. e da colección de Raúl García. Na primeira delas, percorreremos o universo persoal do creador da illa remeira máis coñecida da banda deseñada en España. Esta mostra conta tamén coas dúas novas figuras que se incorporaron á colección do salón: Marcopola e Dragoneta. Mentres, na exposición ‘Un paseo por Springfield. Os Simpsons Simpson na colección de Raúl García’, lévanos da man a unha mostra de merchandising e libros dos cómics da famosa serie, con algúns debuxos orixinais e dedicatorias do propio Matt Groening. Raúl García traballou en varios capítulos da serie norteamericana e foi o primeiro animador español en traballar para Disney.

O Kiosco Alfonso como escenario do cómic de memoria social

Xusto a carón, no epicentro do festival, o espazo expositivo do Kiosco Alfonso énchese cunha ampla representación de obras de autores e autoras internacionais e estatais, unidos por un nexo: a memoria democrática e social. Así, os/as visitantes poden gozar na planta baixa da mostra centrada na Loita Loita sindical e feminista europea, coas obras ‘La virgen roja’ e Sally Heatchcoat: sufragista’, de Bryan Talbot e Mary M. Talbot, e Jiujitsufragistas’, de Lisa Lugrin e Clément Xavier; e na primeira planta, a mostra ‘Memoria democrática e social na España do século XX’ XX coas obras O eco dos días rotos’, de Alberto Taracido; Que el fin del mundo nos encuentre bailando’ e La piel como única bandera’, de Sebas Martín; o xa histórico Paracuellos’, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy’, de Tyto Alba e María Castro Hernández, e Caridad del Río’, de Pep Brocal.

O programa expositivo complétase coas mostras de Miguel Robledo —autor do cartel desta edición— en María Pita; Humanos, a Roya é un río’, dos franceses Troubs e Baudoin, na Casa Museo Picasso; os Premios Castelao na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Elas son fantásticas’, autoras galegas de banda deseñada deste xénero, no mesmo espazo; a exposición de ExpoFanzines de Autobán, na Biblioteca de Estudos Locais; Stons’, de Xulia Pisón, na Casa Museo María Pita; unha exposición bibliográfica nas Bibliotecas Municipais (‘Trazos de memoria)’, e a incorporación da Fundación Luís Seoane como nova sede do festival coa exposición Cómic palestino. Voces propias. Grito colectivo’. Cómpre destacar a incorporación da Casa Museo Casares Quiroga como sede de mostras vencelladas á memoria histórica, que nesta ocasión albergará ‘La guerra civil’, de Paul Preston, mostra que recolle o exitoso traballo de adaptación á banda deseñada das obras do historiador británico realizada polo autor José Pablo García; esta exposición inaugurarase este próximo venres 14.

Personalidades do concello e o festival nunha exposición do Viñetas desde o Atlántico

Ademais diso, o Viñetas Paralelas de 2026 conta con cinco sedes colaboradoras: o Circo de Artesáns, coa exposición Nacional 2. Banda Desenhada Portuguesa de Norte a Sul, que recolle obra de seis colectivos autorais de banda deseñada portugueses; o Bar 13, con Óscar Lojo; a Pulpeira de Melide, con a mostra permanente Pulpos de do cómic’,; a cervezoteca Malte con ‘Amair’, de Kike Benlloch e Luis Sendón; e El Tranvía, con Bosque máxico, unha exposición de Fento Studio.

Máis de 100 actividades para todos os públicos

Especialmente rica é neste Viñetas 2026 a extensa programación de actividades pensadas para todas as idades e intereses e que se distribúen entre as distintas seccións do festival. Más de 100 propostas, entre as que se contan obradoiros, cine, teatro, charlas, visitas guiadas, gravación de pódcasts e espectáculos radiofónicos, un concerto ilustrado, encontros con autores e autoras, sinaturas e maratóns de debuxo.

