Logo Viñetas desde o Atlántico negro horizontal
Viñetas Pro

Revisión de portafolios por editores

Viñetas desde o Atlántico 2025

Bases da convocatoria

 

1. Obxectivo

Esta convocatoria ten como finalidade facilitar o encontro entre autores/as de banda deseñada e profesionais do sector editorial. A través deste espazo de revisión, os/as autores/as poderán recibir valoracións, consellos e orientacións sobre os seus traballos ou proxectos por parte de editores convidados.

2. Participación

A convocatoria está aberta a autores/as de banda deseñada, tanto noveis como profesionais, sen restrición de idade ou nacionalidade.

3. Inscrición

  • As persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición dispoñible na web oficial do festival.
  • O prazo límite para o envío de propostas remata o 28 de xullo de 2025 ás 23:59.
  • As propostas deberán incluír unha mostra representativa do traballo ou proxecto que se queira presentar.

4. Selección

  • As propostas recibidas serán avaliadas polos/as editores/as participantes, que escollerán aquelas que consideren de interese para manter un encontro individual.
  • A selección corre exclusivamente a cargo dos editores, en función dos seus criterios editoriais.
  • As persoas seleccionadas recibirán unha comunicación por correo electrónico na que se confirmará a súa participación.

5. Desenvolvemento do encontro

  • O encontro terá lugar o venres 15 de agosto de 2025, ás 10:00, no Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36, A Coruña).
  • Cada persoa participante disporá dun tempo determinado para presentar o seu traballo e conversar co editor/a asignado/a.
  • O festival establecerá a distribución horaria e as quendas de revisión para garantir o bo funcionamento da actividade.

6. Presentación do material no encontro

  • O material poderá presentarse en formato físico (impreso) ou dixital, a través de dispositivos como tabletas, portátiles etc.
  • Recoméndase que os traballos estean organizados e preparados para facilitar unha revisión áxil e efectiva.
Cubre os seguintes datos para formalizar a túa inscrición

Logo Viñetas desde o Atlántico blanco horizontal
Concello da CoruñaXunta de GaliciaMarca Estrella Galicia 0,0
© 2025 Viñetas desde o Atlántico.