A alcaldesa Inés Rey e o director do festival Manel Cráneo falan cos libreiros das casetas de Rúa BD

Moitas destas propostas son parte central da programación da Rúa BD, que se abriu hoxe, con 38 stands que ocupan librarías, editoriais e entidades diversas, entre as que se conta o papel central das Bibliotecas Municipais. Este espazo, localizado diante do Kiosco Alfonso, será, sen dúbida, o epicentro da actividade do festival nesta semana.

Entre esta apertada axenda destacan a revisión de proxectos coa colaboración de editoriais, con convocatoria xa aberta a través dun formulario para calquera debuxante interesado/a, e os pódcasts que se gravarán durante a semana do festival coa colaboración de Campamento Kripton’, ‘El diario de Kovacs’, ‘Freakland,’ Cuac FM e El Nicho’.

Toda a programación pode ser consultada en www.vinetasdesdeoatlantico.com.

Viñetas trae á explanada de Palexco o tour dos Gundam cun robot de 3 metros de altura

A xira dos Gundam Base Rolling Pop-up inaugúrase na Coruña cunha zona de ocio vencellada ao universo destes robots da serie anime e manga

A Coruña.— Viñetas desde o Atlántico será o festival no que se abra a xira española de The Gundam Base Rolling Pop-up Tour. Trátase dun espazo protagonizado por un camión tematizado coa imaxe de Gundam que, unha vez despregado, se transforma nunha área expositiva e comercial de máis de 100 metros cadrados que recrea a experiencia de Gundam Base e que estará na cidade durante a semana do festival, do 10 ao 16 de agosto.

As persoas que visiten o espazo poderán participar en actividades gratuítas, iniciarse na montaxe de Gunpla e fotografarse xunto a un espectacular robot, o RX-78-2 Gundam, de tres metros de altura, o que sen dúbida será unha das grandes iconas deste espazo. A marca xaponesa Bandai acode como expositor dentro do programa de Rúa BD e terá neste camión tamén á venda diferentes produtos da franquía Gundam.

O mundo dos Gundam e os modelos de montaxe Gunpla converteuse nas últimas décadas nun fenómeno cultural con sobrada implantación en Xapón, que traspasou fronteiras e chegou a crear comunidades de seguidores en Estados Unidos, México e varios países europeos. No seu país de orixe, estes robots protagonizan desde hai anos eventos temáticos multitudinarios. En España, ademais, están dispoñibles varios cómics da serie, como Gundam the Origin, de Yoshikazu Yasuhiko, editado por Planeta Cómic.

Esta incorporación ao Viñetas ocupará a área situada diante de Palexco, e é un novo elemento da que se consolida como zona de especial atractivo para público familiar, ao situarse xunto ás exposicións Jacobo F. S.: De Archimboldo a Marcopola e Un paseo por Springfield. Os Simpsons na colección de Raúl García.

A presenza na Coruña da xira dos Gundam sitúa o festival Viñetas desde o Atlántico nunha ruta na que estarán outros grandes eventos vencellados á banda deseñada como o Comic-Con de Málaga ou o Manga Barcelona.

Esta última incorporación á oferta de ocio do salón do cómic coruñés ponlle o ramo a unha programación que conta con máis de 70 autores e autoras que participan en 24 exposicións e unha ampla programación de máis de 100 propostas, entre as que se contan obradoiros, charlas, clases maxistrais, pódcasts, espectáculos en directo, visitas guiadas e actividades pensadas para toda a cidadanía —desde pequenos ata adultos— e para público especializado.

Tanto a programación oficial como a da Rúa BD poden consultarse completas na web vinetasdesdeoatlantico.com

Que é Gundam?

A serie de anime que comezou coa emisión de MOBILE SUIT GUNDAM no ano 1979 coñécese como serie GUNDAM. É unha obra de ciencia ficción na que aparece un robot chamado GUNDAM.

A serie GUNDAM abrangue diversos universos e configuracións. Aínda que cada un ten o seu propio contexto e ambientación, algúns están estreitamente vencellados entre sísi, compartindo batallas dentro das súas respectivas liñas temporais. A serie gañou grande popularidade nas últimas décadas dentro do universo da ciencia ficción. Conta tamén con unha serie de libros de banda deseñada.

Que é Gunpla?

Son os model kits de robots e naves de combate que aparecen na serie GUNDAM.

Viñetas desde o Atlántico abre as súas portas aos universos de ‘Marcopola’ e ‘Os Simpson’ como avance dunha edición de récord

Na inauguración das mostras de Palexco, a alcaldesa e o director do festival descubriron as dúas novas figuras que xa forman parte da colección do Viñetas: a da illa remeira Marcopola e a de Dragoneta

Inés Rey: «Viñetas é un proxecto que medra cada ano e transforma a cidade, levando o cómic a museos, salas de exposicións, bibliotecas e espazos públicos»

A Coruña.— Os universos de Marcopola e Os Simpson xa se poden gozar desde este xoves na Coruña. A Sala de Exposicións Municipal Palexco abriulles as súas portas a dúas das mostras máis agardadas dentro da programación de Viñetas desde o Atlántico 2026. As exposicións individuais do autor galego Jacobo F. S. e a colección persoal do internacional Raúl García consolídanse como o grande avance expositivo do certame antes da súa semana central.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, foi a encargada de inaugurar unha das mostras «estrela» deste Viñetas e que, sen dúbida, será un dos principais focos de atención para o público familiar. Un festival que vén cargado de propostas e iniciativas que converterán a cidade na capital da banda deseñada do Estado este agosto. Na súa intervención a rexedora afirmou que «Viñetas desde o Atlántico non é só unha semana de actividades en agosto, é un proxecto cultural que medra cada ano e que transforma a cidade durante meses, levando o cómic a museos, salas de exposicións, bibliotecas e espazos públicos».

«Estamos ante unha edición de récord, con máis de setenta autores e autoras, decenas de exposicións e máis dun cento de actividades que volverán encher A Coruña de cultura e creatividade. Un festival que este ano pon o foco na memoria social e democrática, demostrando que a banda deseñada é unha ferramenta poderosa para contar historias, reflexionar sobre o pasado e entender mellor o presente», indicou a alcaldesa, quen engadiu que «desde o Goberno municipal temos claro que a cultura non é só entretemento, senón tamén coñecemento, pensamento crítico, memoria e convivencia; e por iso seguimos apostando por un Viñetas aberto, diverso, accesible e conectado coa realidade social do noso tempo».

Pola súa parte, o director do festival puxo o acento na calidade e espectacularidade da montaxe realizada nas instalacións de Palexco. Manel Cráneo amosou a súa confianza en que esta mostra será un polo de atracción para o numerosísimo público familiar que acode ao festival ano tras ano. Nese sentido, destacou a calidade da mostra que recolle a traxectoria artística do recoñecido autor galego Jacobo F. S. desde os seus inicios ata o último número das aventuras de Marcopola e o «gancho» que sen dúbida supón a colección do animador Raúl García, que inclúe unha mostra de orixinais da popularísima serie ‘Os Simpson’.

Durante as súas intervencións, tanto Jacobo F. S. como Raúl García destacaron a importancia de estaren presentes nun festival co prestixio do Viñetas cun espazo desta relevancia.

O universo Marcopola e Os Simpson

A mostra protagonizada polo universo do galego Jacobo F. S. amosa a aposta polos contidos de calidade destinados ao público infantil do Viñetas e permitiralles aos cativos e cativas percorrer o imaxinario persoal e creativo do seu autor, desde os seus primeiros pasos en Os amigos de Archimboldo Roque ata Marcopola, a illa remeira máis famosa da banda deseñada en España, que xa forma parte da colección de figuras do Viñetas, xunto con Dragoneta. A descuberta destas dúas figuras foi un dos eixos do evento.

Alcaldesa Inés Rey na exposición sobre Marcopola en Palexco

Todo isto forma parte dunha espectacular posta en escena na que colaborou un grupo de alumnado da EASD Pablo Picasso. Paralelamente, a exposición Un paseo por Springfield. Os Simpson na colección de Raúl García ofrecerá a oportunidade única de desfrutar dunha coidada selección de merchandising, libros icónicos e cómics da universal familia amarela.

A exposición inclúe xoias exclusivas como debuxos orixinais e dedicatorias asinadas polo propio Matt Groening. Cabe destacar que Raúl García, ademais de posuír este valioso arquivo, traballou directamente en varios episodios da serie norteamericana e ostenta o fito de ser o primeiro animador español en formar parte dos estudios Disney.

Personalidades sentadas no sofá dos Simpsons.

Un avance de todo o que ofrecerá Viñetas desde o Atlántico 2026

Estas inauguracións en Palexco serven de antesala para a 29.ª edición de Viñetas desde o Atlántico, un festival que este ano se centra na memoria histórica e nas reivindicacións sociais, e cuxa semana principal de actividades se desenvolverá do 10 ao 16 de agosto, expandindo as súas mostras artísticas desde principios de xullo ata finais de setembro.

Baixo un cartel oficial deseñado polo ilustrador galego Miguel Robledo —inspirado en fenómenos astronómicos e na memoria social—, o festival deste ano reafírmase como un dos grandes referentes da novena arte a nivel estatal. Haberá un gran despregamento urbano, con máis de 10 sedes. O evento abandona os recintos únicos para inundar a cidade. Os contidos desta edición distribuiranse en localizacións emblemáticas como o Kiosco Alfonso, o Palacio Municipal de María Pita, a Sala Salvador de Madariaga, a Casa Museo Picasso, a Fundación Luís Seoane e a Casa das Ciencias.

As mostras da Sala Municipal de Exposicións Palexco poderán visitarse de forma gratuíta a partir do 30 de xullo de 12.00 a 14.00 e de 18.00 a 21.00.

Alcaldesa Inés Rey na exposición sobre os Simpsons en Palexco

O Kiosco Alfonso como escenario do cómic de memoria social

Moi preto, no epicentro do festival, o espazo expositivo do Kiosco Alfonso encherase cunha ampla representación de obras de autores e autoras estatais unidos por un nexo: a memoria democrática e social na España do século XX. Así, os/as visitantes poderán gozar das obras O eco dos días rotos, de Alberto Taracido; Que el fin del mundo nos encuentre bailando e La piel como única bandera, de Sebas Martín; o xa histórico Paracuellos, de Carlos Giménez; Aquí donde estoy, de Tyto Alba e María Castro Hernández, e Caridad del Río, de Pep Brocal.

O programa expositivo completarase coas mostras de Miguel Robledo —autor do cartel desta edición— en María Pita; os premios Castelao na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Elas son fantásticas, autoras galegas de cómic deste xénero, no mesmo espazo; a exposición de ExpoFanzines Autobán, na Biblioteca de Estudios Locais; Stons, de Xulia Pisón, xa inaugurada na Casa Museo María Pita; unha exposición bibliográfica nas Bibliotecas Municipais, Trazos de memoria; e a incorporación da Fundación Luís Seoane como nova sede do festival coa exposición Cómic palestino. Voces propias. Grito colectivo. Cabe destacar a incorporación da Casa Museo Casares Quiroga como sede de mostras vinculadas á memoria histórica, que, nesta ocasión, albergará ‘La guerra civil’, de Paul Preston, mostra que recolle o exitoso traballo de adaptación ao cómic das obras do historiador británico realizada polo autor José Pablo García.

Ademais diso, o Viñetas paralelas de 2026 contará con tres sedes: o Circo de Artesáns, cunha exposición de colectivos de cómic portugueses; o Bar 13, con Óscar Lojo, e El Tranvía, cunha exposición de Fento Studio, ademais da mostra permanente de orixinais de autores de cómic da Pulpeira de Melide.

Máis de 100 actividades para todos os públicos

Especialmente rica é neste Viñetas 2026 a extensa programación de actividades pensadas para todas as idades e intereses e que se distribúen entre as distintas seccións do festival. Máis de 100 propostas, entre as que se contan obradoiros, cine, teatro, charlas, visitas guiadas, gravación de pódcasts e espectáculos radiofónicos, un concerto ilustrado, encontros con autores e autoras, firmas e maratóns de debuxo.

Entre esta axenda destacan a revisión de proxectos profesionais coa colaboración de editoriais e os pódcasts que se gravarán durante a semana do festival, coa colaboración de Campamento Kripton, El diario de Kovacs, Freakland e El Nicho.

Toda a programación pode ser consultada en www.vinetasdesdeoatlantico.com.

A Casa Museo María Pita acolle a exposición Stons, de Xulia Pisón, dentro da programación de Viñetas desde o Atlántico e Elas Son Artistas


Gonzalo Castro destacou a aposta do Goberno de Inés Rey por tecer alianzas entre proxectos culturais e darlle visibilidade ao talento creativo coruñés

A Coruña.— A Casa Museo María Pita acolle desde hoxe a exposición Stons, da ilustradora e autora de banda deseñada coruñesa Xulia Pisón, unha mostra integrada na programación expositiva de Viñetas desde o Atlántico e que forma parte tamén da novena edición do ciclo Elas Son Artistas. A inauguración contou coa participación do concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro; do director do festival Viñetas desde o Atlántico, Manel Cráneo; da propia artista; e do director artístico e responsable de produción de Elas Son Artistas, Tomi Legido. A xornada completouse cunha actuación musical de MJ Pérez.

A mostra reúne pranchas do novo proxecto autoeditado de cómic de humor de Xulia Pisón e permanecerá aberta ao público ata o vindeiro 27 de setembro. Durante a inauguración, Gonzalo Castro puxo en valor a colaboración entre dous dos programas culturais de referencia da cidade. «Esta confluencia non é simplemente unha suma de programacións. É unha maneira de entender a política cultural, conectando disciplinas, impulsando alianzas e facendo que os proxectos municipais dialoguen entre si para chegar a máis públicos e ofrecer novas oportunidades ás creadoras», sinalou.

O concelleiro destacou tamén o papel de Elas Son Artistas, iniciativa que desde 2018 traballa para reforzar a visibilidade das mulleres creadoras no ámbito cultural, e subliñou a importancia de incorporar a ilustración e a banda deseñada a este espazo de promoción da igualdade. «A igualdade na cultura non consiste unicamente en abrir ocasionalmente unha porta. Consiste en construír condicións de continuidade, recoñecemento, profesionalización e acceso aos espazos de exhibición», afirmou.

Castro salientou ademais a traxectoria de Xulia Pisón, formada na Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña e gañadora do primeiro premio do certame Xuventude Crea de Banda Deseñada en 2015. A autora desenvolveu unha carreira que abrangue a ilustración, os fanzines, a divulgación científica e o cómic, con proxectos como Microalgas ou a novela gráfica Irene a porteira, publicada en 2023 xunto ao guionista Óscar Losada. «Xulia non é simplemente unha autora invitada á programación cultural da Coruña. Forma parte da cultura que a cidade produce, da comunidade creativa que debemos acompañar e da xeración que está ampliando as linguaxes da banda deseñada galega», destacou o edil.

A exposición intégrase no programa de Viñetas desde o Atlántico, que desenvolverá a súa semana central entre os días 10 e 16 de agosto, mais que amplía a súa presenza na cidade a través dunha programación expositiva distribuída en diferentes equipamentos culturais municipais.

Neste sentido, o Goberno de Inés Rey continúa apostando por converter as casas museo municipais en espazos dinámicos de creación contemporánea. «Queremos que as Casas Museo sexan espazos vivos, lugares onde a memoria converse coa creación actual, onde o patrimonio se abra a novas miradas e onde artistas e cidadanía poidan encontrarse», lembrou Gonzalo Castro.

A colaboración entre Viñetas desde o Atlántico e Elas Son Artistas reforza a estratexia municipal de promover proxectos transversais que favorezan o encontro entre disciplinas, públicos e creadoras, consolidando A Coruña como unha das principais referencias culturais de Galicia.

Manel Cráneo, Gonzalo Castro e Xulia Pisón na inauguración da exposición

O Viñetas pecha a súa programación para a edición de 2026 cun desembarco de autoras e autores internacionais procedentes de Francia, Cuba, Portugal e Gran Bretaña

Oito autorías con veteranos como Bryan Talbot e Mary M.Talbot que traerán as súas novelas gráficas históricas á exposición
Viñetas con memoria social

A Coruña.- Viñetas desde o Atlántico pecha o seu elenco definitivo de protagonistas para esta edición de 2026 con un desembarco de autoras e autores internacionais procedentes de Gran Bretaña, Francia, Cuba e Portugal. Deste xeito, a longa listaxe de creadoras e creadores presentes no festival complétase cos nomes de Bryan Talbot e Mary M. Talbot, Lisa Lugrin, Clément Xavier, Jean-Marc Troubet (Troubs), Edmond Baudoin, Danay Dana e Paulo Monteiro.

A que é xa a 29ª edición do evento completa unha lista de creadoras e creadores de primeiro nivel que se suman aos máis de 60 xa desvelados. O director do festival, Manel Cráneo, destaca a importancia deste incremento de convidados, que acada o récord de internacionais presentes na sección oficial do festival. Cráneo fai fincapé na versatilidade dos estilos gráficos que conflúen en intereses comúns por ser unha selección de autorías con traballos arredor da memoria histórica e os dereitos sociais.

Con este anuncio, o festival reafirma o seu compromiso coa calidade e pola imprescindible conxugación do talento local e internacional nunha cita que xa se consolidou como un referente no mundo da banda deseñada en España. Con máis de 70 creadores e creadoras, 24 exposicións e máis dun centenar de actividades o Viñetas desde o Atlántico, que xa inaugurou o pasado 3 de xullo a súa primeira mostra na Casa das Ciencias, manterá unha intensa programación na que a eclipse e a memoria social terán especial protagonismo.

Bryan Talbot (Wigan, Lancashire, Inglaterra, 1952) é dun grandes nomes da banda deseñada británica e internacional. Comezou no mundo do cómic underground e publicou por entregas Las aventuras de Luther Arkwright, considerada unha das primeiras novelas gráficas británicas. Colaborou na revista 2000AD, ademais de páxinas para Judge Dredd e debuxando historias escritas por Alan Moore; nos noventa comezou a traballar para o mercado norteamericano, en series como Hellblazer, Batman: Legends ofthe Dark Knight e The Sandman, con Neil Gaiman. Entre as súas novelas gráficas está El cuento de una rata mala, Alice in Sunderland ou El corazón del imperio.

Mary M. Talbot (Wigan, Lancashire, Inglaterra, 1954), é profesora de Lingua e Cultura na Universidade de Sunderland, e autora de artigos académicos sobre poder, xénero e linguaxe. En 2012 escribiu a novela gráfica La niña de sus ojos, que debuxou Bryan Talbot. Conxuntamente con Bryan escribiu ademais SallyHeathcote. Sufragista. Con Bryan Talbot ao debuxo tamén, publicou as novelas gráficas La Virgen Roja e Lluvia. En breve publicarán Lo! An amazon! sobre a vida de Mary Wollstonecraft.

Con La Virgen Roja e Sally Heathcote. Sufragista, obras protagonistas da mostra Loita sindical feminista europea no Kiosco Alfonso, os Talbot (compañeiros de vida e artísiticos) retratan figuras femininas que fixeron avanzar os dereitos da muller e da sociedade na Francia do século XIX e na Inglaterra de principios do XX.

Lisa Lugrin (Thonon-les-Bains, Francia, 1983) estudou antropoloxía e cinema e diplomouse na Escola de BD de Angoulême. Conxuntamente co seu compañeiro de viaxe Clément Xavier (Maputo, Mozambique, 1981), que tamén estudou na Escola de BD de Angoulême, fundou Na Éditions. Ambos foron acollidos en residencia na Maison des Auteurs de Angoulême e participaron na obra colectiva Afghanistan (2011). En 2015, recibiron o premio Revelación no Festival de Angoulême por Yékini, le roi des arènes. Como guionistas, asinaron de forma conxunta a adaptación á BD de Une histoire populaire de la France e os álbums Washing-Town e WacoHorror: Elizabeth Freeman, l’infiltrée. Ademais de realizaren algúns traballos en solitario, en 2016 publicaron conxuntamente en Francia Geronimo, mémoires d’un résistant apache, e en 2025, Le lion de Guantánamo. Na súa obra Jiujitsufragistas, que estará presente na planta baixa do Kiosco Alfonso contan a historia de Edith Garrud, considerada a primeira formadora en autodefensa feminista; ante a violencia que sufrían as manifestantes sufraxistas no Londres de 1910, adestrou en jiu-jitsu as gardacostas de Emmeline Pankhurst

Jean-Marc Troubet, Troubs (Pessac, Francia, 1969), estudou Belas Artes. Vinculado á BD xornalística ou de realismo social, a partir dos seus cadernos de viaxe. É especialmente salientable a súa colaboración co tamén debuxante Edmond Baudoin (Niza, Francia, 1943) autor que estudou na Escola de Artes Decorativas de Niza. Colaborou en históricas revistas de BD como Pilote, (À Suivre) e L’Écho des Savanes. Gañou o premio Alph-Art do Festival de Angoulême en 1992 e 1997. Ten traballado con guionistas, como a escritora Fred Vargas (Los cuatro ríos, galardoado co premio ao mellor guión en Angoulême, e El vendedor de estropajos).

En Humanos. A Roya é um Rio que protagoniza a mostra da Casa Museo Picasso, centráronse en retratar a situación existente no val do Roya (situado entre Francia e Italia) para os inmigrantes chegados a Europa a través do Mediterráneo.

Paulo Monteiro (Vila Nova de Gaia, Portugal, 1967) é un autor polifacético, que ten feito BD, ilustración, pintura e poesía. O seu libro O amor infinito que te tenho e outras histórias obtivo o premio Melhor Álbum Nacional no Festival Internacional de Banda Desenhada da Amadora. Desde 2005 é director da Bedeteca de Beja e do Festival Internacional de Banda Desenhada de Beja; coordinou as revistas Splaft! e Venham +5. Ten participado enpublicacións antolóxicas de cómic, como Humanus e Virar a Página, e en revistas como Efeméride, Baltic Comics Magazine ou Stripburger.

Danay Díaz López, Danay Dana (A Habana, Cuba, 1983) estudou animación e artes plásticas na Academia Nacional de Belas Artes, na súa cidade natal. Afincada en Zaragoza, como autora de BD, ten colaborado coa revista Thermozero. O seu primeiro libro de BD é La maldición de los Heredia, co que obtivo o Premio ao Mellor Guión e o Premio á Mellor Obra Aragonesa no Salón do Cómic de Zaragoza.

Todos eles estarán na Coruña ao longo da semana central do festival, do 10 ao 16 de agosto, na que os visitantes do Viñetas poderán desfrutar, das exposicións e tamén de propostas variadas nas diferentes seccións do festival, pensadas para todos os públicos e intereses: Viñetas Show, Viñetas Mini, Rúa BD, Viñetas Pro, Viñetas Biblio e Viñetas Inclusivas.